Contáronmo hoxe e non me podo resistir a publicalo no Capítulo 0.
Hai pouco, convidaron a un coñecido actor galego de xira por Madrid a cear en Casa Lucio: xa sabes, o famoso restaurante no que a nobleza, a monarquía e a xente de diñeiro da capital do Estado danse homenaxes de callos e ovos rotos. O actor entrou na sala, puxo a man no chaleque e repasou o salón ateigado de mesas e comensais. Totalmente serio aseguroulle aos compañeiros:
-¡Vaia redada se podía facer aquí!

Be First to Comment