Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Destacado, Diario

O sapoconcho como animal doméstico (tradicional)

12 / Xuño/ 2010 6 comentarios


Galápago europeo. Foto: AXENA

No 2007 publiquei unha historia que aludía a un misterioso uso tradicional do sapoconcho na parroquia do Xobre, na Pobra do Caramiñal. A xente collía sapoconchos por aí -o Maño sempre foi terra de tartarugas- e guindábaos ao fondo dos pozos, onde permanecían durante décadas limpando a auga de insectos. Esta cruenta simbiose, estrañísima, parecía que máis propia de Asia que de Europa, publiqueina para ver se alguén máis coñecía esta práctica noutros lugares. E dicía:

Tanta referencia ás tartarugas dos pozos en América Latina e ningunha -aparentemente- en Galicia, agás na memoria oral da parroquia do Xobre, resultoume un enigma curioso de vez. Pero se cadra sexa unha desas prácticas habituais no agro galego que non trascendeu aos libros.

Por desgraza, ninguén me deu outras referencias. E mesmo fora do blog houbo algún biólogo que pensou que me estaba largando unha trola, que xa sabedes que teño un espírito fantasioso, novelesco, demasiado aventureiro e tal. Pois ben, cal sería a miña sorpresa cando hoxe pola mañá, procurando información nunha das mellores obras da nosa Ilustración, Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa, publicada polo gran José Cornide en 1787, atopeime a seguinte referencia:

É curioso que Cornide diga «para servirse de ellos en medicina». Outra cuestión que deixo aos expertos que queiran axudarme, é a que especie se referirá co termo galápago. Eu penso que debe ser o Galápago europeo (Emys orbicularis), pero non teño moita idea, así que acepto suxestións.

6 comentarios »

  • An di:

    Pois na miña casa sempre tivemos sapoconcho…ben, non sempre…eu de cativo perdín o ultimo, e logo de moitos anos os meus sobriños topárono pola horta…inda segue con nós…o que non sabia eu é que comían bechos…Saúdos e apertas

  • xurxo di:

    Tamén poderia ser o galápago leproso, Mauremys leprosa, de todas todas no Barbanza eu sempre escoitara que as tortugas tiñan pintas amarelas e iso só coincide co galápago europeo.
    O de utilizalos en mediciña sona a mediciña chinesa ou algo así…
    E o de telos para que comeran os bichos deberia ser nos pozos ou acequias para mantelos limpos de outros animais considerados desagradables…
    Moi interesante..

  • Cesar di:

    Boas Manuel,
    o problema e que galapago empregouse no pasado para nomear tanto aos sapoconchos coma as tartarugas xigantes das Galapagos, e incluso as tartarugas mariñas.
    O de limpar as hortas pegaria mais coas tartarugas terrestres, pero os sapoconchos vendense coa lenda de que espantan as toupeiras e ratos.
    O de usalos para mediciña non me sona, sei que as tartarugas sensu lato criaronse polos monxes, e ainda na actualidade comense na cuaresma porque consideranse peixes (sic).
    Testudo lutaria e un sinonimo do sapoconcho europeo (Emys orbicularis), pero tamen se empregou na tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea).
    O das rias de Noia e Arousa coincide con outro texto, penso que de Seoane, no que falaba que estaban moi ameazados polo moito que se lles perseguia.
    Se atopas algunha referencia bibliografica antiga sera benvida. Parece que no libro «Os Rios Galegos» de Otero Pedrayo hai algunha referencia.

    Cesar

  • Xabier di:

    No seu Diccionario Geografico y Estadistico de España (1826), Sebastian Miñano xa se refería ós galápagaos que abundaban na lagoa que había entre Corrubedo e Artes. Efectivamente, esta era unha terra onde abundaban, e ainda alguns vellos do lugar me dicían fai anos que os tiñan visto na lagoa de Vixán (anos 20 ou 30 do seculo XX aprox.).

  • Antón di:

    As monxas franciscanas de Vilagarcía tiñan unha tartaruga de terra no seu xardín hai 30 anos… o xardín estaba illado entre edificios e coido que a tartaruga foi introducida polas monxas.
    Un saúdo

  • Brigantium di:

    Na zona de Antas de Ulla, na parroquia de Amoexa, enterraban olas nas hortas, enténdase ca boca cara arriba aberta, para que nelas caeran as toupas, sapos e demais bichería.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.