a crónica dunha clonación

Ben, hoxe baixeime a beta de Internet Explorer 7. Había tempo que o IE precisaba dun cambio: en particular, o navegador de Windows non levaba nada ben o XML e os RSS. A miña primeira sensación foi: my goodness, estou en Firefox. Tes unha navegación por pestanas, e cada pestana cárgase presionando Ctrl+T. Ao carón aparece o icono de RSS, e se poden cargar as actualizacións das páxinas directamente dende o navegador. Ou sexa, insisto, Firefox. Cuspidiño. Á marxe diso, o IE7 refina a tipografía das páxinas e mellora algo a lecturabilidade en xeral de todos os recursos do sistema.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *