Que si, que é unha marabilla que se anime a corredoira! Seguindo unha norma clásica (que me acabo de inventar), non hai mellor xeito de presentar un blog á concorrencia que deixando un bo comentario noutro blog. E iso foi o que fixo en Capítulo 0 Rodrigo Varela, un activo profesional da Internet galega que acaba de lanzar Por mis fogones, se non me trabuco o primeiro videoblog galego sobre receitas, escrito directamente desde Corcubión, na Costa da Morte. A historia deste videoblog, escrito de acabalo entre o español e o galego reintegracionista, é curiosa: Rodrigo pasou uns anos traballando en Londres, e viviu a soedade do foráneo:
Como eso de cocinar para uno mismo es muy triste decidí grabarme mientras hacía algunos platos especiales, sacados de los libros de recetas del St. John, un restaurante al que le tengo un apego muy especial. A veces me comía solo lo que cocinaba y otras me iba a casa de Jesús con las cazuelas o tarteras todavía calientes, con aquel olor que humanizaba el autobús rojo de dos pisos, mientras iba acumulando minutos de vídeo sin saber muy bien qué hacer con ellos.
Y ahí quedó el material, guardado en mi portátil lleno de grasa, hasta que decidí desempolvarlo y comenzar con este experimento. Veremos en qué queda.
Pois o resultado está en Por mis fogones. Aquí vos deixo o vídeo inaugural (que contén fragmentos das primeiras gravacións londinenses e unha presentación -aínda algo tímida). Pola miña parte, moita sorte a Rodrigo coa aventura videogastronómica!

Isto é o que se chama a pura web 2.o
Ánimos a Por mis fogones.
unha aperta aos “fogones” de Rodrigo, unha persoa moi agradabel e cordial (das que escasean) un dos meus primeiros contactos no flickr
Chegava ontem malhado após botar o dia Galiza arriba, Galiza abaixo, e atopo-me com isto. Obrigadinho! foi a força que precisava para sacar um rato e montar um vídeo.
Nota: gosto do de tímido, muito melhor que “soso”. Prometo aprender a vocalizar algum dia.
Beley, Suso, obrigado a vos também. Já sabeis que para qualquer sugestão, ai estou para escutar.
Enhoraboa!, e un pracer ter en Corcubión, tanta xente nun pobo tan pequeno adicada a dar a coñecer a través de internet todo tipo de información.