Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario, Roteiros

As donas de Vilar de Donas

23 / Setembro/ 2007 2 comentarios

vilar_11.jpg
Porta da igrexa de Vilar de Donas. Fotos: Xurxo e Manuel Gago

Como todas as grandes obras de arte, a igrexa románica de Vilar de Donas, en Palas de Rei, na beira do Camiño de Santiago, ten múltiples lecturas. Sempre que a visito detéñome nun elemento diferente. A antiquísima heráldica dos Señores da Ulloa, a miniatura do Castelo de Pambre no baldaquino, as mitoloxías dos capiteis e do pórtico, os restos do mosteiro…Desta volta, busquei na igrexa os restos da herdanza feminina do seu pasado. Vilar de Donas foi fundado orixinalmente como mosteiro para mulleres, e quixen buscar as trazas do seu leigado entre as capas de historia do seu interior. Non de xeito científico e metódico, enténdase: ocorreuseme buscar, dentro da amplitude de representacións, ás donas que aparecen dentro dunha igrexa.

A verdade é que aínda que as monxas deixaron o convento hai moitos centos de anos, e que outras ordes relixiosas viñeron despois, un atópase no interior cunha enorme presenza da muller, como se aquí a historia do cristianismo e da Idade Media se reescribira con outras claves. Atopei unha fermosa sucesión de fermosas representacións da figura feminina*, especialmente concentradas arredor do ábside central, co tema central da Anunciación. Algunhas delas, posiblemente as máis elegantes e fermosas da arte da nosa Idade Media; este tesouro está aquí:

vilar_21.jpg
María de Aragón e Xoán II

vilar_3.jpg

vilar_4.jpg

vilar_6.jpg

vilar_9.jpg

Xunto con outras curiosas representacións máis populares:

vilar_5.jpg

vilar_8.jpg

2 comentarios »

  • magago di:

    En realidade, cando estes frescos foron pintados, na década de 1430, as monxas abandonaran había moito o mosteiro. Pero gústame soñar cunha liña de leigados que mantivo vinculada a igrexa ás súas primeiras propietarias, aristócratas das antigas familias nobles da Ulloa.

  • JeSsiCa di:

    Hola^^ Vilardedoninos jajaja!
    Pues yo la pequeña da casa taberna conozco bien esto aunque a veces me aburre tanta historia eso me encanta!¡
    Oye haber cuando acabais la piscina do ferradal que ya es hora: ) despues decir que pa la fiesta voy como siempre = )
    Haber si dais mas regalos que sois racanos jaja!¡
    Que despues de leer esto algunos me van a echar la bronca!
    A la pues yo Jessica Garcia Goncalves la sobrina de (cubano) Antonio Garcia de casa taberna asi que si me quereis decir algo a la a echar la bronca ami tio.
    Besos! MuaK
    CamoiRa eL proXimo dia te voy a ir a despertar a las 3 de la noche

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.