Un claustro espido no Bon Xesús de Trandeiras

trandeiras_1.jpg

trandeiras_2.jpg
Fotos: Sole

Suaves outeiros rodean á chaira na que antes estaba a lagoa de Antela, na Limia. No outeiros do Leste, hai unha sucesión de capas históricas, moitas delas sen catalogar, esquencidas no alto dos montes. É parar, e no alto de cada lomba ves trazas de antigas murallas e asentamentos. Pero tamén hai un mosteiro, o Bon Xesús de Trandeiras, no concello de Xinzo de Limia. Aquí, os outeiros énchense de carballos, e a agrícola terra da Limia faise bosque. A igrexa do mosteiro de Trandeiras, fundado no XVI, consérvase en bo estado, pero o claustro e o corpo do mosteiro son ruínas que a vexetación converte nun encantador espazo abandonado, sobre o que medra a edra e árbores bravas. Este mosteiro construíuse sobre o lugar no que estaba encantado o exército do Rei Arturo, segundo o seu antigo manuscrito fundacional. Durante a Revolución Francesa, seica, acolleu aos cregos franceses fuxidos do furor vindicativo. Ao sabelo, lembro o pouco que se ten escrito e contado das incríbeis intrahistorias dos mosteiros galegos. Historias que están aí, nos libros de fábrica que se gardan nos arcebispados. Hoxe, está cheo de silencio e paxaros.

Localización no interior do post.



Ver mapa más grande

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *