Last updated on 15 / Marzo/ 2007

Casa no lugar de Cabío (A Pobra do Caramiñal)

Un detalle da mesma parede
Había tempo que quería postear sobre este interesantísimo exemplo de arquitectura tradicional que está a piques de desaparecer practicamente en silencio. No Barbanza (e supoño que noutros lugares da costa, pero non os teño visto, se coñeces algún déixao nos comentarios), as casas revestíanse de cunchas de vieiras para protexelas máis eficazmente da chuvia e da humidade. Deste xeito, os fogares dos mariñeiros eran unha extensión da mesma praia, nunha fermosísima cultura de aproximación entre natureza, recursos naturais e vivenda humana. Hoxe en día, trala reinvención do propio imaxinario xacobeo, esta vella técnica arquitectónica cobra mesmo máis relevancia cultural e identitaria.

Un bo exemplo tamén no Barbanza é a casa de Borobó en Trevonzos.
Fora do Barbanza recordo algunha en Vilanova de Arousa. Por certo, algo dicía Xaquín Lorenzo sobre o asunto. Revisareino, a ver se fala de zona de expansión.
E xa que estamos, hai outro tema de arquitectura popular que me parece interesante na zona do Barbanza (e que se ve na foto): o uso de tella plana no lugar da tradicional tella curva. Os primeiros casos danse na zona de Palmeira (agora vexo que mesmo en Cabío) e van sendo máis abundantes segundo te achegas a Aguiño ata chegar ó máximo na zona de Artes-Ribeira-Seráns e desaparecer rápidamente segundo avanzas por esa costa (Basoñas, Xuño) cara ó sur.
Na miña aldea “Escarabote” tamen ainda quedan algunhas, antes habia moitas maís, son curiosidades das que quedan cando o ome aproveita os recursos da natureza ben.
De todas as formas, imaxinome o laborioso que tiña que ser para os “colocadores” cuncha a cuncha..
O invento acabouse cando chegou a os “pinches” o seu rival industrial …a URALITA.
en canto a o que comenta o gourmet, na casa de meus pais todavia esta tellada toda cas tellas planas, descoñezo si eran mais “modernas ” o si simplemente eran as que habia..O que si lembro e que cando tiran algunha que outra casa vella ou algun cuberto, ain que ten moito interes en gardalas pra reutilizalas de novo.
Saudos..
Si, en Escarabote eu recordo haber moitísimas. De feito, -falo de memoria- as casas de cunchas estaban concentradas case todas entre a Pobra e a franxa litoral de Boiro. Non sei se a cousa chega ata Rianxo.
No caso das casas de tellas planas, lembro unha tellería abandonada na praia de Supinal, en Palmeira, na que aínda hai restos de que as facían alí.
Por desgraza, com estas cunchas acabará se nom a uralita, a urbanización salvagem do litoral.
Nesta fim de semana descubri que na outra beira da ria também existe este costume: atopei casas ilhadas com vieiras em Cambados, na Ilha de Arousa e Caldas de Reis!!.
http://nachom-galiza.blogspot.com/2007/06/cambados.html
Nachinho, interesantísimas fotos. Por certo, estiven vendo o teu mapa de Google e xa tomei nota de sitios ben interesantes.
Parabéns polo blog!
Pois parece que a cousa chega un bocado alén de Caldas. As fotos a seguir son dunha casa que ten toda a pinta de ser a rectoral de San Mamede de Amil, unha igrexa algo menos coñecido que a da Romaría dos Milagres e que se encontra a uns 500 metros por tras desta última, subindo cara ao monte. Algunha idea sobre o que é esa construción circular que preside a finca?
http://www.flickr.com/photos/calidonia/1250561117/
http://www.flickr.com/photos/calidonia/1250557627/
Pois nin idea, no contexto galego. Non parece que tivera unha función agraria clara, verdade? Teño visto cousas similares en granxas fortificadas en Francia…e en Ferreira de Pantón, pero… No blog publiquei unha similar, pero máis achatada. É nesta entrada, a que se chama “granxa fortificada”. Fíxate na torre da esquerda.
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/10/13/visitando-por-fora-os-monumentos-da-ribeira-sacra-lucense/
Eu, que son da zona de Ames, recordo que en Brión tamén había unha que, hai xa algúns anos, acabou sucumbindo á Uralita…
Este tipo de construcción creo que é propia da Arousa aínda que, como podedes ver, exténdense tamén por zonas limítrofes. Non sei se polas rías de Noia, Pontevedra e Vigo haberá tamén exemplos…
En Salcedo (Pontevedra) o que non che sei dicir é a localización exacta da casa, pero se algún día pasas por acolá e tes tempo, lembro que quedaba pasado o Carrefour preto da escola e indo cara Pontevedra, está a man esquerda subindo por unha estrada sen beirarrúas. Nótase que vai tempo que marchei de Pontevedra?
En Ribeira e Castiñeiras tamén hai cunchas de vieira nas paredes, entre nos chámanlle “galeses” pero non sei porqué.
SUpoño que tamén sería boa de destacar a Capela da illa da Toxa, en O Grove:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:A_Toxa_040516_54.jpg
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:A_Toxa_7eue.jpg
Por outra banda, en Vilanova de Arousa recordo, alomenos, media ducia de casas que tiñan a cara sur cuberta de esta forma… pero é unha mágoa que xa so queden un par delas en pé e arranxadas conservando estas cunchas.