Roteiro na procura da Fortaleza do Galiñeiro

Hai quen di que o concepto da web 2.0 está pasado de moda, ou reseso, e tal e tal…basicamente dáme igual, dáme igual mentres non se pase de moda a filosofía da web 2.0, a cooperación distribuída entre usuarios ao redor dun tema. Por iso encantoume o traballo que está a facer Edoarado, a quen non coñezo persoalmente. Edoarado versionou en formato “roteiro de sendeirismo” algúns dos posts da República dos Homes Libres. Hai catro días publicou en Wikiloc, un repositorio en liña de sendeirismo, o itinerario Buscando la Fortaleza del Galiñeiro, no que propón un percorrido baseado no relato que fixemos o outro día e no documento de Pablo Álvarez -a quen tampouco coñezo persoalmente- sobre o mesmo tema. E tamén ten outros sobre outros castelos dos que falamos nas Repúblicas de Homes Libres: o Coto dos Infernos e mesmo o Castelo de Vitres. O dito, viva a web 2.0, a 3.0 e a N.0 se fai falta!

4 Comentarios

  1. Pancho - Lapatianco
    28 / Setembro/ 2010

    Algúns “norteños” temos a grandísima sorte de ter entrañables amigos por Vincios-Gondomar, habitantes de vellas casas con “horreos-con petroglifo incorporado”.

    Nunha desas visitas xa caeron os petroglifos da Auga da Laxe e parte do Galiñeiro. Nunha próxima non faltará o gabear por eses montes buscando o misterioso castelo.

    E ¡¡ollo Magago!!, que como o Iker te pille a idea destes castelos “misteriosos” temos programas-bodrio, cheos de pantamas, para varias décadas.

  2. edoarado
    29 / Setembro/ 2010

    ¡Que gran honor ser mencionado en tu blog!

    Como bien queda claro soy fiel seguidor de Capítulo 0.

    El senderismo es algo que me viene de familia y el interés por el patrimonio va de la mano.
    Desde mi última visita al Aloya y una charla con el guarda que allí hay tenía pendiente cumplir con mi madre y su interés por encontrar el “castillo del Galiñeiro”, del que supimos por el panel informativo del pico O Castelo (la conocida como roca de Beethoven). Después de tu artículo y el de Pablo Álvarez no pudimos dejar pasar una reunión familiar para comer y nos fuimos hasta el monte a bajar la zampa.

    Wikiloc me parece una herramienta maravillosa para conocer sitios. Se integra mucho mejor con Google Earth que los mapas personalizados que permite confeccionar Google Maps y la comunidad que forma está orientada a las actividades al aire libre. Me sorprende que no seas tu mismo quien la aproveche para compartir estos lugares que nos descubres. Mientras sea así prometo seguirte los pasos de vez en cuando.

    Disculpa si hablo en castellano, pues aunque gallego de familia fui criado con la idea de “no te hablaremos gallego mientras estudias en el colegio porque no hablamos gallego normativo y no queremos hacerte un lío”. En conclusión, me he criado en castellano.

    Saludos

  3. 29 / Setembro/ 2010

    Grazas por escribir, Edoarado.

    Sobre Wikiloc, é unha ferramenta que me encanta, pero non me vale para a maior parte das localizacións xeográficas que fago en Capítulo Cero. Ten en conta que eu sinalizo puntos concretos (restaurantes, igrexas, castelos, eu que sei), e só algunhas veces roteiros. Prefiro ter todo unificado nunha aplicación, aínda que sexa tan incómoda como Google Maps, porque dela se poden exportar os datos con facilidade, e así cada quen os emprega como lle sexan máis cómodos.

  4. edoarado
    30 / Setembro/ 2010

    Es lo bueno de tener opciones … :D

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *