Nazareno Violets 2010

-Aínda non pasou o santo!

Aos asistentes á procesión do Nazareno da Pobra do Caramiñal gústalles rematar a procesión sabendo que o Santo aínda non saiu da igrexa. Se te pos no cruce de Díaz de Rábago coa Alameda, a xente mira con admiración como por diante do antigo Cine Elma pasan aínda os gaiteiros tocando a Antiga Marcha do Reino de Galicia. E o que falta de procesión por agardar. Un bo medidor é ver cantos autobuses hai aparcados no peirao novo. Este ano non había moitos. E o medidor definitivo da fe no Santo é o número de caixas. Este ano eran unha branquiña para nenos e catro para maiores. Iso si, a última estaba torneada.

-Éche de primeira categhoría! -dille un home ao outro cando a ve pasar. E fan algunha chiscadela entre eles comodamente.
-Díghoo aghora que non hai cámaras -aclara o señor. Na procesión do Nazareno o espectáculo é parte do show.

O que é impresionante, e co que se debe ter un grande respecto, é cos ofrecidos e ofrecidas. Se camiñas en silencio nese ambiente festivo, toda esa xente está exteriorizando unha desgraza familiar ou persoal. Ás veces descúbrelas inmediatamente: un pano á cabeza dunha muller de mediana idade, un bebé de branquiño rodeado de toda a súa familia ofrecida; ás veces o doente non está presente, pero velo nestas caras violetas.

Podes ver unha intensa escolma fotográfica do traballo de Sole no interior do post.

Sé o primeiro en comentar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *