25 disparos


25 shots

O fotomatón é o mellor invento para dúas cousas, a saber: a) sacar rápido de diante os papeleos do carné de conducir e b) consagrar o momento exaltación da amizade a horas intempestivas. 25 shots glosa a fotomatonia geek propoñendo unha carreira de expresión en 25 segundos. No tempo de abrir o navegador ou entrar no correo, a web faiche unha serie de rápidas instantáneas coa túa webcam nas que debes definirte nun instante e que fican penduradas dun taboleiro xeral.

Atópoa a través do estupendo Pixelmakers, un sitio dedicado a destacar webs innovadoras. E aproveito para parabenizar ao equipo de O Camiño Antigo, que foi seleccionado como Sitio do Día aí.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *