Capítulo 0

As dúas naturezas do Monte Saint Michel
Fotos: Sole

Conduzo pola badía, desde Cancale, nesta estrada recta rodeada das naves dos mexiloeiros, e case me mato e me saio da estrada por dúas veces. Vexo a silueta de Saint-Michel, no medio desta chaira salgada inmensa, e non podo deixar de mirala. Hai algo neste lugar, non totalmente explicado, que ten un poderoso atractivo e fascinación. Se existiran os arquetipos, este sería un deles: atopo o Monte Saint Michel en novelas, en películas de ciencia-ficción ou fantasía, en álbumes de banda deseñada, en ilustracións. Atópoo en cidades fabulosas, en castelos solitarios sobre os que voan dragóns negros, en historias sobre o final da Humanidade, en colonias siderais, en historias de fadas. Escápanseme os ollos hipnotizados.

Imos máis preto.

Este lugar é tan evocador que tes que parar, e mirar, e mirar e volver mirar de novo. Esa agulla do alto da torre da basílica, emprazada xusto no centro da illa, co guerreiro alado de ouro. Esa masa arquitectónica que se superpón, ateigada, trepando polos penedos. Unha vila apréixase facendo equilibrios á beira da Abadía. Esta xente leva oitocentos anos vendendo souvenirs aos peregrinos. Hai unha xendarmería, unha parroquia, un consultorio médico.

O que non sei é se haberá algún habitante de verdade.

Mar

Nun tempo, as lendas din que isto foi o bosque sagrado de Scissy, e o monte de Saint Michel era coñecido coma o Monte Tumba. Os galos soterrábanse ao carón desa tumba que estaba no centro. O chan da badía foise tragando cos séculos o bosque, e unha marea viva no 709 afundiuno baixo as augas. Nese tempo, un bispo cristián tivo a feliz idea de apresurarse a sustituir antigos e perniciosos cultos por unha figura con poder abondo, un guerreiro, o Arcanxo San Miguel. Se algún día asomara unha ponla da vella carballeira de Scissy entre eses meandros, San Miguel voaría ata alí e talaríaa sen piedade antes que fora a máis. Non vaia ser.

Na súa superficie areosa, cando baixa a marea, se poden distinguir países, ríos, estradas, como dragóns chineses. Son sutís, un auténtico test de Koch xeográfico, que cada quen interpreta como lle peta. Algúns peregrinos atrévense a cruzar polo camiño tradicional, no medio das areas movedizas, cuestión certamente perigosa de non ir con guía. No cambio de marea, ese mundo zen esvaécese en cuestión de minutos -castelo de area- e o marchar terroso e escuro da auga borra todas as trazas dos últimos ríos que se formaron na baixamar. Se a maré é pola noite, unha ardora lene delinea a escuma das mínimas ondas que van colonizando areas e prados onde pastan as ovellas e os años que logo darán a deliciosa carne pre-salé. Por momentos, a ardora enfurece, e o mar devora terra, e as augas e os pés perezosos fuxen correndo. Alguén mediu a velocidade no XVIII, gallopando con cabalos de El-Rei canda esta marea que sube coma un raio. Case non o conta.

A máxima dimensión do turismo de masas

Turistas fan cola para entrar na Illa (poderían ir polo aparcamento e aforrar a cola, pero non se atreven)

Se nunca padeciches agorafobia, este lugar é a túa proba de lume para saber se tes probabilidades de entrar na estatística de afectados. Aínda que aturo ben situacións de opresión e masas humanas, Saint Michel desafíoume ao máximo. Non é só un dos principais destinos turísticos de Francia, senón que non existe ningún tipo de necesaria restrición de acceso. Pero non hai mal que por ben non veña. A túa visión do home, como marabilloso paso da evolución, derrúbase. Os homes, vistos en masa, somos suxeitos tan predecíbeis como as formigas.

Dáme a risa e vergoña propia cando, ao meterme nun solitario recanto que penso lonxe do percorrido da masa humana, vírome e aprecio un fermoso ángulo pétreo do mosteiro. Levo as mans ás cadeiras e reparo no chan. A herba, nun círculo de metro e medio ao meu redor, está pisada, esmagada. Aínda que agora non están, centos de persoas, das miles que pasan por aquí, apreciaron o mesmo detalle exactamente no mesmo lugar, fuxindo exactamente igual ca min da masa humana. Non hai nada que sintas en Saint Michel que non sintan tamén outras mil, dúas ou tres mil persoas ese mesmo día. Non hai centímetro no que pares no que outros centos non paren. Non hai foto que fagas que non teñan feito ducias. Non es tan profundo nin es tan lixeiro. Es un puro animal predecíbel. Aquí sábelo.

A Grand Rue -o nome debeullo poñer alguén con moita retranca, porque é máis estreita que a rúa do Franco- métese polo monte entre as casiñas da vila para subir á Abadía. A partir das 11:30 da mañá ficas literalmente atascado durante moito tempo. Se queres evitar o agobio, nada máis entrar na illa súbete á muralla e continúa por ela ata a entrada da abadía.

Teño que dicir unha cousa. Se te pos, serás capaz de facer desaparecer á xente e quedar ti só neste lugar.

A Marabilla

Le Merveille foi o nome que se lle deu, nada máis rematarse, a este prodixio da arquitectura medieval. Unha abadía que medraba en riquezas, poder e monxes nun promontorio estreito e cunha capeliña. Os arquitectos medievais proxectaron unha das obras de enxeñaría máis portentosas que teño visto. Criptas, capelas, salóns salvan o desnivel e estruturan o edificio. No nivel máis alto, ao carón da Basílica, o claustro -onde aínda se pasea a comunidade monástica cando expulsan aos turistas ás 19 h.-, a Merveille convértese nun buque aéreo no mellor estilo steampunk. Sostendo este xardín claustral do Paraíso, nos pisos de embaixo, columnas, bóvedas, criptas, pozos de polea para subir o material. Son subterráneos a moitos metros por riba do nivel do mar. É a Marabilla.

Coda: as dúas Naturezas

O Monte Saint Michel é un pouco esta foto. Aire-céo/terra-escuridade: dualidades que presiden sempre as lendas de San Miguel e un pouco todas as historias que no mundo son e foron.

Cando sube a auga, e a masa da Illa se reflicte nela, este lugar fica suspendido no aire e trabado, ao mesmo tempo, no granito dos penedos que non foron extirpados. As luces entran na Abadía como unha procesión, en fila estreita, sinalando o que queren sinalar. A terra, pola contra, outórgalle a este mundo un ciclo vital organizado polas mareas. A nosa marea chegaba ás 8 da tarde, cando a auga volve cubrir Saint Michel, os aparcadoiros de coches, e só unha lene liña de terra vincula a este lugar do Entremundo coa terra. A esa hora, ás 20 h., nace o outro Saint Michel, cheo de luces. Cada unha é celebrada polas masas humanas que (tamén á noite) veñen a ver esta marea que sube a gallope de cabalo.

E volvemos ficar mirando, e mirando, e mirando.

Distinguidos Gallaecia 2008: ¿Hai un canon dos viños galegos?
A Asociación de Sumilleres Gallaecia leva dez anos entregando os galardóns Distinguidos Gallaecia 2008. Está ben que sumilleres que se baten, en proximidade, coas botellas e as caixas, cos elaboradores, as colleitas, o clima e os encontros, que peinan continuamente marcas novas do ámbito galego, fagan un baremo anual. Parker, Peñín, as Guías de El País, do ABC, de Campsa, etc…abren portas ao exterior, pero son variábeis e volúbeis coma o vento, e dependen de moitos factores que, ás veces, teñen máis que ver coa distribución e a loxística que coa calidade intrínseca do viño. Pero as valoracións dos sumilleres dos restaurantes e tendas galegas permiten ver unha secuencia prolongada nunha década: adegas e marcas que aparecen e permanecen, algunhas son flor dun día e outras botan raíces. A min paréceme unha lista moi fiable.

Os Distinguidos Gallaecia 2008 fálannos, se os miramos en perspectiva, da existencia dun canon, dun dream team de adegas e marcas que aparecen ano tras ano neste listado: Ladairo, Algueira, Coto de Gomariz, Pazo de Señoráns, Martín Códax, os viños de gama alta da Cooperativa do Ribeiro, Godeval ou, nos últimos anos, Viña Nora ou Galgueira. Son de todas as denominacións e responde a unha realidade: o traballo paciente e constante dalgúns adegueiros, que conseguen viños de gran calidade e con regularidade, colleita tras colleita, a base de moito esforzo. A segunda tendencia que se observa este ano é que sinalou Xurxo Rivas, que é o presidente de Gallaecia, tamén vimos contándoa hai tempo en Capítulo 0: a puxanza dos tintos galegos, cada vez de máis calidade: prepárense porque van dar que falar aquí e no exterior moito nos vindeiros anos.

Aquí vai a lista de Distinguidos (eu xa irei mercar algún que non coñezo):

D.O. Monterrei

Blancos

Ladairo Barrica´07

Pazo de Mariñan´07

Tintos

Castro de Lobarzán´07

Ladairo Barrica´06

D.O. Rías Baixas

Blancos

Agnus Dei´07

Dávila L 100 ´06

Ex-Libris´07

La Val sobre Lías´03

Martín Codax´07

Nora da Neve Barrica´06

Organistrum´06

Pazo de Señoráns´07

Quinta de Couselo´07

Valdamor Selección´05

Valmiñor´07

D.O. Ribeira Sacra

Blancos

As Glorias´07

Casa Moreiras´07

Tintos

Alcouce Barrica´06

Algueira Barrica´06

Estrela´07

Peza do Rei Barrica´06                                                                                  			 Viña Cichón´07

D.O. Ribeiro

Brancos

Casal de Armán´07

Gomariz Xistos´07

Coto de Gomariz Selección´06

Colección Costeira Treixadura´07

Casal de Paula´07

Clodomiro 1912 ´07

Gran Solbeira´07

Lagar do Meréns Barrica´07

Terra do Castelo Selección´07

Viña Costeira´07

Viña Mein´07

1040 Sameirás´07

Tintos

Elisa Collarte Barrica´07

Finca da Taina´06

Gomariz 30 Aniversario´04

VX Cuvée Caco´06

VX Cuvée Primo´06

Tostado do Ribeiro

Alma de Reboreda´05

D.O. Valdeorras

Blancos

A Coroa´07

Casal Novo´07

Erebo´07

Godeval´07

Godeval Cepas Vellas´07

Gran Ruchel´06

Santorum Barrica´06

Tintos

Galgueira´07

Joaquín Rebolledo´07

Santorum Autor Barrica´06

Viñaredo Barrica´05

Ruchel Barrica

A Habana, antes e agora
Lobby do Hotel Riviera en 1957 e en 2007.

Na Habana non só son típicos os cadillac prerrevolucionarios. Tamén edificios e mesmo interiores públicos seguen exactamente igual que nos 50, cando foron construídos, conformando un patrimonio único no mundo. Esta galería explora algúns dos espazos dentro do web do libro Havana before Castro.

levelHead, un alucinante xogo de realidade aumentada de Julian Oliver
<object width="500" height="377"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=1320756&server=www.vimeo.com&show_title=1&show_byline=0&show_portrait=0&color=01AAEA&fullscreen=1" /><embed src="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=1320756&server=www.vimeo.com&show_title=1&show_byline=0&show_portrait=0&color=01AAEA&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" width="500" height="377"></embed></object>

Julian Oliver é o creador deste impresionante xogo de realidade aumentada, levelHead. En palabras de Oliver, o xogo vai disto:

“Emprega un cubo de plástico sólido como única interface. Na pantalla aparece en cada cara do cubo unha pequena habitación, cada unha delas loxicamente conectada por portas. En cada unha destas portas hai unha personaxe. Ao mover o cubo, o xogador dirixe á súa personaxe de habitación en habitación nun esforzo por atopar a saída. Algunhas portas levan a ningures e enviarán á personaxe de volta á habitación na que comezaron. É un truco para desafiar a memoria espacial do xogador. ¿Que portas pertencen a que habitacións?”

A realidade aumentada, para que descoñeza o termo, significa que sobre o mundo físico superpós unha capa dixital que interactúa con este mundo físico e os seus obxectos. Nestes momentos, está a ser un dos grandes campos de investigación da xente que traballa con realidade virtual, polas súas múltiples aplicacións industriais e de entretemento. LevelHead, de Julian Oliver, é un exemplo de como a realidade aumentada comeza a superar as barreiras dos laboratorios e moita xente comeza a hacker software e dispositivos para facer os seus propios experimentos. Ou sexa, que se pon tan interesante como se ve neste alucinante vídeo.

Grazas, Ser!

Chegan as camisetas termocromáticas
Comezan a popularizarse novos tecidos que nos van dar máis dunha sorpresa. American Apparel está a comercializar unha camiseta termocromática, na que a intensidade da cor varía en función da temperatura das diferentes áreas corporais. O vídeo é unha pasada. (vía)

Dinan e Fougeres, dous altos no camiño de Ille-et-Villaine
As rúas de Dinan. Fotos: Sole

Dúas vistas do castelo de Fougeres.

Ille-et-Villaine (Il-ha-Gwilen) é a provincia bretona situada máis ao leste, no camiño natural a París, e un bo punto para investir unha boa parte dunha viaxe a este país: Saint-Malo, o Mont Saint Michel, múltiples castelos e costas e estas dúas poboacións: Dinan, unha recoleta cidade de lindas casas e Fougeres, unha vila do que o realmente notábel é o enorme castelo medieval, unha enorme e complexa fortificación na parte baixa da cidade que respondía ao estratéxico lugar no que se atopaba esta vila, entre Normandía, a Bretaña e Francia.

Utilísima colección de elementos de deseño web
Chámase Pattern Tap e organiza bos exemplos de elementos habituais no deseño de sitios web por categorías. Moi útil.

O organista de Dinan
<object width="500" height="282"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=1595061&server=www.vimeo.com&show_title=1&show_byline=0&show_portrait=0&color=01AAEA&fullscreen=1" /><embed src="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=1595061&server=www.vimeo.com&show_title=1&show_byline=0&show_portrait=0&color=01AAEA&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" width="500" height="282"></embed></object>

Non ten desperdicio. E, desde logo, non me perdería os últimos trinta segundos.

A cociña corsaria de Olivier Roellinger nas Maisons de Bricourt
Roellinger no Cabo de Hornos

No ano 1976, Olivier Roellinger estaba cursando a carreira universitaria de Químicas. O seu pai era médico na viliña mariñeira de Cancale e, en xeral, o rapaz sentia interese polo mundo das ciencias. Unha noite, nas murallas de Saint Malo, un grupo de matóns déronlle unha malladura tal que o deixaron por morto na praia. O rapaz Roellinger pasou varias semanas en coma, entre a vida e a morte, en coma. Cando espertou, algo nel cambiara para sempre, de xeito inexplicábel. “A convalecencia“, afirmou posteriormente nunha entrevista, “fíxome asquear a ciencia e o razoamento cartesiano e catalizou a parte emocional e de imaxinario que había en min“. Roellinger abreu os libros. Viaxou polas antigas colonias francesas e máis alá. Probou e comeu. Embarcouse no seu barco e pescou. Alí comezou a carreira dun dos cociñeiros máis singulares de Francia.

A sona internacional chegoulle a Roellinger no ano 2006, cando a poderosa Guía Michelín concedeulle ao seu restaurante Les Maisons de Bricourt a terceira estrela Michelin e converteuno no primeiro restaurante bretón en chegar tan alto, poñéndo a este restaurante da viliña costeira de Cancale e ao seu cociñeiro ao nivel de santuarios e santóns da gastronomía francesa como Michel Bras, Paul Bocuse, Pierre Gagnaire, Alain Ducasse ou Michel Gerard. Roellinger non tardou en declarar que, en primeiro lugar, se trataba dun recoñecemento á gastronomía bretona, aos pescadores e ao Atlántico, que eran a súa fonte directa de materia prima, traballo e inspiración. A bretona é unha gastronomía sinxela, de produto, con óptimas materias primas e nas elaboracións sinxelas, mariñeiras e campesiñas; cun certo paternalismo que alababa a súa sinxeleza e primitivismo, esta gastronomía louvábase nos círculos gourmets de Francia, pero sen outorgarlle nunca a consideración de alta cociña, de arte de factura complexa e gran mestría. Por iso esas condenadas tres estrelas eran importantes e chegaron tan tarde. E por isto que vos conto, entenderedes que tiñamos moita curiosidade por coñecer as Maisons de Bricourt e reservar unha mesa alí.

Dúas imaxes para unha cociña

Porto de Cancale. Ao fondo, o Mont Saint Michel. Fotos da crónica: Sole

Especiería das Maisons de Bricourt.

Dúas poderosas ideas visuais definen a gastronomía de Roellinger: a poza e o barco. Refírome a esas pozas que quedan nas rochas mariñas cando a marea retrocede durante unhas horas: unha poza chea da vida mariña que ficou atrapada na baixamar, con algas, crustáceos, pequenos peixes, area que só se comeza a distinguir cando levas un tempo mirando e distingues a rocha dos peixes e camaróns que se mimetizan contra el. O mar de Cancale, as ostras, os mexilóns, as algas, son a horta de Roellinger.

A segunda idea visual é un barco corsario, navegando polo Índico ou o Pacífico. Roellinger reivindica a tradición mercante da cidade-illa de Saint Malo, veciña da vila de Cancale. Durante varios séculos, os mercaderes da comarca manexaron boa parte do comercio das especies e das madeiras caras que as Compañías de Indias francesas cultivaban nas colonias; os malouiens chegaron a desenvolver as súas propias mesturas de especias, ata 14 xuntas, que comercializaban en Francia e que foron alegría de moitos fogóns no XVIII e XIX. Desta cidade de mariños e mariñeiros, o cociñeiro rescatou a memoria da súa fauna máis díscola: a dos corsarios, a vida errática dos filibusteiros que operaban nas Antillas e no Índico e que, senón, á vida, si pertencen á memoria das lecturas de infancia de Roellinger e todos nós. Durante os varios meses que o restaurante fica pechado, o cociñeiro viaxa continentes para investigar e explorar esas outras realidades gastronómicas e metelas na carta das Maisons. Este fermoso vídeo -trailer do último libro do cociñeiro, Trois Etoiles de Mer-, permite ver rapidamente fragmentos do seu universo persoal:

<object type="application/x-shockwave-flash" data="http://www.kewego.fr/p/fr/iLyROoafYXJ7.html" width="450" height="418"><param name="movie" value="http://www.kewego.fr/p/fr/iLyROoafYXJ7.html" /><param name="wmode" value="transparent" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><embed src="http://www.kewego.fr/p/fr/iLyROoafYXJ7.html" width="450" height="418" wmode="transparent" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer" type="application/x-shockwave-flash">

Test Video Roellinger - Relais & Chateaux - kewego</embed></object>

Pois ben, a traxectoria profesional de Roellinger ao longo das 24 tempadas que levan abertas as Maisons de Bricourt xirou ao redor destes dous conceptos da poza e do barco: mar e especies, fusión entre o produto máis puro do mar bretón e as licencias corsarias para emprender viaxes sen destino final polas especies e os froitos de Asia, América, África e Oceanía. Un discurso poderoso, unha idea totalmente fascinante, se cadra un dos universos máis refinados e atractivos creados por un cociñeiro sobre si mesmo e a súa filosofía gastronómica.

Salóns, xardíns e Budas

Dito iso, visitamos as Maisons de Bricourt, unha casa do XVIII fundada por un comerciante de mar. Varios salóns pola planta baixa, decorados en estilo colonial, con madeira pintada de branco e certos toques clásicos dan cara un atractivo e frondoso xardín no que un bo fato de patos nada polo estanque e descansa e ao que te retiras a tomar café cando rematas de xantar. A luz métese nos comedores filtrada entre tanto verde, e o friso dun Buda, apartentemente fóra de contexto, asoma entre a hedra atlántica.

Os comensais teñen a opción de carta ou de menú degustación. Hai dous menús, e desde logo, son os máis solicitados por uns clientes que, na nosa maior parte, vimos aquí de xeito excepcional. O longo, chamado Image du Pays Malouin : Au gré du vent et de la lune, no que Roellinger profundiza na súa exploración gastronómica e o curto, cun acento máis local, Une expression de la Bretagne. A adega, excepcional nos viños franceses, era un compendio de referencias míticas, aínda que vacilantes incursións internacionais. Por exemplo, creo lembrar que, de viños españois, só tiña uns Castillos de Monjardín (???), que non teño nada contra eles, pero…Nós escollimos, un pouco por unha perdición lingüística, a recomendación do sumiller, un Château Bel Air-Marquis d’Aligre Margaux, un Grand Crú exceptionnel de 1986, peza rara onde as haxa e que deu unha impresionante finura, un equilibrio entre madeira, idade e uva, e unhas interesantísimas connotacións de froita a pesar das décadas que levaba durmindo no soño dos xustos.

Escollimos o menú Image e de contado trouxéronnos uns pequenos entrantes con maionesa con laranxa e xenxibre, chips de millo recheos de verduras e anaquiños de peixe con chutney de tomate, e non faltou moito en que nos chegaran unhas lapas sobre sal de Guérande que contiñan o seu interior tanto lapas como outros pequenos coquillage, como caramuxiños ou caracolas.

Aliño filibusteiro

Pouco despois xa apareceu o Aliño filibusteiro para o aguacate e a araña de mar, un pequeno collage de pratiños nos que xunto con este aguacate, un podía apreciar unha rodaxa de peixe cru, ao estilo xaponés, e un dos pratos máis famosos da casa, unha cunquiña que reproducía un fondo mariño, coas súa area, as súas diferentes especies de algas flotando a diferentes alturas…tan efectista como insípido no seu resultado final.

Caldo dos Misterios de Tonkin

Seguimos cun timbal de marisco -se cadra boi e centola-, saboroso como todos os timbais de marisco, e o Caldo dos Misterios de Tonkin, unha sopa de ostra, mexilón e vexetais que é un clásico de Roellinger. Tras da sopa chegamos ao mellor momento do xantar, un impresionante bogavante ao xerez e ao cacao. Xamais pensaría que o cacao lle prestaría tan ben ao bogavante, pero é un deses suculentos pratos para poñer nunhas memorias gastronómicas.

…ao igual que estoutro plato, unha Barbo con cascaras de agrios e talauma que foi todo un exhuberante achado de sabores. Non é só a tradicional receita dos cítricos co peixe branco, senón tamén a especial achega desa especia que descoñecía a un peixe de sabor tan característico coma o barbo.

O seguinte plato foi año con ajowan e chutney de Bahia, perfectamente esquencíbel, que pechaba o capítulo de segundos. Como é tradicional nos restaurantes franceses, antes dos postres é preciso entregarse aos queixos, que chegan en carro. Valentine describíate cada un dos queixos e ti configuras o plato ao teu xeito. Para os queixofanáticos, este é un momento de paraíso terrenal:

…e os postres veñen despois. Frambuesas con azucre de ouro, flores de sabugueiro, xelatina de auga de rosas e albahaca do Siam, así como un melocotón, sorbete « azucre salvaxe, limon verde » e a súa crema de curry corsario que estaba francamente bo.

O mellor dos postres foi o momento máis atrevido do menú de Roellinger, un ron quente con sidra e especias que era todo un transporte de sensacións. O café, servido con petit fours que ti mesmo enchías de especias e de rotundo chocolate, tomábase no xardín, escoitando o ruído da fonte e as pegadas nas pedriñas das veredas.

Unha conclusión de corsario desorientado

Non é doado facer unha valoración da cociña de Roellinger e da experiencia de comer nas Maisons de Bricourt, e Sole e máis eu levámoslle dando voltas todos os días. Iso, sen dúbida, é sinal da complexidade e do alto nivel xeral que se pode apreciar alí. Si, a experiencia, como tal, se resume nunha única palabra: excelencia. Excelencia en todos os ámbitos: o lugar, a decoración, os tempos, o servizo. Para entender o nivel do servizo de sala, vouvos poñer un exemplo alucinante. Nós estabamos comendo dous. Cando un de nós se levantaba para ir ao servizo e o outro quedaba só, inmediatamente aparecía un camareiro, finxindo que recollía algo ou que colocaba algo, para darte conversa na mesa. Agora ben, a nivel gastronómico? Non é doado, desde logo.

Os platos servíanse con puntos de cocción perfectos, con presentacións impecábeis; en apariencia, as composicións eran harmónicas e, sen embargo….sen embargo…

Un tiña a sensación dunha certa insipidez xeral. Está claro que non se pode ir a Roellinger esperando entrar nun restaurante hindú; mentres na gastronomía india as especias son básicas na confección dos pratos, nós provimos dunha cultura na que estas son luxosos complementos que se empregan de xeito ponderado, e debemos entender ademáis, que non é o mesmo o uso mediterráneo das especies -ao que estamos máis acostumados-, que un uso atlántico…malia que as receitas de Roellinger son complexas, e supoñen todo un uso inxente de especies, os resultados son moi limitados…

A toda esa comida de mar faltáballe certa emoción, a capacidade de desafiar que se lle supón a alguén que define a súa cociña como corsaria. É coma se os pratos entrasen dentro dunha corrección, dentro duns cánones inexistentes do que debe ser un xantar nun tres estrelas francés, como se houbese un límite que marcase ata onde se podía chegar, pero lles faltase imaxinación, lixeireza ou bravura para dar un paso máis adiante…Non sei. Supoño, por exemplo, que a un parisino ese uso puro do peixe e o marisco, fresquísimos, lle debe alucinar bastante, pero se cadra para un galego ese sexa o punto de partida para algo máis.

Aprendimos moito nas Maisons de Bricourt. O primeiro, para min, é que hai cousas moito máis alá da excelencia formal na gastronomía: está a emoción, o desafío, a fascinación, as sensacións profundas e non só superficiais, e todo iso é o máis difícil de conseguir. Aprendín tamén a saber como se constrúe e escenifica un fermoso discurso gastronómico, atractivo e evocador, e como as belas palabras, ás veces, non se traducen claramente nos resultados prácticos. Aprendimos a saer por que a cociña española está a despegar a nivel internacional, e por que Arzak é tan grande, ofrecendo un menú moito máis completo, complexo e emocionante a menos prezo que Roellinger.

E tamén nos levamos connosco un secreto, descuberto nas mesas dese perfecto lugar. No noso país, en Galicia, catro ou cinco cociñeiros de enorme talento, fan a diario marabillas equivalentes a Roellinger, en moitos menos metros cadrados, con equipos de persoal mínimos, orzamentos pelados e a un prezo moi inferior para o cliente final.

Las Maisons de Bricourt é un gran restaurante e Olivier Roellinger é un excelente chef, pero a visita fíxonos pensar nunha dirección que non agardabamos.

O menú Image du pays Malouien de Roellinger está en 172 euros máis IVE.

Infográfico sobre as máis grandes viaxes da Historia
Este infográfico, producido pola revista GOOD, é unha chulada. Recolle as trazas e características de algunhas das máis grandes viaxes da Historia.

¡Cousas do directo!
Impresionante momentazo hoxe na emisión semanal do Come e Fala, -o programa gastronómico da Radio Galega que se emite os sábados, entre as 13 e 14 h.-. Estabamos en vivo e en directo, na vila de Bandeira (Silleda), onde se celebra a Festa da Empanada, cando de súpeto escoitamos á banda de Ponte Ledesma cada vez máis forte…e aparécennos diante do estudo de campaña os veciños coa Virxe en procesión, a orquestra e media vila! Mentres, nós, con total dignidade, continuamos coa tertulia montada coas amas de casa de Bandeira sobre a arte das empanadas…Cousas do directo. Na gravación débese escoitar o momento (contra o minuto 35”).

Camiños sen camiñantes
Xerardo Estévez escribe Diario de Terra Cha en El País:

Los gallegos amamos nuestra tierra idílicamente, pero la conocemos poco en su conjunto. La tradición caminera europea va perdiendo fuerza según entra en la península; es intensa en el País Vasco y Cataluña, llega hasta Asturias y casi se desvanece entre nosotros. Las rutas se anuncian e incluso se cartografían, pero sobre el terreno no suelen estar señalizadas y, a veces, ni siquiera existen. En otras ocasiones el esfuerzo inversor llega al exceso: no es necesario enlosar los caminos, basta con mantenerlos reconocibles y transitables. Dicho esto, habría que preguntar para quién, pues es cierto que en estas etapas casi no hemos encontrado presencia humana, salvo los lugareños. En el aparcamiento de la laguna de Cospeito hay coches, pero nadie se aventura más allá del observatorio. Ni un caminante en el tramo de la ruta jacobea norte entre Vilalba y Ponte de Saa, ni en la subida al Monseiván, en cuya cumbre rugen las aspas de los aerogeneradores solitarios

Vivindo a vida doutros en Combourg
O camiño a Combourg. Foto: Alibaba

Recibimos o último sol da tarde en Combourg, no borde do lago, e un gatiño coxo e pedrés vén cara nós, probando sorte. Algúns patos voan e brillan ao serán. Eu miro a torre da homenaxe do castelo, propiedade privada xa pechada a estas horas, e sei que son o único que fago tal cousa nesta silenciosa vila. Busco alí unha fiestra que sei que ten que estar porque o lin. E vexo nesa fiestra a un adolescente que xa non está, un tipo calado e tímido que só se sinte en confianza cando está a soas coa súa irmá Lucille. O adolescente non está realmente alí, por suposto. Ante a visión imaxinada, a memoria tráeme a Don Ramón Otero Pedrayo. O ourensán nunca estivo fisicamente neste lugar nin viu esta torre, pero sentiu a mesma fascinación por ese adolescente e, se cadra, a mesma curiosidade por Lucille. Son os irmáns Chateaubriand, e un deles gañará no futuro a inmortalidade das artes. “Foi en Combourg“, dirá René de Chateaubriand, “onde me convertin no que logo fun“.

Adoito levar comigo nas viaxes libros dos escritores do país que visito. Non é só unha teima: gústame o pracer de confrontar en tempo real o lido, o imaxinado e o visto. Calzas estas gafas literarias e as rúas cobran un novo sentido: o outorgado nunha ficción, nunha biografía, ou noutros libros de viaxes. Vivo a miña viaxe, e vivo a doutro. Acompáñame desta volta as Memorias de Ultratumba, de René de Chateaubriand, se cadra o máis afamado escritor bretón, un dos pais do Romantismo europeo. Sempre pensei que o sonoro título da súa autobiografía tiña que ver, truculenta e fantasticamente, con ese mesmo romantismo, pero non é así. O escritor quería que non se publicara ata despois da súa morte, e ao lelo un sabe por que. Chateaubriand vai dando repasiños máis ou menos contundentes ás persoas -políticos, supostas amantes, artistas- que conviviron con el na súa dilatada vida.

René de Chateaubriand

Chateaubriand era un monárquico reaccionario nunha Francia revolucionaria. As 2.100 páxinas destas Memorias responden á idea de Chateaubriand de relatar o espírito da súa vibrante época a través da súa propia vida, e el tivo carreira para iso: cortesano do Antigo Réxime, exiliado por dúas veces, escritor de sona, embaixador con Napoleón e os Borbóns, senador e incansábel viaxeiro… O certo é que, si, o espírito do século se percibe neste Chateaubriand que esvara continuamente cara o autoeloxio pero que nos deixou, neste libraco, sagaces e coloristas retratos de Luís XVI, Napoleón ou Talleyrand, e as súas crónicas en primeira persoa de moitos acontecementos decisivos do século. É divertido ver tamén a súa postura política: defensor da restauración monárquica, pero tamén da liberdade de prensa, da democracia, ou a súa sagacidade precoz: avogaba pola supresión de consulados e embaixadas “porque no noso tempo as comunicacións son moi rápidas e os gobernos poden falar directamente entre si“. Un tipo difícil de encaixar, mesmo para aqueles que gostan do encaixe e a simplificación.

Son nos parágrafos adicados a este castelo de Combourg no que estamos nos que recoñezo máis a ese Chateaubriand que Otero Pedrayo devocionaba: “Nós amamos a Chateaubriand. Foi o primeiro autor lido por nós de nenos e mozos nas solainas orceladas de Trasalba“. Esa devoción foi tan manifesta que Otero morreu cun tomo destas Memorias de Ultratumba na man, nun destes poderosos simbolismos que sempre pareceron acompañar a vida de Pedrayo. Trasalba e Combourg comparten trazos na cosmovisión, aínda que a casa de Don Ramón sexa un modesto alpendre en comparación con este castelo. Chateaubriand buscaba unha monarquía cun cristianismo renacido, un sistema democrático, tinguindo todo dunha ética da melancolía pasada; Pedrayo buscaba unha república agraria e retrataba esa caste fidalga que, a diferencia da francesa, simplemente se extinguía de vello e que representaba a memoria escrita.

Combourg mantén a rudeza medieval, e só o seu espléndido parque e o lago dan idea de que as súas funcións se dulcificaron ao longo dos séculos. Aquí Chateaubriand viviu o que se podería entender como educación sentimental dun adolescente, entre os 16 e os 17 anos: no seu caso, esa educación sentimental foron os solitarios paseos por enormes bosques “que quen se achegue por alí xa non verá” -afirma Chateaubriand-, e sen un amigo co que compartir o mundo que se descubre. Esta vida solitaria estaba marcada polo estraño ambiente familiar e a presenza soturna do pai, como se observa nesta escena de inverno no castelo, na noitiña e trala invernía:

Les soirées d’automne et d’hiver étaient d’une autre nature. Le souper fini et les quatre convives revenus de la table à la cheminée, ma mère se jetait, en soupirant, sur un vieux lit de jour de siamoise flambée ; on mettait devant elle un guéridon avec une bougie. Je m’asseyais auprès du feu avec Lucile ; les domestiques enlevaient le couvert et se retiraient. Mon père commençait alors une prome-nade, qui ne cessait qu’à l’heure de son coucher. (…) Lorsqu’en se prome-nant, il s’éloignait du foyer, la vaste salle était si peu éclairée par une seule bougie qu’on ne le voyait plus ; on l’entendait seulement encore marcher dans les ténèbres : puis il revenait lentement vers la lumière et émergeait peu à peu de l’obscurité, comme un spectre, avec sa robe blanche, son bonnet blanc, sa figure longue et pâle. Lucile et moi, nous échangions quelques mots à voix basse, quand il était à l’autre bout de la salle ; nous nous taisions quand il se rapprochait de nous. Il nous disait, en passant : “De quoi parliez-vous ? ” Saisis de terreur, nous ne répondions rien ; il continuait sa marche. Le reste de la soirée, l’oreille n’était plus frappée que du bruit mesuré de ses pas, des soupirs de ma mère et du murmure du vent.

O propio castelo ten un estilo algo tenebroso: non só Chateaubriand falaba dos innumerábeis ruídos que escoitaba desde a súa habitación confinada no alto da torre de homenaxe. Nunhas obras de reparación, os obreiros atoparon un gato que fora tapiado vivo na Idade Media e que agora se exhibe con certos reparos na mansión. Otero Pedrayo nunca viu estas torres redondas, de pedra escura, en vivo; nunca viu este lago artificial, enorme, agora municipal. Pero leu con devoción esta vida, á que eu agora lle poño cores, distancias, árbores e camiños, no serán de Combourg, e a memoria fai carambolas estrañas. A miña soirée préstase, neste Combourg da tardiña de agosto, a máis pracenteiros momentos que a de René; estamos a pouca distancia dos mesmos recordos, e só nos separan douscentos e pico de anos.

Un bosque defende Saint Malo
Fotos: Sole

O primeiro inimigo desta fortificada cidade do Leste da Bretaña é o mar, e logo o resto dos exércitos de Europa, que aquí viñeron probar pólvora. Os temporais e galernas, que baten con forza nesta área, embisten de xeito espectacular contra as murallas de Saint Malo. O bosque de piñeiros, disposto ao redor, remata por ser un estraño grupo de soldados dispostos a frear o impacto das ondas. O mar, cando falamos de murallas, é a peor das escuadras.

Esta cidade son, sobre todo, praias enormes, un ronsel de illotes fortificados, e area sobre a que corre con rapidez a sombra pesada das altas murallas de Vauban. Saint Malo inventou a súa identidade turística ao redor do mar, do comercio e, sobre todo, dos corsarios, que entreteñen ás masas turísticas grazas a Hollywood. Estes respectábeis corsarios de Saint Malo roubaban cargamentos polo océano e despois construían galantes mansións na campiña, disque.

As rúas regulares de Saint-Malo

Na II Guerra Mundial, aquí non quedou pedra sobre pedra. A publicidade oficial afirma que a cidade foi meticulosamente restaurada para devolvela ao seu estado orixinal, pero non foi tan así. Rúas estreitas e enormes edificios de trazado totalmente regular e gris que dan a impresión de visitarmos unha colonia de burócratas rusos dos 50. O mellor de Saint-Malo está nas murallas e en observar este curioso comportamento dos malouiens, dos lugareños: cans, bebés, vellos paseando con bastón pola praia, parellas. Como a illa non se pode permitir unha alameda xeitosa, a xente gusta de perder as horas enredando, verán e inverno, nestas enormes praias á maré baixa.

Actitude fronte ao mar
Manuel Rivas, no prólogo de A conta atrás, a recén publicada novela gráfica de Carlos Portela e Sergi San Julián:

Nós podemos escribir de moitos xeitos sobre o mar, mais acabouse o tempo das “estampas típicas” e dos “marcos incomparábeis” e das “boas vistas”. Se a beleza vai unida á verdade, como expresou a rebelión romántica, non podemos contemplar hoxe o mar, e a natureza toda, á marxe das dramáticas preguntas que a paisaxe emita e que nos golpean.