
Xosé Manuel Olveira, en Alzheimer. Fonte: culturagalega.org/AVG
Publiquei esta anécdota real, calándome o protagonista, no 2009. Agora xa podo dicir quen foi o autor da frase e o premonitoria que remataría por ser. Vaia como sentida homenaxe a esa gran figura do noso teatro e audiovisual que foi Xosé Manuel Oliveira, “Pico”, un gran home.
Hai pouco, convidaron a Xosé Manuel Olveira, “Pico”, que estaba de xira teatral por Madrid, a cear en Casa Lucio: xa sabes, o famoso restaurante no que a nobleza, a monarquía e a xente de diñeiro de Madrid danse homenaxes de callos e ovos rotos. O actor entrou na sala, puxo a man no chaleque e repasou o salón ateigado de mesas e comensais, con ese sotaque retranqueiro tan característico del. Totalmente serio aseguroulle aos compañeiros desde o alto da sala:
-¡Vaia redada que se podía facer aquí!

Be First to Comment