o camiño antigo

ancient way

O Camiño Antigo / The ancient way é, posiblemente, o documental multimedia máis extenso e ambicioso que se teña feito en Galicia. Producido a tres bandas e en tres idiomas –galego, castelán e inglés- pola Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago, a Universidade de Los Andes (Chile) e a Universidade de North Carolina at Chapel Hill (EEUU), o documental ofrece diferentes retratos daquelas facetas de Galicia máis vinculadas ao mundo tradicional, dun país con profundas raiceiras no tempo. Durante os meses do verán de 2005, 35 alumnos, profesores e profesionais do xornalismo –algúns gañadores do premio Pulitzer, por exemplo, infografistas como Alberto Cairo ou Xaquín López (de El Mundo) e prestixiosas fotógrafas como Ami Vitale– traballaron durísimo para sacar adiante o proxecto. O Camiño Antigo está estruturado en grandes historias que mesturan audio, vídeo, fotografía e infografía de coidadísima aparencia. Pódese tocar virtualmente a zanfona, revelar o interior do mosteiro de Samos, coñecer en detalle o proceso da pesca de baixura ou xogar con amigos á chave.

E, non é por nada, este traballo fíxerono os meus alumnos. ;-)

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará