Un atentado terrorista contra a raíña Lupa

Lola, a matrucia da Casa do Monte, en Noente, levounos con paso rápido entre as leitugas da horta e os alpendres onde garda tratores e carros.

-Alí pasou todo -e sinaloume unha torre que emerxía entre as árbores. Non puiden menos que sorrir. Era o castelo de Cira, unha fortaleza privada que non se pode apreciar desde a estrada, camuflada entre os bosques e cunha clara advertencia de prohibido o paso. Pero desde Noente, este descoñecido castelo, protagonista da turbulenta época de Xelmírez, revelábase desde a súa visión natural. Estaba rodeada das brétemas que non marcharan en todo o día, prendidas nas copas das árbores.

Lola comezounos a contar.

-A raíña Lupa era unha muller moi guapa e moi rica. Pero era unha muller pública que andaba cos mouros. Na época do Noso Señor, os discípulos de Santiago trouxeron o seu corpo nunha barca de pedra ata Padrón. Pero facíanlle falta bois para tirar do carro. Así que viñeron onda o Pico Sacro, porque lle dixeran que alí Lupa tiña xugadas de bois. Lupa cando os veu chegar díxolle -sabendo que ela tiña touros ben bravos-, díxolles: “Collede os touros que queirades”. Ela estaba enfiando cunha roca, e deulle aos discípulos o fío e díxolles: “Podedes prender os touros con este fío”. E cando aqueles conseguiron domeñar os touros e levalos canda eles, mansos, prendidos co fío da roca, a raíña Lupa quedou impresionada e acabou facéndose tamén do Noso Señor.

Pero os mouros non llo perdoaron nunca. Así que conviñeron coa súa criada que, cando ela se deitara, na súa habitación na torre deste Castelo de Cira, a criada prendería unha luz, e ese sería o sinal. E cando tal fixo a serventa, os mouros guindaron, no medio da noite, un cañonazo contra a torre para matar á Raíña. E fixérono. Matárona en tal momento. Por crer no Noso Señor.

Imaxe: ilustración a partir dunha foto de nick hardcastle en Hadash

16 Comments

  1. 17 / Novembro/ 2009

    “Muller pública”… Si, señor, esa é a orixe etimolóxica de “lupanar”. As lupas eran as “putas” dos romanos. No medio destas lendas relixiosas sempre ten que haber unha boa “Magdalena”. Pero se lle engades mouros e outro fito mitolóxico coma o do “fío”, xa é total. Encantounos!!!
    Alejandro Barral, o crego das criptas da Catedral, ten unha explicación ben menos atraínte ao de Lupa: http://certo.es/index.php?page=na_cripta

  2. 17 / Novembro/ 2009

    …a min o momento canón paréceme do máis impresionante. :-)

    Se vos interesa o tema, aquí tedes un bo estudo feito por Antonio Balboa sobre a Raíña:

    http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2005/09/15/a-raina-lupa/

    Balboa sospeita no libro o que eu sempre sospeitei. Detrás da lenda do Apóstolo, e tralo seu manto pío, hai un relato ou relatos mitolóxicos anteriores, precristianos, de enorme potencia.

  3. Xabrés da teixeira
    17 / Novembro/ 2009

    ¡Terei leido, e escoitado cousas da raiña Lupa e o apostol, mais eso do derrubamento co canon encheume de ledícia-
    Por certo, dúas cousas para a polémica:
    Santiago ¿poderia suplantar a Prisciliano?.
    ¿Seguirá ainda no vello hotel Compostela de Santiago, un bonito mural, ou cadro, non o teño moi claro, donde se relataba toda lenda da chegada dos restos a Padrón?
    Saúdos.

  4. Xabrés da teixeira
    17 / Novembro/ 2009

    ¡Unha pena! Como se ve que a cultura non da cartos.
    Graciñas, e unha aperta

  5. 27 / Novembro/ 2009

    Sobre todas as tradicións que se xuntan na xacobea hai un libro moi interesante de Ladislao Castro Pérez, ‘Sondeos en la arqueología de la religión en Galicia y norte de Portugal: Trocado de Bande y el culto jacobeo’, editado polo Servizo de Publicacións de Universidade de Vigo en 2001. Realmente hai moito aí detrás, de antes do cristianismo pero tamén de tradicións cristiás anteriores.

  6. 27 / Novembro/ 2009

    Grazas, Henrique!

  7. manuel bs
    14 / Xaneiro/ 2013

    o que me perdín estes anos que non sabia de capitulo0,esta clarisima a lenda,explicome,a raiña lupa estaba cosendo cunha roca.na literatura celtico-irlandesa explica cando a reina medb e seu home ,levan as tropas aliadas das catro provincias contra a non aliada o ulster e encontrase ca druidesa fedelma (caracterizada por unha roca de texer coma a sua vara máxica),profetiza que o ve vermello carmesi,de aí a maldición do ulter mitoloxica,a raiña lupa ia cunha roca e os mouros eran o seu exercito,chegou santiago nunha barca de pedra(en gran bretaña hai achadegos de enterramentos en especies de barcos)e dicir a nova relixion (apostolo santiago)chegou a galicia pero viña morta(falsa relixión ) e dicir a raiña lupa(druidesa)encargada de ensinar a súa relixión,supoñiase que por tradición oral e tamén tiña o poder do clan, perdido polo poder romano.
    o treito final pode facer referencia a un castigo ou simplemente morre lupa (o cambio do paganismo polo cristianismo). tamén me chamou a atención unha oración recollida por vicente risco en muros recollido no libro de manuel alvariñas sobre o monte pindo,pois ben isa oración aparece penso que casi igual na pelicula irlandesa (el secreto de la isla de las focas)non que recolle mitoloxia irlandesa(a ver se encontro o enlace)o texto é iste:
    -na miña camiña me deitei
    sete anxeliños atopei.
    gracias a dios que onde
    a miña cama cheguei
    sete santos encontrei
    tres aos pes ,catro a dianteira
    nosa señora da chanteira.
    na cama de dios entrei
    sete anxeles encontrei
    tres aos pes e catro a cabeceira
    nosa señora pola dianteira.
    a ver se hai enlace.

  8. manuel bs
    14 / Xaneiro/ 2013

    http://youtu.be/Lo7EZYZZmd0
    minuto 7 oración na lareira eu de inglés ando moi mal,pero acordome que dicia algo da nosa señora ,bendice nas ascúas aos pes e a cabeceira ,non a atopei nin(galego ,nin español)o enlace,maloserá que ti non saibas inglés.

  9. manuel bs
    14 / Xaneiro/ 2013

    Por certo a miña nai cando oiu a bendición esta acordose dela,dixo:
    -ese é un rezo dantes fai tempo que no oia,e na pelicula aparece no mesmo contexto,manda o avó ca neta pra cama e fai a oración ,manuel alvariñas relacionao no libro cas pleyades,que se ven na primavera ao amencer e no outono ao atardecer,desaparecen 37 dias entre o 3 de maio e o 9 de xuño, meses (5 e 6),(maios ou bealtaine).
    por certo ,santiago do pindo estan en posición de equinocios(primavera outono),como reflexa tamén no seu libro,logo tamen fai un estudio norte-sul (incorrecto),acabando, contarache o do meu estudio dos megalitos da miña contorna ,situandoos no mapa topografico,trazando tres circulos (da mesma lonxitude)provei poñendo o epicentro na cima do monte castelo e curiosamente ia dar o cumio chamberin e este o cumio monte torán e a circunferencia pasaba xusto onde esta situado dolmen pedra vixia,dolmenes e castro calcolitico do valouco,outros megalitos e mamoas (non sei se catalogados)nas carballas etc,logo unin os cumios nunha linea recta ,alongeina pasaba non xusto polo cumio pero case de san bartolomeu(vimianzo)hai unha capela coma en montetorán ,e megalitos ou petoutos cunhas formas…,pero alongala ao norte e vai dar aun cabo en frente as illas sisargas polas que tamén pasa,pero non é o mais alucinante ,alongala linea cara o sur(suroeste ) e vai dar a outro accidente costeiro pero a que non sabes porque monte pasa antes……acertaches polo pindo.

  10. manuel bs
    15 / Xaneiro/ 2013

    xa esta,a bendición , pon tres pedras no lume e di:
    -deus,atizo este lume coma ti fas con nós,maría aos pes e bríxida a cabeceira,que os 8 anxos nos coiden …,e a mesma,vouno explicar:
    -maria aos pes e brixida a cabeceira.
    -maría:(a terra no outono e inverno)nosa señora da chanteira,a chanteira e donde o coto das plantas tocan o chan ou unha canteira(a terra)maria e a equivalente a cal-leach,a bruxa,en escocia ainda hai a historia da última gavilla que se fai en setembro,co dito,que antes de outubro se faga que ven a vella bruxa,tamén que é a que garda a semente (o froito cae no vran queda na terra no inverno)hoxe esta palabra en linguas gaélicas e cailleach que significa ,muller anciá ou nena precoz,porque maría ;a virxe maria foi preñada do espirito santo e dou a luz o 25 de decembro,traduzoche,a semente na terra ,no hemisfeio norte no solsticio de inverno o sol e cando se ve máis o sur,queda case parado 3 dias na constelación dos tres reis,e a partires de 25 de decembro ven cara o norte anunciando calor,e a primaveira ata o solsticio de vran o sol ponse o noroeste.
    o sol empeza a quentar(notase a partir de febreiro a primavera pola terra imbolic)e fertiliza a terra.
    -brixida:(a terra primavera ,vran)nosa señora da cabeceira,brighith(brio ,forza)a semente empeza a medrar na primavera saca a cabeza pra fora ,a sabia empeza a correr,e chegan os froitos,calor ata que o ano se volve vello e hai ven a meigha que queima o tallo(miña nai ainda ten un dito,o de,en maio aínda a vella queima o tallo,cando unha primavera é mais fria do normal aínda en maio queima o tallo).
    a orca vella ou o arco da vella (a vella é a terra en conxunto).
    8 anxos ,pléyades +(pode ser a terra pero máis ven sera o sol porque os anxos estan no ceo).
    a raiña lupa esta enterrada con 7 millóns aos pés e 7 a cabeseira,ou no artigo no que fora encontrada unha cabeza de muller na porta dun castro,(cal-leach a que garda a semente)cailleach(nena precoz ,muller anciá) enterrarían a cabeza dunha nena que morreu antes de tempo ou da vella matriarca do clan,para protexer a aldea(o castro).
    o simbolismo das pleyades (vense na primavera ao amencer no outono o atardecer)desaprarecen no bealtaine ,o maio,como non ian construir os megalitos en referencia a isto ,o pindo é o monte sagrado,ten ao seu oeste o fin da terra ,o mar,o solpor,ao leste o pico sacro(onde foron enterrar a santiago).creo que non din puntada sen fio(a roca).

  11. manuel bs
    15 / Xaneiro/ 2013

    remato,san bartolomeu hermita,monte torán hermita ,monte¨castelo¨,no monte pindo hermita,castelos etc,vamos a cabo san adrian hermita san adrián do mar patrón dos mensaxeiros ,en frente as illas sisargas en frente a illa de irlanda,malpica de bergantiños (brigantinos),brixida a cabeceira,breoghan e os milesios,maria(cal-leach)(callaec-ia)a chanteira,antigo nome de eire (caellige,gaelige)a igrexa dividiu eclesiasticamente seaia(malpica,ponteceso,cabana)bergantinos(carballo parte de cabana,coristanco).
    na hermita de monte torán(taranis,tarán)torán en irlandés thor(nordico),romeria que se celebra en martes creo que o segundo martes de maio(marte deus romano da guerra,ares grego e das treboadas ).
    pois ben antes habia unha tradición na igrexa de baio e hermita de montetorán,o de 10 e 11 de xullo celebrase san cristobal(disque sancristobal adicabase a pasaren a xente dunha beira a outra do rio)e santa barbara(patrona das treboadas do tempo,coma torán)pois antes na procesión san cristobal encontrabase no rio grande na ponte ca virxe de monte torán para bendecir os coches,os carros etc),pois ben esa linea que vai dende o pindo,pasa polos sitios que che dixen e chega a san arian do mar patrón dos viaxes,e aqui os patrons do tempo e viaxes,no lebor ghabala erean ,armeneghin fai un canto para contrarrestar, desfacer unha treboada que invocaran os druidas dos thuatá de nam,som moitas coincidencias,deus non xoga aos dados.

  12. manuel bs
    21 / Xaneiro/ 2013

    outros datos o pindo suroeste ,a sisarga grande nordeste desa liña que empecei a trazar situando os megalitos e as cimas dos tres montes,pois ben son xusto as direccións dos ventos dominantes coa borrasca o suroeste e co anticiclón nordés ,por certo cabo fisterra ,cima o pindo,santiago posición equinocio tamen pasa pola illa lobeira grande,por certo por brión,brío ven de brigos,de brigh ,de brigh brigid ou brixida,brigida,superlativo de brío igual a brión ,¿non lle chaman a un castro de bastavales castro lupario?xa me dirás ti,cantos datos unidos.

  13. manuel bs
    21 / Xaneiro/ 2013

    a vista satelite ao carón do pobo de beo no concello de malpica de bergantiños hai un cabo co nome de porto da tella ,pois na entrada de dito cabo ben se ven dúas lineas defensivas co seu foxo ,cunhas dimensións considerables.

  14. manuel bs
    21 / Xaneiro/ 2013

    seguindo coa mitoloxía no canto de amerghin no leabor ghabala eren hai unha frase,(son o touro das sete loitas),pois albiscando un`planisferio ao lado das pleiades,esta taurus ,da que ben o signo de tauro 20 de abril ,22 de maio,ainda que taurus apunta a primeiros de xuño,as pleiades a mediados de maio,xa sei que é mitoloxia e tal pero…esta recollido por monxes que posiblemente recollia tradicción oral.

  15. 4 / Abril/ 2013

    Más fácil inda: el episodio del santo que se enfrenta con dos toros bravos, enviados por un enemigo del cristianismo, y los amansa milagrosamente, está muy extendido por Irlanda. Maire Mac Neill en “The Festival of Lughnasa” recoge un sinfín de variantes, donde el santo es San Patricio y el papel de la Reina Lupa lo ejerce algún noble pagano local que pretende impedir la difusión del cristianismo. El lugar del milagro suele convertirse en una feria local de Lughnasad.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará