Pase de autoridades na Pobra do Caramiñal

Last updated on 24 / Setembro/ 2010

Presten moita atención a isto. Ano 2010. Pobra do Caramiñal. Son os momentos previos ao inicio da procesión do Nazareno, esa da que publicamos fotos tan chulas o outro día. A festa principal da vila. As autoridades, dirixidas por Isaac Maceiras, alcalde da Pobra (PP), diríxense ao encontro da procesión na igrexa do Santiago do Deán, xa que durante toda a procesión acompañarán a figura do Nazareno detrás. Para chegar á igrexa, os políticos realizan un desfile propio e previo polas rúas da vila, si, un desfile. Están alcaldes da zona (Ribeira, Boiro, Rianxo, non recoñezo aos outros pero entre os tres que menciono hai alcaldes do PP, do BNG e do PSOE) xunto con algún político de fóra ou directivo da Xunta, ademáis dun par de mandos militares de Marina e das Forzas Aéreas e catro tricornios da Garda Civil. No vídeo camiñan pola rúa principal escoltados por unha formación militar de baioneta calada e banda tamén militar. Eu nunca vira esta parte do desfile. E non sei -dígoo en serio- se rir a cachóns polo ritmo ridículo que lle meten os soldados aos políticos e as súas resonancias berlanguianas ou poñérseme os pelos de punta.

Un consello: mírenno en canto poidan porque non sei se durará moito na rede. O vídeo é do web www.desdepobra.com.

E tiren as súas propias conclusións. (Grazas, Ali)

20 Comments

  1. ro
    23 / Setembro/ 2010

    hahaha, q bo… tamén está o alcalde de rianxo (psoe), por certo.

  2. 23 / Setembro/ 2010

    Grazas por avisar, Ro. Non estaba seguro. E o alto cargo ou político de fóra non sei quen é, a ver se alguén se fixa: está á esquerda de Torres Colomer.

  3. estrelaselimonsE
    23 / Setembro/ 2010

    HAHAHA… é espectacular á velocidade que collen os tacóns dalgunhas

  4. 23 / Setembro/ 2010

    jajajajajaj… isto sí que é a españa profunda de bombo e platillo, só faltan os ovos fritos, aljunha jaliña, aljúnhas tetas ao aire estilo pajares e xa temos o peliculón completo… jajajja

  5. 23 / Setembro/ 2010

    É que non me podo resistir a comparar!

  6. Gustavo A. Garrido
    23 / Setembro/ 2010

    Eu coido que ten máis de humor que de arrepío. Esta xente é boa, o que pasa é que o corpo non se sustrae ao ritmo da música, por outra parte ben alegre. Isto pasa en todos os sitios. Para min que as autoridades ían “voladas” porque ise non é o paso deles. O deles é máis parecido ao chotis, polo de moverse sobre pequena superficie, pendentes das cámaras. Aquí ían un tanto descompostos. Vaia maniotas ao día seguinte.

  7. miguel
    23 / Setembro/ 2010

    Ai que pouco sabedes… eso chamase “paso maniobra”.

  8. 23 / Setembro/ 2010

    Por iso publico eu estas cousas, para aprender cousas novas! :P

  9. miguel
    23 / Setembro/ 2010

    Pois nada, a mandar!!

  10. Félix
    23 / Setembro/ 2010

    Ola Manuel. Coido que o que flanquea pola esquerda a Torres Colomer é o Conselleiro de Política Territorial, Agustín Hernández. ¿Non cho parece?

  11. luis
    24 / Setembro/ 2010

    A verdade é que o Torres Colomer vai botando a man a frente. O suor debía baixar como un torrente desbocado. ¿Cantos tacóns chegarían as casas metidos nun bolso?
    O que hai que sufrir por ir nunha procesión.

  12. 24 / Setembro/ 2010

    Félix, si, si, pode ser, na procesión está máis delgado que nas fotos habituais del. Eu vino de lonxe. Fíxome graza un detalle: andaba o Xurxo Lobato tirando fotos da procesión. Hernández entretíñase xogando coa súa Blackberry con frecuencia, pero foi aparecer Lobato e gardar a Blackberry no peto e manter un circunspecto aceno de procesionista profesional. En fin, pequenas miserias da imaxe pública.

  13. 24 / Setembro/ 2010

    Luis, compadezo ás concelleiras ou quen foran que tiveron que seguir o ritmo. Agardáballes outras tres horas a paso de procesión despois deste desfile militar. Eu penso que o paso procesional é mesmo peor, acabas tan esgotado como despois dunha tarde de compras de roupa no Corte Inglés. Se son eu, mando os tacóns ao bolso á media hora e prefiro pasar por devota. ;-)

  14. xabier
    24 / Setembro/ 2010

    U-los curas…?

  15. 24 / Setembro/ 2010

    Os curas están na igrexa. Ten en conta que esta é a comitiva ‘civil e militar’ que sae do concello e, no vídeo, diríxese cara a igrexa. Por certo que curas, na procesión, só vai un.

  16. 25 / Setembro/ 2010

    MEIN GOTT!!!… Vergonza debería darlles a todos vostedes… desfilar con tan pouco xeito e desordenadamente sen mesmo marcar o ritmo da oca!!…

  17. luis
    26 / Setembro/ 2010

    É verdade Herr Graf… Pola idade dos interfectos deberon ir a mili, cando esta ainda era obrigatoria. Pero bueno, deberon estar rebaixados todos de instrucción, cada un co seu motivo e ainda non sei se librarían de ir por algunha etraña ciscunstancia.
    O que me doe de todo isto é a non separación da cuestión igrexa-estado. Polo menos en Vilagarcía o goberno está desligado desa cuestión. Non así os membros do pp e ivil, católicos e apostólicos alí donde iso exista. Pero xa encontrei algunha poboación en donde o alcalde, de IU, tamén vai nas procesións “porque representa ao pobo” cando non recordo en ningún programa político que expoñan ese detalle. “Por min non vaias” debe ser o lema.

  18. Miguel
    26 / Setembro/ 2010

    Amigo Luis, estando deacordo contigo no tocante a separacion Igrexa-Estado, no video non vemos unha procesion relixiosa, que como ven di o amigo Gago, ainda non comezou, van a ela; ademais estan representados todo o arco politico. Vilagarcia, o PP e Rivera Mallo se son catolicos, ala eles, non vou ser eu quen os xulgue, pero Vilagarcia non e exemplo de nada, nen PP, nen IVIL, nen IU, nen PSOE, nen BNG, se a ninguen lle vai mais o postureo nese pobo que a eles, a todos eles, non e de todo certo que o Goberno Local non vai as procesions, mais adiante direino, que Castro Raton non vai as porcesions?, non vai porque non van outros que se non… que a Alcaldesa dixo que non ia, pues los chicos de La Baldosa tampouco, que xa veriamos se gobernara o Leon de Verin outro galo cantaria nas procesions, e ben que Castro Raton correria co cirio de Santa Rita e non por que sexa abogada dos imposibles, iase ver ese oficio de semirarista reconvertido; sera por eso que si van a procesion de San Roque pola maña cando suben o Santo da Parroquial a Capela.

  19. violeta
    27 / Setembro/ 2010

    Ai,Gago,non contaba que foses tan inocente! .Pois claro que aína estamos con estas! E con tocar o himno español cando na misa alzan a hostia,e con ir a misa da patroa o alcalde progresista de turno,e con ir de procesión quen na oposición poñía verde ao alcalde…
    A min risa,ningunha.E o peor e que os pícaros desde moi cativos téñeno asumido .
    Saúdos

  20. luis
    29 / Setembro/ 2010

    Estimado Miguel, eu non dixen, nin falta fai, que esa sexa unha procesión relixiosa, ¿van para a igrexa? Pois é unha pre-procesión… Que mais da!. A cuestión é que van. No referente a Vilagarcía é que NON VAN. Que poderían ir? Si, non che digo que non, pero tamén podería tocarme a lotería, a República poido aplastar o levantamento militar e non haber guerra, Colón poido atopar as indias e non toparse cun novo continente, todo podería, pero, de momento, NON O É. E iso é o único que importa o demais é un falabarato xa que é gratis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará