O morto de Santo André de Teixido: a entrevista

30 / October/ 2009

in Diario

Isto é un documento antropolóxico de primeira fila, así de claro e sen retranca de ningún tipo.

Trátase dunha entrevista nos Bos días da TVG á filla do señor que morreu dentro da igrexa de San Andrés de Teixido e celebraron despois unha misa co corpo tirado dentro (ver noticia). Confeso que cando vin o vídeo (que Marcus posteou no seu blog) ao principio pensei que era algunha sorte de brincadeira da TV e a señora unha actriz do Luar, ou algo así. Non podía ser posible. Pero si.

O que se ve no vídeo é fascinante desde un punto antropolóxico. Como a moza/señora (non sabería determinar a súa idade) filla do defunto explica con toda naturalidade o que aconteceu na igrexa de Teixido, e como os presentadores, partes dun escenario futurista, abráianse con toda a circunstancia da morte do señor. Ela, a familiar directa, imperturbable, vive nunha lóxica de relación co difunto tremendamente respectuosa, pero tamén práctica, na que todo sucede de xeito natural e para a que é obvio que se debía celebrar a misa mesmo despois do que o seu pai morrera: para as novas xeracións, os presentadores, o que alí aconteceu é anómalo, estraño e mesmo perturbador (dar unha misa co morto no medio?), se cadra unha falta de respecto a ese mesmo defunto. Poucas veces se evidencia tanto unha ruptura da lóxica cultural.

Para arquivar.

{ 3 trackbacks }

chuza.org
30 / October/ 2009 o 9:04 am
Sólo en Galicia « Noroeste Gallego
30 / October/ 2009 o 9:57 pm
Cultura, gente de a pie y periodismo | vagón-bar
3 / November/ 2009 o 1:02 am

{ 55 comments… read them below or add one }

Carlos F. Amado 31 / October/ 2009 at 10:38 pm

dedoenlasopadeletras:

Pois non. A entrevista cortouse porque estabamos fóra de tempo. E insisto: quixemos saber a opinión de todas as partes: a de Manuela, a do cura, a dos asistentes… E desde logo, tendo diante a Manuela, e en 3 ou 4 minutos, temos que exercer como “avogados do diabo”, por dicilo así. E en ausencia dunha opinión contraria, creo que é pertinente preguntarlle desde outro punto de vista para que defenda a súa postura. E logo que cada quen opine o que lle pete!

Voulle poñer un exemplo: onte veu ao programa un activista gay que protestaba polo concerto de Sizzla, un cantante acusado de homófobo, en Santiago. E eu cheguei a preguntarlle: “E algúns dirán: e logo tanta manifestación non serve para darlle máis publicidade a este individuo?”. Se cadra esa non era a miña opinión persoal (non vou entrar aí), pero no meu papel como entrevistador tamén está exercer de “contrapeso” ás opinións do entrevistado. Iso axuda, ao meu entender, a que o protagonista defenda mellor os seus posicionamentos e a que a audiencia coñeza máis puntos de vista.

Se traio a Manuela ao programa e non interrogo polo que a min me parece rechamante ou polo que creo que á audiencia lle pode parecer rechamante, que tipo de conversa podo ter con ela? Sería absurdo!

Ah! E que quede claro. Eu non comparo. Só poño enriba da mesa outras situacións nas que a morte está ou pode estar presente nun lugar público e como reaccionamos ou deberiamos reaccionar ante ela. E logo que cada un opine ao seu xeito! A Manuela pareceulle ben o trato recibido? Estupendo! Logo, no ‘Galicia Noticias’ que vai despois de nós, houbo peregrinos a Santo André que opinaron a favor e en contra. Houbo unha señora que mesmo dixo que “como ían suspender a misa, vindo os peregrinos desde tan lonxe”. A min, como xornalista, encántame escoitar e dar a coñecer todos os puntos de vista. E logo que cada un opine como queira! ;)

magago 1 / November/ 2009 at 3:19 pm

Para ver os comentarios anteriores hai que clickar no Previous Comments. Limitacións da maqueta!

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/10/30/o-morto-de-santo-andre-de-teixido-a-entrevista/comment-page-1/#comments

moinante 1 / November/ 2009 at 7:56 pm

Si, creo que o tema se está saíndo do seu contexto. Polo que vin a entrevista foi moi profesional. É un tema que non se ve todos os días, que escoitei no telexornal de mediodía, non neste programa, pero vendo as preguntas que lle fan á señora creo que o tratamento foi adecuado. Se isto é amarelismo, que veña Deus e o diga!

Xabrés da teixeira 2 / November/ 2009 at 11:52 am

Eu na miña sipleza, non son quen de albiscar, caseque nada que non sexa normal, na “famosa” entrevista.
Coido que a entrevistada é tal cual, unha muller do rural sinxela e parca na parola, pois na entrvista o asunto so dou ata onde ela dixo.
¡Carai” querer ver cousas mais aló das que hai, a min dame demasiada perguiza atopalas.
Coido qe a reportaxe é oportuna, a señora está como debe estar, e no asunto do crego creo que fixo ben. Habería que ver que houbera pasado, se non dí a misa, e obliga a sacar o difunto da igrexa.
Na fin de semana estiven fóra, e sorprendeume moito o número de entradas.
Noraboa Magag0

duarlivre 10 / November/ 2009 at 4:52 pm

Xa podían os tres da tvg, e eu,aprender a falar galego como ila.Nen un filólogo/isolata ou lusista) fala galego como ista señora.Unha lección de senso común e apego a espiritualidade e a terra aos tres representantes da nosa pijería (no cal atópome eu),co seu galeñol como bamdeira,asi nos vai en troques de facer evolucionar isa sabedoria “modernizamonos”saudos

Deixa un comentario

Previous post: O novo web de Martín Berasategui: un paso adiante na elaboración de webs de restaurantes

Next post: Noite de defuntos