Como facer un gran gintonic [vídeo]

Last updated on 16 / Decembro/ 2010

Durante a xornada de gastronomía chairega que organizou o outro día Miguel Vila, rematamos cunha sesión de luxo. En bus marchamos de Vilalba para tomar a copa ao Asador Coto Real, en Rábade, cabo da autoestrada. Xa teño falado del: un gran sitio de carnes.

Pero ben, non era copa. Eran copas! Alejandro Gómez, barman do Hotel, nos tiña preparadas case 50 xenebras premium diferentes! A vista de todas xuntas era impresionante. Alejandro, que é campión de Galicia de gintonic e subcampeón de España, fíxonos unha dilatada e didáctica sesión de máis de dúas horas para apreciar a versatilidade deste combinado, mesturando destilados con diferentes tónicas e botánica que permitían apreciar unhas auténticas copazas. Un curso intensivo que foi un auténtico luxo. Por certo, en febreiro abre local de cócteles e copas en Lugo. Chamarase Royal Boundary.

Desas dúas horas e media rescatei cinco minutos de interese xeral para estes días de Nadal. Aquí Alejandro Gómez vainos dar uns cantos trucos básicos para facer un gran GinTonic e desterrar algúns mitos copísticos que existen por aí. O vídeo paga moito a pena.

14 Comments

  1. estrelaselimons
    14 / Decembro/ 2010

    hahaha espectacular. Pero qué ben o pasades!!!

    Eu namorei desta bebida currando con eles e coa tónica. Creo que un dos seus grandes acertos é que son os que están creando e dignificando o concepto de Barman / Bartender. Tanto Tanqueray (que centra case todas as súas accións neles, con competicións, masters class, etc) como a propia Hendricks coidan moito a esta figura…

  2. Alfredo
    14 / Decembro/ 2010

    Ola Manuel, se me permites creo que compre facerlle xustiza ao mestre do gin tonic xa que se non me falla a memoria apelídase Gómez, non González.

    Unha aperta!

  3. 14 / Decembro/ 2010

    Permitido, por suposto! No vídeo está ben pero aí debeuse traspapelar. Xa está corrixido.

  4. erre
    14 / Decembro/ 2010

    Espero que os doce chintonis fosen “mini”…

    Unha pregunta: ¿como se chama esa tónica de botella verde, por favor?

  5. erre
    14 / Decembro/ 2010

    Aínda que bueno, se os xeos estaban ben escollidos, non hai resaca ;-)

  6. 14 / Decembro/ 2010

    É a tónica Fentimans.

    Eu co dos xeos fiquei moi tranquilo. A partir de agora, xeos de Cabreiroá e mañás felices! :-)

  7. Escalo
    14 / Decembro/ 2010

    Unha boa casa para tomar gintonics ao lado de Compostela é o CAFE A SENRA en Pontevea (Teo) cunha colección de máis de 100 xenebras a uns prezos asequibles. Coidada elaboración e bo servizo. Merece a pena visitalo.

  8. 14 / Decembro/ 2010

    Faláronme moi ben dese lugar, Escalo. Teño que ir probalo un día.

  9. Sara
    14 / Decembro/ 2010

    Qué me gusta a mi una exhibición de estas de la mano de un gran profesional! He visto muchos videos pero nunca he llegado a asistir a una en directo, realmente tiene que ser muy interesante!
    Desconozco a este señor, pero ya me apunto el nombre de su local para cuando visite Lugo! Me encanta que sea de esos buenos profesionales que saben apreciar y calibrar la calidad de los distintos ingredientes a su alcance y no se deje llevar por modas de marketing: Ahí tiene la impertérrita schweppes, mi preferida y tan señora como las otras combinándola con excelentes ginebras, sí señor!

  10. erre
    14 / Decembro/ 2010

    Fentimáns. Se lle pos til, o nome parece galego. Sara, a Boylan a min paréceme espectacular; así para días de antollo.

    Sobre lugares: en Betanzos o Europa, na Rúa do Rollo, ten boa fama de gintonicódromo.

  11. 15 / Decembro/ 2010

    Gran sitio! Xesús Fraga tenme falado moito e moi ben del. Un día haberá que facer turismo betanceiro tamén.

  12. 16 / Decembro/ 2010

    Noraboa polo vídeo. Un traballo fantástico.

  13. erre
    19 / Decembro/ 2010

    Si, a min tamén mo recomendou Xesús Fraga. Avise cando veña pola contorna!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará