En Galicia hai que ser moi cautos con como se din as cousas. É mellor non dicir nunca “o primeiro”, o “pioneiro” porque neste país sempre hai alguén que xa antes fixo, ou xa antes que ti sabía sobre ese aspecto, lugar ou coñecemento que se quere dar a coñecer. Sen embargo, Galicia é aínda un territorio moi propicio e á aventura e á emoción arqueolóxicas das descubertas, e iso é un marabilloso aspecto de popularización da arqueoloxía que non se debera desbotar. Descubrir segue a ser algo marabilloso para as persoas. Xa que logo, non é nada raro localizar a día de hoxe novas estacións de petróglifos ou mámoas…realmente só se trata de querer. Outra cousa son xacementos máis grandes e monumentais, coma os castros. Especialmente en territorios tan explorados arqueoloxicamente coma o Barbanza, ou Rianxo. Estes grandes recintos en teoría case sempre xa están localizados. Pero o alucinante é que mesmo en Rianxo hai marxe para que aparezan novos e importantes recintos arqueolóxicos.

Localización do novo castro.
Esta fin de semana visitamos un novo recinto castrexo localizado na parroquia de Asados, sobre a aldea da Somoza [ficha e localización en patrimoniogalego.net]. Como digo, moi posiblemente entre algunha xente de Rianxo xa circularía o coñecemento deste recinto castrexo (o noso amigo Carlos falounos, por exemplo, duns profesores de Leiro que falaban do lugar nos 80), pero o grave é que non figura nin no PXOM de Rianxo nin na bibliografía xenerada en relación aos achados arqueolóxicos da autovía do Barbanza, que pasa exactamente ao carón do sitio arqueolóxico, que interpretan o monte no que se atopa o castro exclusivamente como unha canteira. Isto leva a pensar no rigor con que están feitos os documentos urbanísticos. Isto provocou, posiblemente, que o sitio arqueolóxico que hoxe presentamos chegue ata nós nun estado absolutamente deplorable. Eu creo que é o castro máis desfeito que me teño atopado en moito tempo, pero iso non resta o seu valor histórico, senón que máis ben nos dá premura por comunicalo, para evitar a súa destrución final.

O castro no mapa de pendentes
O amigo Elixio Vieites envioume por correo electrónico unha referencia no mapa de pendentes que levaba a pensar que había algo alí enriba, pero as fotos aéreas non deixaban a cousa clara. Pero foi forzar os materiais LIDAR para observar que, efectivamente, alí había algo que levaba a pensar nunha acrópole, nun recinto defensivo que respondía militarmente á configuración do monte.

O recinto está concebido con carácter defensivo. Apréciense os restos de doble muralla

Topografía do monte. Observade como no eixo norte-sur o ascenso é máis gradual e como aí, no norte e o sur, se concentran as estruturas defensivas existentes (A: Doble muralla; C: Posible bastión)
En primeiro lugar, a existencia dun engrosamento do perfil da muralla na zona norte, no que o recinto non seguía a curva máxima de caída do monte, e tamén especialmente no sur, onde a poliorcética estaba ben clara. Un doble parapeto protexía unha zona especialmente vulnerable, no que a caída era moi grande.
Ao chegarmos aló enriba, observamos que as observacións do LIDAR eran extremadamente precisas, recoñecendo as mínimas alteracións do terreo. Non é un castro para calquera: aínda que a diferencia de desnivel entre a croa e a ladeira é perceptible con facilidade, as murallas só se advirten con claridade nas zonas norte e sur, alí onde fixeron falta máis traballos defensivos.

Límites da croa (onde están os compañeiros)
O castro está literalmente desfeito. Eu non sei que raio de maquinaria meteron alí, pero literalmente “triturou” a pedra, rebentando todo, murallas, parapetos e todo. O monte foi unha pedreira histórica, pero a xulgar pola diferencia entre a foto do 56 e as actuais, o proceso degradativo principal é contemporáneo.

O que queda da muralla principal
Sobre a importancia do castro da Pelotiña
Sen embargo, o sitio arqueolóxico é importante para comprender a Idade do Ferro na área. Ata agora, os castros ubicados no val de Asados atopábanse ao norte deste val, pero a ubicación da Pelotiña “completa” a configuración castrexa deste territorio, xa que a súa localización privilexiada permite controlar tanto o esteiro do Ulla como o val de Asados e a ría de Arousa. Agora ben, a súa distancia con respecto a zonas de produción agraria e mesmo ríos levan a pensar nunha cronoloxía bastante temperá para este sitio arqueolóxico: Bronce Final, Ferro I…un lugar que está nas orixes da cultura da Idade do Ferro, e rodeado de petróglifos e mesmo de achados de depósitos de armas da Idade do Bronce e outros materiais (o casco de Leiro foi localizado ao fondo do estreito val que parte deste outeiro ata o río Ulla, e antes, nun agro, téñense atopado depósitos de puñais.
Como digo, non sabemos se este castro foi publicado nalgún folleto ou revista que descoñezamos. Pero si sabemos que non existe oficialmente no PXOM de Rianxo e, polo tanto, o pouco que queda aló enriba, na Pelotiña, corre un serio perigo. Se alguén ten máis información sobre este lugar non dubide en incorporala nos comentarios. Pola banda de patrimoniogalego.net procederemos a informar ás autoridades sobre a localización do lugar.

Estupenda foto a do encabezado Manuel, pero sobre todo hai que estar alí para entender o que tal se alcanza coa vista e a altura que colle o sitio do castro. Por dicilo de algunha maneira, houbo sorte que o monte estivera con poucas árbores, polos incendios, e con pouca maleza polo traballo da máquina esa “comepedras”…eu nunca tal vira. E non quero nin pensar a erosión que iso producirá. Tamén está ben que os petróglifos Das Barras, pola propia ladeira do monte do castro, e da Foxa Vella ( a 200 400 metros do castro respectivamente, e autovía por medio no caso Da Foxa Vella) . É impresionate, sobre todo o da man esa gravada na pedra, que parece única en Galicia,( na Foxa ). Aquí vai un traballo sobre os petróglifos, que ao mellor tiñan algo que ver co castro. http://petroglifosdegalicia.blogspot.com.es/2008/09/petroglifo-de-foxa-vella-detalle.html
As fichas en patrimoniogalego.net
http://patrimoniogalego.net/index.php/30346/2012/12/petroglifo-da-foxa-vella/
http://patrimoniogalego.net/index.php/8956/2011/11/estacion-rupestre-as-barras/
Grazas, Elixio, non puxen o outro comentario porque a dirección que puñas estaba dentro do teu propio ordenador. :-)
É este o traballo dos petróglifos de Rianxo . Pódese baixar o pdf
http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1294596
Un gran descubrimento, sorprendente incluso para os veciños da zona. Lamento o equívoco no nome, está no Pilotiño, polo tanto é o castro do Pilotiño. “Pelotiña” non sei de donde sae.
Grazas polo apuntamento, Víctor. Na cartografía aparece en feminino: A Pelotiña, pero tamén vimos nomenclatura en masculino. Se oralmente se comenta, pois así debe ser o nome do sitio arqueolóxico! Grazas pola aclaración!
Me parece que no estais usando correctamente los datos lidar para visualizar las estructuras.
En primer lugar el mapa de pendientes no es la herramienta mas eficaz para ver cosas.
En segundo lugar al hacer un TIN a partir del raster pierdes detalles visuales por los polígonos que “pixelan” la imagen
En tercer lugar me da la impresion que los mapas no son de alta resolución, pero esto no tengo referencias visuales para poder asegurarlo al 100%
Ola, Pablo:
Discrepo. O mapa de pendentes é unha ferramenta excelente (e sobre todo rapidísima) para ver sitios arqueolóxicos, especialmente da Idade do Ferro. Grazas a esa ferramenta nos últimos meses téñense localizado bastantes cousas. En canto aos outros dous puntos, do pouco que sei dos LIDAR -nos que son unicamente un torpe aprendiz- é que permiten moitas formas de visualización que poden ter diferentes usos, algúns máis para investigación e outros para difusión. A min, polo de agora, e ata que non domine outras técnicas, os TIN permítenme transmitir razonablemente ben o que quero contar. Por último, a visualización dos datos da Pelotiña é un miragre, porque o castro sobre o terreo está arrasado. A imaxe publicada consegue representar miragreiramente o pouco que existe in situ.
MGago: Si quieres usar los datos de elevacion lidar para difusión, no debes poner mapas de curvas de nivel que la gente, por lo general, y aunque te cueste creer,no comprende.
Los mapas de elevacion dan un paisaje “marciano” donde cuesta más detectar cosas.Los tin con su aspecto de papel de aluminio arrugado tampoco ayudan. El ojo humano está acostumbrado a distinguir sombreados y difuminados e interpretarlos mejor como formas 3d.
Deberías usar herramientas de sombreado, montarlos sobre capas de elevación 3d usando el raster de elevacion, y generar vídeos subidos a youtube como este por ejm: https://www.youtube.com/watch?v=MauShAqawLA
Pero bueno por lo que he visto los sistemas GIS suelen ser muy mal usados en arqueología,tomandolos como un fin en si mismos, se hacen estudios de “intervisibilidad”,”cuenca visual” y otras cosas ,por la simple razón que son herramientas que traen incluidas, pero que en muchos casos no tienen ningun resultado válido que ofrecer.
Como un estudio que vi sobre la relación entre los tipos de suelos y las mámoas etc. Palos de ciego.
arriba quise decir “mapas de pendientes” ,no “mapas de elevación”
Pablo, eu non sei que xente coñecerás ti, pero paréceme a min que o lector habitual de Capítulo Cero entende bastante ben o asunto curvas de nivel e os mapas de pendentes. E garantízocho porque lévoos usando, falando e ensinándoos moito tempo. :-) Por certo, que as paisaxes poden parecer marcianas pero é que aos marcianos gústannos así. :-)
Grazas polo consello que me das. Estiven mirando o video que fixeches e non aprecio especial diferencia con outros modelos e formas coas que traballo. En todo caso caso, este é todo un mundo por aprender, e todo o que sexa compartir métodos mola! Anímate a publicar un titorial! :-)
Interesante o tema. Pablo, a miña experiencia é que a veces as cousa vense nos Lidar e outras só fai falla mirar para arriba ou para os lados, e non entendes como non se deron atopado antes.Van algúns exemplos, ademais deste, que foi localizado ao estar mirando a zona de desembocadura do Ulla.
http://patrimoniogalego.net/index.php/48672/2013/08/o-monte-do-castelo-de-san-martino-de-brono/
http://patrimoniogalego.net/index.php/36604/2013/03/o-cotarelo-de-picadizo/
Agora eso sí con videos coma o seu estaría estupendo tamén poder traballar.
Por certo ando mirando agora un sitio que me chama a atención, á vista dos Lidar que opina que sería? Refírome a ese muro que está cara o oeste no medio de dous ríos, ..o da esquerda, un círculo máis pequeno xa lle digo que é un castro . o castro de Mouteira en San Pedro de Parada . A imaxe é este http://t.co/98w9FSCTSM A verdade é que aquí non fai falla atinar moito nin a muralla parece confundir de ningunha maneira. Saúdos
MGago: Cuando quieras un video 3d de una zona o coordenadas determinadas no dudes en pedírmelo y encantado te lo subo a youtube o te explico como montarlos fácilmente, que no lleva casi nada de tiempo.
No quise decir que tus lectores habituales sean idiotas y no sepan interpretar unas curvas de nivel,trataba sólo de sugerirte hacer más atractiva la información lidar y que se vea mejor (dado que es un blog de divulgación científica, no creo que te visiten muchos topógrafos o arqueólogos,mas bien aficionados y aficionadillos como yo, que no tienen porqué saber hacer la O con un canuto). Si ves la zona del supuesto “castro” en sombreados, iluminando desde distintos ángulos de altura y acimuts podrás apreciar cosas que en las imágenes de la entrada no se aprecian del todo bien.
Por ejm una traza de camino que sale por la parte este y baja hacia el sur casi perpendicular a la autovía.
Una estructura circular justo en el centro que parece hundida,por lo tanto si esto resulta ser un castro, ¿el aljibe? ..mucho suponer.
En este caso está todo tan arrasado que ni siquiera se aprecia bien con lidar , podría ser cualquier cosa. Hasta las huellas de las cadenas de la excavadora que hizo los cortafuegos,donde dió una vuelta dejando unas huellas circulares de piedra triturada que desde arriba parecen trazas de la muralla jejejej Si lo superpones con transparencias a las fotos de satélite, podrías ver si las “estructuras” en realidad tienen algo que ver con cortafuegos ,rodadas,o similares.Lo malo es que no hay muchas fotos de satélite históricas de la zona.
Por otro lado te hago notar que el lugar está justo dominando encima de la necrópolis de mámoas de Os Campiños, por lo cual tiene pinta de ser un lugar de tránsito obligado, que controlaba la desembocadura del Ulla y por tanto el camino al interior…
Saludos
Pablo
Grazas ás informacións aparecidas dicirvos que se deron instruccións ao equipo de redacción do PXOM de Rianxo para incluilo, pois non estaba catalogado pola Xunta nin se tiña coñecimento del. Agora estase completando e así terá un ámbito de protección este xacemento. Dicir que desde a última prospección arqueolóxica no ano 2000, aproximadamente apareceron 17 elementos novos. O arqueólogo que está ampliando o catálogo desde esa data inclue este novo castro do Pilotiño.
Excelente noticia, Adolfo! Moitas grazas!
Pois isto é unha noticia que leva a pensar en que as veces os esforzos pagan a pena. Se o sitio se mantivera medianamente ben e sen eucaliptos sería digno de visitar e formaría un conxunto, se engadimos os petróglifos, máis que interesante. Das vistas xa non quero non falar. Adolfo, saúdos e grazas polo teu interese.