Capítulo 0 na contraportada de A Nosa Terra

Last updated on 9 / Abril/ 2008

gago_anosaterra.jpg

Levo unha semana totalmente mediática. Hoxe, na contraportada de A Nosa Terra, aparece unha entrevista “simpática” co autor deste blog, ou sexa eu, realizada por Eva Estévez. Téñolle pavor ás entrevistas simpáticas: nin son ocorrente nin teño chispa, así que afróntoas como tirándome ao baleiro e matando perdices a canonazos. De tal xeito que, cando colguei o teléfono despois de responder aos tiros a discreción de Eva, tiven a sensación de que soltara a maior sarta de barbaridades e incoherencias da miña vida. Por sorte, á redactora sobroulle maña e oficio para que a entrevista ata quedase chula. Se A Nosa Terra a publicara na edición dixital, actualizarei este post coa ligazón. Así que, moitas grazas!

E unha impresión moi persoal: cando paso por tempadas moi mediáticas, a sensación ao final, moi curiosa, é de que me quedo en coiros, psicolóxicamente falando. Para volver escribir no blog, cómpre esquecerse do anterior, como se nada tivera acontecido.

Actualización: xa está colgada, en PDF. Podes descargar o número completo aquí (a entrevista está na última páxina).

3 Comments

  1. Ana Paula
    1 / Abril/ 2008

    Olá, vi a entrevista e nao resisti. Acabo de fazer a primeira de muitas visitinhas…

  2. magago
    1 / Abril/ 2008

    Moitas grazas, Ana Paula, pasa por aquí cando queiras!

  3. 3 / Abril/ 2008

    en hora buena!!! :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *