Outra momia atopada vendo a TV

Vincenzo Ricardo, de 70 anos de idade, de Long Island, foi atopado morto, co seu cadáver en estado de “momificación” en fronte da súa televisión. Aparentemente, morreu hai máis dun ano.

“Deberías ver a súa cara. Aínda tiña pelo na cabeza”, dixo o asistente da morgue Jeff Bachus. A baixa humidade da casa facilitou a preservación do corpo. A policía aínda non puido explicar porque non se cortou a electricidade. Eu teño unha hipótese: pasoulle o mesmo que a Don Emilio. Aínda debía ter diñeiro na conta.

Vicenzo Ricardo súmase así á tendencia crecente da momificarse grazas ás comodidades do mundo moderno. Hai case un ano, a policía atopou a outro televidente morto, Johannas Pope, morto de infarto dous anos atrás e extraordinariamente preservado grazas ao aire acondicionado do salón, que seguiu funcionando eficazmente en todo este tempo.

Vicenzo Ricardo era cego.

Vía Boing Boing

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *