Apple presenta por fin o iPhone

iphone.jpg

Poucas empresas dominan tanto os tempos de desenvolvemento e lanzamento dos seus produtos como Apple. Desde hai máis dun ano, existían rumores de que a compañía de Steve Jobs ía lanzar un terminal telefónico, o iPhone, pero pouco máis se sabía. Supúñase, iso si, que partiría da exitosa experiencia do iPod. Pero unha lexión de usuarios fixeron a título individual as súas propostas de deseño do dispositivo, agasallándolle de balde as ideas a Apple. O resultado parece aínda máis potente do agardado (ver a web oficial de Apple sobre o produto). O iPhone integrará: un teléfono móbil con moitas funcións de multiconferencia, un iPod e todo un aparello de comunicación vía Internet para navegar, consultar correo e outras aplicacións. Especialmente interesante me pareceu a interface, moi similar aos proxectos de Nokia que vimos en Capítulo 0 hai uns días. Será unha gran pantalla táctil e a interacción do usuario realizarase directamente cos dedos sobre o software, para así gañar versatilidade.

Sen embargo, o iPhone ten carencias dificilmente explicábeis […] non ten integrada unha cámara fotográfica / de vídeo dixital. . Apple entrará nun mercado moi competitivo, buscando aproveitar o recambio tecnolóxico dos seus usuarios do iPod ofrecéndolles un produto con numerosas novas prestacións entre as que unha das máis importantes é o efecto interface. Se cadra o iPhone teña as mesmas prestacións que os outros teléfonos de gama alta, pero a experiencia de usuario con este dispositivo pode ser máis satisfactoria ou divertida. Ese parece ser o sentido dos sensores de luz e posición. Veremos que dá de si a cousa.

4 Comments

  1. orsinia
    9 / Xaneiro/ 2007

    O iPhone leva cámara de 2 megapíxeles na parte traseira; comentouno Steve Jobs ao principio da keynote pero con toda a traca que viña despois non lle deu a máis mínima importancia… :D

    http://www.engadget.com/2007/01/09/the-apple-iphone/

  2. orsinia
    9 / Xaneiro/ 2007

    pero bueno, postos a poñer chatas, ben podía levar a cámara na parte de diante, por aquilo que dis das videoconferencias…

  3. 9 / Xaneiro/ 2007

    Jarl, é certo. Eu mirei no sitio oficial de iPhone e nun par de fontes máis e non había manera de localizala… Entón a cousa cambia moito!

  4. 10 / Xaneiro/ 2007

    É o primeiro producto de apple que me entusiasma realmente. Agradécese que por fin un fabricante se preocupe da usabilidde nos móbiles, de engadir a función “facilidade” en aparatos cada vez máis multifuncionais.

    O mellor é que o anunciaron coa antelación suficiente para dar certo marxe de maniobra o resto de fabricantes. Esperemos que haxa un “efecto iphone” que lle poña as pilas ós nokia, motorola e compañía…

    Por certo, a pesar do prezo (caro para min, pero bastante razoable para todo o que ofrece), o de meterlle mac OS X parece unha boa estratexia para achegar o universo mac ó gran público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará