
Anunciábao onte nun comentario neste blog o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. A raíz da publicación do post “A Pelotiña: unha nova fortificación castrexa en Rianxo“, aquí en Capítulo Cero, no que dabamos conta do achado dun novo sitio arqueolóxico en Rianxo, o alcalde encargou aos técnicos a revisión do lugar e confirmaron o achado. Nestas palabras indícao o alcalde:
Grazas ás informacións aparecidas dicirvos que se deron instruccións ao equipo de redacción do PXOM de Rianxo para incluilo, pois non estaba catalogado pola Xunta nin se tiña coñecimento del. Agora estase completando e así terá un ámbito de protección este xacemento. (…) O arqueólogo que está ampliando o catálogo desde esa data inclue este novo castro do Pilotiño.
O nome final e tradicional que parece ter é en masculino, O Pilotiño, e non A Pilotiña. Esta noticia deunos unha gran alegría aos membros de patrimoniogalego.net que participamos dun xeito ou doutro deste achado casual, e o comunicamos tanto a Rianxo como á Dirección Xeral de Patrimonio. Este castro, de por si xa moi machacado, terá agora un marco de protección legal que evitará que desapareza totalmente da Historia. Grazas tamén ao alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, pola súa sensibilidade e rapidez.
Consulta a ficha do castro do Pilotiño en patrimoniogalego.net

Vaya! Sorprendente que haya políticos que se preocupen tanto de estos temas. Enhorabuena a los de Rianxo.
Estoy sensibilizado porque precisamente este fin de semana venimos de encontrar y confirmar insitu 2 enormes mámoas inéditas mediante nuestro sistema(superiores a 30mts diametro y 2mts de altura). Es absolutamente emocionante esta forma de senderismo-científico jejeje.
En primicia os pongo que una está en A Estr… y otra en Ver… Ambos lugares increíbles, una a 1150mts de altura dentro de un bosque de pinos tan espeso y llano que sin gps,sería muy dificil dar con ella. La emoción de irse acercando al punto y descubrir hace que merezca mucho la pena el esfuerzo.
Ahora toca contactar con los arqueologos que hicieron trabajos en la zona para compartir la informacion