Que se escoita aquí?

24 Comments

  1. 14 / Novembro/ 2009

    PostPost: Escoitalo enteiro axuda algo.

  2. 14 / Novembro/ 2009

    Como non deas unha pista …

  3. 14 / Novembro/ 2009

    A primeira frase do post é a única pista que vou dar. :-) Imaxinación e deducción, señores e señoras!

  4. Komodín
    14 / Novembro/ 2009

    Un astaleiro de embarcacións tradicionais ?

  5. 14 / Novembro/ 2009

    Podería ser, Komodín, pero non o é. Xa vos digo, xunto con eses golpes do principio, a clave para comprender é a partir da segunda parte do audio, certos sons que hai por aí, e a respiración, que é de dúas persoas…

  6. Xabrés da teixeira
    14 / Novembro/ 2009

    ¿Amasar?

  7. 14 / Novembro/ 2009

    Non sei, pero recórdame a facer unha cama (desas de madeira) cun antigo colchón de la. Había que sacudilo ben ao principio, e logo estiralo. Para mover aquelo precisábase de dúas persoas, pois pesaban de carallo.

  8. 14 / Novembro/ 2009

    están serrando madeira nun cabalete? cun serrón portugés?

  9. Norte
    14 / Novembro/ 2009

    ¿Algunha das moitas tarefas relacionadas co liño?
    ¿Sexo as agachadas no hórreo ou no palleiro?

  10. 14 / Novembro/ 2009

    Primeiro pensei que estaban a mazar un polbo, logo que era un lavadoiro tradicional… pero nin idea, a verdá!

  11. 14 / Novembro/ 2009

    quizais sen cabalete, puxeron as cuñas, e agora están tronzando a árbore, cun tronzador

    podería ser

  12. 14 / Novembro/ 2009

    ou pisan uvas,

    ou as piso eu, chao, argallante

  13. 15 / Novembro/ 2009

    A min pareceme un carpinterio… poderia ser?

  14. 15 / Novembro/ 2009

    ¿Albardeiros?¿Poden estar traballando peles?

    Xa me dirás ;-)

  15. 15 / Novembro/ 2009

    manda truco!
    que forma de ternos entretidos durante un bó anaco, mentras o dono deste blog está a gargalladas lendo as respostas!!

    (ben feito, eu non participarei, porque xa sei o que é e non quero rematar a emoción do xogo)
    ;-)
    bicos, vin onte un home moi parecido a ti na praza do Obradoiro (bueno, antonte, que xa é domingo).

  16. Paco Penas
    15 / Novembro/ 2009

    Artes e oficios, vou enviarllo ao amigo e avezado Vázquez Pintor para que se entreteña, jeje
    Os xemidos ao principio eran ata suxerentes, pero deseguida me decatei de que a cousa era máis seria :-)
    Non sei… nun principio pensaba nun tear pero pareciume escoitar ao final a palabra auga. E agora, despois de escoitalo dez veces, direi que é o cura do Corpiño practicando un exorcismo.

  17. reflexf4
    15 / Novembro/ 2009

    Algo con relacion a madeira ?

  18. 15 / Novembro/ 2009

    Señores, señoras, sodes uns fenómenos. Sen dicir previamente se alguén xa acertou ou non nos comentarios, publicarei hoxe á noitiña (ben, en realidade temos un día tan de temporal que a noitiña xa podería ser case agora) a resposta a tan sonoro enigma.

    Para os que aínda andades teimando, reparade en que a respiración, pesada, é de alguén que leva tempo facendo esforzo e non pode respirar con facilidade (se cadra debido á súa posición).

    Iso si, Paco, o cura do Corpiño é algo máis ruidoso. :-)

  19. Xoán Castro
    15 / Novembro/ 2009

    ¿Son case desaparecido? Respiración pesada? ¿Esforzo prolongado? ¡Coño, xa sei o que é! ¡É alguén cargando cun xornal de papel o domingo pola mañá!

  20. 15 / Novembro/ 2009

    Aurora, eu traballo nesa praza, así que podería ser eu con toda facilidade.

  21. 15 / Novembro/ 2009

    Xoán, non che digo que non. Ese son tamén podería estar en desaparición. :-O

  22. Xabrés da teixeira
    15 / Novembro/ 2009

    ¡Ado toloco raio do son!
    Outra, ¿dar liso nunha paede?, o que din os catalans, enfoscar.?

  23. Cesar
    15 / Novembro/ 2009

    se non practican sexo, están a lixar nunha cuba de viño?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará