Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación, Diario

Os móbiles do futuro: ferramentas para capturar a imaxinación

26 / December/ 2006 Sen comentarios

Nokia Design, que é a división I+D de Nokia en todo o relativo a interfaces de usuario, presentou hai pouco unha serie de vídeos (vía) nos que presenta os “conceptos”, é dicir, as ideas aínda non desenvolvidas, nas que están a traballar para desenvolver as futuras interfaces dos móbiles. Estes dispositivos, sen dúbida, serán os aparellos nos que apreciemos máis cambios funcionais, tecnolóxicos e estéticos nos vindeiros anos. Os dous vídeos especulan sobre a evolución do teléfono móbil nun futuro bastante próximo en tres direccións:

  • como un dispositivo prolongador da nosa identidade,
  • como un dispositivo cunha pantalla completamente táctil (empregar os dedos para acceder á información permite engadirlle funcións a unha interface que ten unha superficie física tan pequena)
  • e como un dispositivo multimedia pensado para situar a información en redes compartidas.
  • O responsábel de Nokia Design, Alastair Curtis, define claramente esta filosofía cando afirma que no futuro inmediato:

    More than ever design will need to bring technology alive in order to capture the imagination of the consumer. It’s not just about what the phone can do, it’s moving towards ‘what can I do with the phone?’ and ‘what can I do through the phone?’.

    Teño que dicir que, efectivamente, a miña reconciliación coa telefonía móbil veu a partir do Nokia 6280, unha ferramenta multimedia moi funcional e facilmente conectábel que nutre bastantes das imaxes e sons deste blog. O móbil xa non era un aparello disociado e unifuncional, senón algo que comeza a permitir facer outras funcións da nosa vida con calidade.

    O único que me estraña é que os deseñadores de Nokia non parecen especialmente preocupados pola incompatibilidade da que adoecen aínda os teléfonos, con pequenos sistemas operativos propietarios a miúdo incompatíbeis entre si. Se cadra, parella á innovación en interfaces, a telefonía móbil debería apostar pola definición de estándares de software. Aínda é un mundo moi escuro.

    Deixa un comentario!

    Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

    Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

    Podes empregar estes tags:
    <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

    Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.