Os exércitos do Rei Arturo na Lagoa de Antela

antela.jpg
1845 – Representación da lagoa de Antela na Carta xeométrica de Galicia (París, 1845) de Domingo Fontán

“E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”.

Así aparece recollida a fermosa lenda do rei Arturo nun manuscrito do século XVI titulado Origen, fundación y primeros tiempos del Buen Jesús de Trandeiras, un mosteiro que estaba próximo á Lagoa de Antela, na comarca ourensá da Limia. A Antela é un dos grandes contornos do patrimonio natural que practicamente non sobreviviu ata nós. A historia deste espazo, que non só era natural, senón tamén mítico, está agora recollido nunha estensa cronoloxía que publicou e editou o incansábel Xavier F. no primeiro número da revista municipal A Torre do Castro, en Sandiás, e que se pode baixar en PDF. Son palabras para recuperar unha memoria dunha lagoa que xa non está. Parabéns, Xavier!

5 Comentarios

  1. 21 / Setembro/ 2007

    Graciñas, Manuel.

  2. 21 / Setembro/ 2007

    oes, manuelinho… as ligazons non levan a ningures (ou polo menos a min non me levan)

  3. 25 / Setembro/ 2007

    Eu tamén estou tentando ver a revista esa en pdf pero non consigo abrir nin dende o link de Manuel, nin na páxina de http://www.sandias.es que non me deixa clicar na columna da esquerda, onde está a revista.
    Se alguén me pode pasar o link directo ao pdf, agradézoo.

    Saúdos,
    Cástor

  4. 25 / Setembro/ 2007

    Castor, é que a páxina ten un problema con Firefox. Proba con Internet Explorer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *