Aproveitándome de:
a) O estilo africano de titulación de proxectos de Berto Yáñez
b) O script modificado de Francisco J. Moya
c) Os meus mil e algo posts!
Lanzo ¡Chimpa!, simplemente unha ligazón aleatoria a algún dos posts do banco de datos de Capítulo 0 e que permite entrar de xeito divertido ao arquivo do blog. Tes a ligazón a ¡Chimpa! ao carón dos comentarios. A min, este método de psicoanálise retrospectiva resúltame bastante divertido, pero claro, son o editor disto…

…gústame! …un bo xeito de perderse na túa bitácora (o cal está moi ben)… e incluso adaptaría o plugín para rechimpar!
Unha boa idea, dorfun! Xa se pode “rechimpar” dende todos os posts!