Repúblicas de Homes Libres, o trailer

Last updated on 9 / Abril/ 2010

Este debe ser o primeiro trailer dun post que vexo, pero se as cousas non existen, hai que inventalas, ¿non? É para avanzarvos algo dos posts que se publicarán en Capítulo 0 esta fin de semana, despois da foto das siluetas que publiquei a principios. Hai que escoitalo cos altofalantes prendidos.

P.M. (Post Manufactura): Como vedes, o trailer creouse xogando un pouco con conceptos épicos da paisaxe, tentando ver se era posible, mesmo desde algo tan limitado como Google Earth, crear un avance estilo documental histórico da BBC sobre Escocia ou Gales, para comparalo co típico comentario que facemos moitos cando os vemos e nos dicimos: “¿E por que non se fan así en Galicia?”. Xa vedes que é posible. Pero hai unha diferencia. No documental de Escocia nunca verías tantas pistas nos cumios.

7 Comments

  1. 2 / Outubro/ 2009

    Pois sí que existen cumios si.Saudos estamos á espera.

  2. PabloV
    2 / Outubro/ 2009

    xa vexo que arranxaches a entrada do micro do mac, non? ;)

    bastante chulo o video

  3. 2 / Outubro/ 2009

    Agardoo con impaciencia… e creo que se van centrar no derradeiro dos lugares visitados…

  4. carlos
    2 / Outubro/ 2009

    D. Manuel enroleme nesa república………coma sempre simplemente xenial.Sija vostede este rumbo.

  5. 2 / Outubro/ 2009

    Para que non lle soe a nomenclatura, os nomes e os cadradiños que van aparecendo no vídeo refírense a castelos…aínda que non aos castelos que habitualmente nos imaxinamos.

    PabloV, desgrazadamente non. A mestura aquí fíxose coa exclusiva intervención do disco duro.

  6. celso
    3 / Outubro/ 2009

    A música que é, de libraría?

  7. 4 / Outubro/ 2009

    Celso, os créditos están ao final do vídeo (está actualizado).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará