…e a barra de bar como interface

…e xa que falamos de barras de bar

se hai unha interface por excelencia desde tempo inmemorial, esa é a barra de bar, permitindo o acceso a bebidas, obxectos perdidos, persoas e datos e, por riba, seguro que valida no W3C. Aquí van dous proxectos comercializados para convertir esa barra nalgo distinto e máis interactivo, convertendo a superficie da barra nunha superficie multitáctil e creando novas formas de expresión con copas e botellas. Este primeiro exemplo, da compañía Mindstorm Solutions, permite empregar a barra como display de marcas (horror):

O segundo exemplo é algo máis friki. É o audiobar, un concepto artístico inventado por Mogens Jacobsen, de Copenhague, no que a música cambia en función do número de botellas que se depositen na mesa. Como a túa canción preferida estea ao final da playlist vas apañado. ;-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará