Última actualización o 2 / Xuño/ 2015

Obras do Porto Exterior da Coruña. Alí estaba antes o castro de Punta de Muros.
Non é doado contar o que vou relatar aquí, pero vou tentar facelo o mellor que sei. Gustaríame que se comprendera ben a relevancia, as consecuencias da historia que vou contar.
No 2005, por tres diferentes fontes do sector da arqueoloxía profesional, chegoume un ruxe-ruxe que non cesaba. “¿Enterácheste do de Punta Langosteira?”, viñan dicindo todos. O rumor aludía a un importante achado localizado na zona de obras do Porto Exterior da Coruña, en Punta Langosteira. Ninguén sabía todos os detalles sobre a cuestión, xa que o asunto levábase con moito silencio e os datos eran algo confusos. Pero todo o mundo coincidía no mesmo: era algo excepcional.
Nunha península chamada Punta de Muros, dentro das obras de preparación para a infraestrutura do Porto Exterior da Coruña, escavouse un castro. A oportunidade, en si mesma, era excepcional: era a primeira vez que se escavaba un poboado da Idade do Ferro en toda a súa integridade, empregando a mesma metodoloxía e técnicas para todo o poboado. Unha oportunidade única desde o punto de vista científico. A escavación foi realizada por unha empresa dirixida polo arqueólogo Juan A. Cano Pan; o castro axiña se revelou nun xeito que non era o convencional, o coñecido ata o momento na Idade do Ferro, un modelo practicamente novo. O proceso de exhumación foi rapidísimo para os prazos habituais da arqueoloxía, aínda que non a de urxencia. En xaneiro de 2005 iniciouse a escavación do castro. Coa chegada do verán de 2005 o proceso estaba concluído e o 100% do sitio arqueolóxico estaba á vista.
Cando sentín o ruxe-ruxe quixen ir ver o castro. “Pois non vas poder”, dixéronme, “acaba de ser destruído polas escavadoras”. As máquinas demoleran o achado para continuar coas obras do Porto Exterior. Teñan por certo que, se aquel castro aínda estivera en pé, tería collido o coche, ido alí e teríao amosado, obtido imaxes para o que virades, o que fora. Xa o fixen noutras ocasións, como no castro de Castrelo, na parroquia de Soesto (Laxe), no que apareceu unha muralla monumental e nunca se presentou ao público (¿segue aí?¿destruiuse?).
O Porto Exterior da Coruña enguliu o castro da Punta de Muros, con rapidez, pouco despois de rematar a escavación. O 7 de xullo de 2005, só sete meses despois do inicio dos traballos arqueolóxicos, “liberalizouse” (na terminoloxía das obras públicas) a zona sur do castro e as máquinas entraron, destruíndo boa parte do lugar. O 28 de novembro dese mesmo ano rematouse co que quedaba do recinto arqueolóxico.
Non cheguei a tempo.
Nos seguintes meses, tecendo conversas e outros materiais, cheguei a coñecer ben ese castro, e como poderá facer escribir outra vez os libros de Historia galega. O propio Porto Exterior sacou a concurso público un centro de interpretación do castro desmantelado “con restaurante”. O prego non abondaba en que fora o que se atopara alí, aínda que falaba das “características especiales” do lugar. ¿”Características especiales”? A idea da Autoridade Portuaria da Coruña era rescatar algunhas das estruturas, que foran extraídas do castro, para seren reconstruídas nese centro de interpretación, co obxectivo de “devolver” o patrimonio cultural.
Se chegaches a esta altura do texto estaraste preguntando que había no castro de Punta de Muros que o facía tan especial. Desde ese xaneiro de 2005 ata agora non houbo nin un só texto publicado, ningún estudo, ningunha monografía, ningún plano publicado de xeito oficial sobre ese castro destruído. Pero nunha publicación andaluza publicouse estes días o primeiro texto no que o director da escavación fala publicamente do lugar, se ben abondando nun aspecto parcial, pero clave da escavación: os metais. O texto, asinado por Juan A. Cano Pan e o profesor da UDC Fernan Gómez Filgueiras de Brage La Paleometalurgia del Poblado de Punta de Muros (Arteixo, A Coruña) en el contexto de la transición Bronce Final – Primera Edad del Hierro.
Pois imos aló. O castro de Punta de Muros era un xacemento antiquísimo: ubicado nunha zona remota, illada, estéril e sen potencialidade agrícola, aquel lugar comezou a dar datos sospeitosos. O Carbono 14 revelou unhas cronoloxías moi, moi temperás nun poboado castrexo, moito máis do habitual:
los inicios de la construcción del poblado podrían estar en los inicios del siglo IX, para alcanzar la fase de máxima ocupación y actividad entre los siglos VIII y VII (…) La superficie del poblado pasó por cuatro fases en la utilización de ese espacio. La primera y de mayor intensidad fue la construcción de una aldea fortificada y la utilización de ese espacio durante 400 o 500 años, durante la Primera Edad del Hierro. La segunda, se corresponde con una reutilización residual de ese espacio, más de 500 años después de la desaparición del poblado, por gentes culturalmente encuadrables en el mundo galaico romano.
É dicir, este poboado foi abandonado na II Idade do Ferro, un tempo no que no mundo castrexo se produciran grandes cambios sociais que se traducían en novos tipos de asentamentos, máis próximos aos vales, e novos modelos de fortificación. Aquel castro da Punta de Muros abandonouse para entón. A súa cronoloxía é fascinante: é, posiblemente, o castro máis antigo escavado en área nunca en Galicia. Unha potente muralla de pedra protexía o recinto.
Sen embargo, a sorpresa chegaba ao ver a pranta do lugar.


A maior parte dos castros, lembrarás, teñen unha malla de casas circulares. Pero aquí, as cabanas eran alongadas. Abraiantemente alongadas, nunha forma descoñecida en Galicia ata o momento nun castro. Esta sucesión de cabanas alongadísimas, ademáis, tiñan unha lóxica. Case todas as casas dispuñan de fornos de metalurxia, pero existía unha organización:
Así mismo se detecta una distribución espacial del poblado, en función de las distintos procesos metalúrgicos, resultando una orientación NE – SO en la alineación, determinada por los requerimientos del laboreo metalúrgico.
O castro carecía de instrumentos agrícolas, ou de instrumentos que revelaran que os seus habitantes traballaban na terra ou no mar. Só metalurxia do bronce, beireando o século IX-VII antes de Cristo.
Este lugar era unha factoría fortificada da metalurxia do bronce. Pero non quedaba aí a cousa:
La singularidad de este yacimiento es que es un poblado dedicado a la metalurgia del bronce antiguo con dos procedimientos metalúrgicos distintos, uno para cada uno de los dos tipos de bronces que han sido identificados [con dos aleaciones distintas] (…) Una, a un uso funcional y objetos de uso directo, y otra, a un uso ornamental o simbólico.
É dicir, con aleacións de metais distintas para cada caso, por unha banda producían obxectos cotiáns e por outra banda, creaban obxectos ornamentais. Alucinante. Ten en conta que ata eses momentos a idea que tiñamos dese período é absolutamente nebulosa. Algúns indicios revelaban un pouco máis tarde a aparición de cabanas na posterior ubicación dos castros, e nada máis. E de súpeto aparece, nas proximidades da Coruña, un elemento que non debería estar aí nese momento. Algo totalmente novo, só equiparable a algunhas factorías fenicias no Mediterráneo nesa época, en momentos de elevado desenvolvemento do que se coñece como civilización, pero é inaudito na zona atlántica da península, e ademáis, no lugar non se atoparon achados de orixe mediterránea que falaran dunha interacción comercial co sur: o proceso parece endóxeno, propio desta sociedade do noroeste. Este sitio arqueolóxico transforma de xeito radical a nosa Prehistoria, creaba moitísimos interrogantes, sobre unha sociedade da que, de súpeto, amosábase un considerable grado de complexidade. Pensade en que se trata, para a época, o Bronce Final, dunha instalación de alta tecnoloxía, escondida nun lugar remoto, e sen capacidade de subsistencia autónoma. Todo isto aconteceu moito antes dos castros tal e como nós os coñecemos -pero o abraiante é que ese lugar era un castro.
Pois ben, todo isto foi escavado rapidamente; durante todo o proceso, non se comunicou nada á comunidade local, nin á cientifica nin aos medios, sobre o que alí se atopou. Todo se mantivo en silencio, malia coñecerse perfectamente a relevancia do evento. Os responsables da Autoridade Portuaria, canda a Dirección Xeral de Patrimonio Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, tomaron a decisión de facer desaparecer o xacemento, de costas aos cidadáns, lexítimos propietarios e financiadores da escavación do sitio arqueolóxico, tanto da comunidade local de Arteixo como do resto do país. Nada disto se soubo. O cemento do Porto Exterior anegou rapidamente o lugar. Cando xa todo pasou, cinco anos despois, comezarán a aparecer as primeiras publicacións sobre o lugar. Que cada quen saque as súas conclusións sobre o motivo deste silencio.
Outro detalle do calibre deste silencio: a Autoridade Portuaria organiza visitas guiadas ás obras do Porto Exterior da Coruña desde hai varios anos, para amosarlle aos cidadáns o proxecto. Nunca as organizaron durante a escavación do castro.
Cinco anos despois, como mínimo hai que facer unha reflexión sobre a xestión política da arqueoloxía neste país. Sobre a ocultación, sobre unha xestión de patrimonio de despacho, sobre decidir sobre o patrimonio de costas aos cidadáns que o financian, sobre a dignidade da nosa Historia. O que aquí pasou foi terrible, propio do máis taimado construtor especulador; a diferencia é que foi financiado, silenciado e decidido por institucións públicas, que actuaron en connivencia para que o achado máis importante da arqueoloxía galega das últimas décadas non creara problemas a unha obra, o Porto Exterior coruñés, na que confluían numerosos intereses políticos, mediáticos e económicos. É un dos capítulos máis vergoñentos da nosa arqueoloxía recente, pero ninguén pedirá responsabilidades por el. E non se trata de decidir aquí, neste post, se o castro debía pervivir ou non, ou sobre que era o importante, se o Porto Exterior ou a primeira factoría fortificada da Idade do Bronce localizada na Europa atlántica. Aquí queremos horrorizarnos con este silencio das Administracións que actuaron en connivencia, sabendo que tiñan unha pataca quente nas mans, que decidiron sobre os bens públicos sen contar cos cidadáns.
A Consellería de Cultura manifestou a súa vontade de tentar reformar a Lei de Patrimonio do país. Desde Capítulo Cero, queremos aportar ideas para que a nova Lei evite que volvan producirse situacións coma estas. Que a lei incorpore o principio de publicidade, divulgación e libre acceso á información sobre todos os sitios arqueolóxicos escavados, na medida en que son bens públicos, dentro do exercicio da responsabilidade (e que se limite claramente ese exercicio a casos excepcionais). Que a Lei obrigue a elaborar informes públicos sobre os sitios arqueolóxicos antes de que estes sexan destruídos, para que todo o mundo sexa consciente do que se perde e se se debe perder. Que a Lei obrigue, de algún xeito, a vincular os sitios arqueolóxicos coas súas comunidades locais.
¿Aprenderemos algo deste drama da nosa cultura?

Nom acredito no que remato de ler. É de xulgado de garda, de fiscalía de patrimonio, é o conto que nom remata nunca. Um asasinato-execuçom legal! Gracinhas pola informaçom (agradeceríache o pdf “¡¿andaluz?!”, qué passa, tenhem medo a publicalo na Galiza…). De todos os xeitos se está Cano Pan polo meio (alcumado “Can-antropus” na faculdade de historia de Compostela onde deixou moitísimos “amigo@s”…) entóm todo é de crer (ver A Mourela…). Os cartos e a prepotencia sem escrupulos campearám niste impaís namentres nom amemos o nosso como parte do Adn histórico dum pobo que merece o seu passado e nom iste presente de mediocridade, cobardía (bendito sexas!) e desleixo da reserva arqueolóxica atlántica europeia (Figueira Valverde dixit). Umha forte aperta e grazas antecipadas polo pdf.
Magnífico!
Puntualizo unha cousa: as relacións comerciais por mar, co Sur e co Norde, e intensas, existían. Malia que lle pese a algún nihilista, Galicia era un centro de produción e exportación de bronce (grazas ao intercambio do estano local co cobre do sur) dende o segundo milenio, e iso evidénciase nos numerosos depósitos de machados como o de Samieira, posiblemente dispostos para alixar. O verdadeiramente interesante é descubrir un verdadeiro emporio industrial, cun grao de especialización do traballo que está a falar dunha sociedade verdadeiramente complexa.
O porto exterior era unha obra dubidosamente necesaria e moi contestada antes de que pasara o do Prestige, pero despois daquilo axiña nolo meteu Aznar dobrado naquel plan Galicia coa complicidade da Coz de Malicia. ë unha obra cun custo brutal para un proveito ridículo, que ademais compite co porto exterior de Ferrol, a un tiro de pedra, e igualmente mastodóntico.
Ante eses intereses, qué importa un castro? A arqueoloxía “de xestión” hai tempo que me dá noxo. Noxo pola desidia, a falla de apoios e de medios, a fatuidade de moitos compañeiros de profesión, a ausencia de obxectivos, de políticas e de ideas, a ignorancia, o conservadurismo, o pasotismo, o apoltronamento, a impotencia, a sumisión a quen paga, a incomprensión social, a incapacidade de comunicar, e o baleiro existencial.
Por certo, eu tamén quero o pdf!!!
qué triste,qué patético que nos roubem deste jeito, que destruiam a nossa história ás caladas.
Si, é tremendo. Padín, puntualizar unha cousa á túa puntualización ;-) O que quero subliñar é que, polo que eu sei, e polo pouco que aparece no pdf, no castro da Punta de Muros non se atopou punicada ou materiais mediterráneos de ningún tipo. É dicir, o comercio na época existía, pero a escavación non pareceu revelar conexión entre o mundo mediterráneo (onde si existían emporios deste tipo) e este lugar. É dicir, o intercambio, a transacción, facíase nalgún outro lugar, e a administración desta “factoría” parece plenamente indíxena, o cal complexiza efectivamente as cousas no sentido que ti dis. É dicir, algo fascinante.
Aínda que non se produciu, tamén quería avisar dunha cousa antes de que se produza.
Quero reiterar que podo entender calquera indignación, pero pregaría que os comentarios sobre esta historia se manteñan dentro dun estrito respeto ás persoas. Son criticables os feitos. que coñecemos e están verificados, pero para que estes posts funcionen como denuncia e reflexión colectiva, non poden converterse en focos de ataques anónimos ás persoas, nos que comecen a aparecer cousas raras sobre fulanito, meganito, ou denuncias de accións que non se poden comprobar ou que eu non podo comprobar. Xa me entendedes. Pregaría que nos ativeramos aos feitos concretos de Punta Langosteira. Non quero que ninguén descalifique este post por esas cuestións. Que se atrevan a facelo polos feitos.
Outro tema que pensei, como parte desta película de “horror arqueolóxico” é que, o tremendo de todo isto, é que se a Autoridade Portuaria envía unha nota aclaratoria, o que farán é reiterar a legalidade do procedemento, o tema do futuro centro de interpretación no que van fundir unha pasta e botarlle a culpa da avaliación e da destrución aos técnicos que aprobaron a “liberalización” dos terreos. E iso é o terrible: como o sistema de protección do patrimonio que construímos na autonomía non vale para nada, e como ninguén se responsabilizará sobre esta cuestión.
Por desgraza, non creo que disto aprendan nada os que deberan. Nós, aprendemos unha vez máis que a clase política que nos goberna está vendida, é ignorante, descoñece e despreza o país que lle dá de comer, non ten o máis mínimo interese polos cidadáns nin pola súa historia… Grazas Manolo por non participar nese noxento silencio dalgúns “científicos”.
A min o que me gustaría saber, en este caso coma en outos, é que teñen que dicir as persoas que traballaron directamente na excavación do xacemento, claro que hai que esixir responmsabilidades a os xestores da administración, politicos, altos cargos, técnicos, etc., pero… e a responsabilidade individual dos profesionais da arqueoloxía que alí estiveron traballando, e non digo so a da empresa nin a do director da excavación, que tamén, estoume a referir a todos e cada un deles que son todos xente con formación e que saben perfectamente o que teñen entre mans, e as cousas pasan como se ninguén estivese polo medio, ou e que alí os que estiveron excavando foron o Conselleiro, o Director Xeral e o Presidente da Autoridade Portuaria?; falo da responsabilidade que teñen os arqueólogos que alí estiveron, non se nos esixe a todos os profesionais cada un no noso ámbito sexas médico, cociñeiro ou conductor de autobús?, por que nestes casos a eles nunca?, por que so a politicos e altos cargos técnicos, pregunto?
Unha puntualización: a autorización e seguimento deste proxecto non dependeu da Dirección xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, senón de Madrid, da Dirección general de Bellas Artes, e a arqueóloga responsable desa tarefa foi Mª Dolores Fernández Posse, xa finada. Obviamente a ningén se lle escapa ao trasfondo da cuestión, pero antes de guindar acusacións tan graves cómpre informarse ben antes.
Xurxo, pola miña banda modifiquei no post Patrimonio por Belas Artes e fago constar a modificación.
Facendo un esforzo pra cumprir o seu pedimento de mesura, evitarei ciscarme en todo canto bule. Agardo que a troco, teña a ben enviarme un deses PDFs andaluces pra seguir a coñecermos en castelán. Xa lle envio unha mensaxe.
É curioso que xa dende tempos remotos, todo concernente a historia da nosa terra estea envolto en misterios, deslembranzas e ocultamentos. Tanto ten que sexa de épocas antiquísimas, de feitos do século XIX ou do que pasoi antonte. Dende o río do esquecemento, o ataque lostregante de Julio a Brigantium e así ate Punta Lagosteira en 2005 e as que che roldarei moura miña…
¿seremos herdeiros dalgún castigo mitolóxico ou será unha tara xenética?
Coma sempre, parabéns pola súa labor.
Ola, agradecíache que me enviases o pdf . Impresionante o contido e a significación do castro, e lamentable que por enésima vez se comprobe que as institucións públicas diste pais, en vez de defendernos, arrasan con todo.
Apertas,
Cástor
Eu moro en Arteixo desde hai dous anos e recentemente, animado polos teus posts, comecei a visitar os castros da zona. A verdade é que no val do río de Arteixo había varios castros orientados de tal modo que uns ben vían os outros, así que talvez formasen unha comunidade máis ampla con especialidades produtivas, non? Se a troca de produtos se producía entre lugares distantes da península, que non farían no mesmo val ou na mesma bisbarra? Habería “feiras” periodicamente onde eses ferreiros dos que falas vendían ourivesaría e ferramentas de labranza?
Polo visto todo estaba máis avanzado do que os restos analisados confirmaban.
Seica se abriu a “veda”. Xa podemos falar máis abertamente do que levamos anos falando ás agachadas. Falta que por fin se publique a memoria, agora que xa están as obras camiño de remataren. E os estudios posteriores.
Outra pequena reflexión. E, como sabes, estando dacordo cotigo, vou facer de avogado do demo: Como dis a oportunidade de excavar un castro en area de maneira completa (1ª vez na historia da arqueoloxía do noroeste en canto a este tipo de recintos) “case” compensaba a súa segura destrucción. Máis sendo un tipo de asentamento (o castro costeiro) bastante abundante.
O que, polo que escoito, non contaban era con atopar o que atoparon. E aí estáche a cuestión. Quizáis se non fose “tan especial” tería habido máis información.
E esto non acaba máis que empezar. O que non sei é canto desto chegará ó “gran público”.
E espera que non acabe desparecendo tamén un dos enterramentos tardo-romanos máis grandes de Galicia (máis de 30 tumbas en varias ringleiras), que está a só uns poucos metros do innecesario porto. Xa vedes que esa zona de Suevos e Rañobre sempre che tivo moita actividade.
Zona “industrial” hai 3000 anos, e zona industrial na actualidade.
E por certo, que tes algún/ha lector/a que deixa os seus bos comentarios que tamén che sabe algo do tema este do castro do Cociñadoiro/Punta de Muros/Langosteira, ou como carallo queiran chamalo.
Buuuf. Síntoo. Ó final deixei outro comentario-sábana.
Don Manuel esta tardando (aljo) en enviarme o pdf.Vemonos.
Pido disculpas por poñer nomes a vellas pantasmas que non o merecen. A verdade é que dubidaba, pois sabía que os portos do Estado (Vigo, Marín Vilagarcía, A Coruña, O Ferrol) son enclaves madrileños neste territorio praticamente impermeabeis coa administración indíxena. Iso tamén dá que pensar: A Xunta non puido facer nada? nin elevar unha protesta?.
Pídoche, Manuel, que apagues as mencións nominais do meu comentario. Penso que non eran ofensivas, tan só erradas, pero non quero, como ben dis, remexer onde non hai.
Boas
Primeiro agradecerche o (tristemente) impresionante, pero ben necesario, exercicio de clarificación.
E segundo, solicitarte o pdf e preguntarte se sabes se é de coñecemento da prensa.
Apertas e parabéns polo teu traballo.
Gostaria de que me enviasses o pdf, por favor. Obrigado por contares esta história triste. É incrível e indignante que podam destroçar o nosso património sem pagar polos danos causados…e mais num caso tão valioso coma este.
Que vergonha.
O máis grave é que non se tivera publicado antes o resultado das escavacións dun sitio arqueolóxico desta importancia. A sua destrucción podería compensarse cunha boa publicación, aínda que é unha mágoa que se destrúa un sitio arqueolóxico para construir unha obra tal inútil.
Impresionante documento, felicidades polo teu traballo e pola decisión de facelo público. Pois eu creo que á xente sí lle interesa sabelo e ademáis hai que romper dunha vez por todas coa idea de que para avanzar debemos pasar por riba de todo. Hai moitos exemplos en Galicia de feitos que exemplifican que os galegos, mal que me pese, ou somos de miras moi curtas ou temos uns políticos que nos consideran así.
Padín, fixen a edición dese comentario. Xa me comentarás se é correcta. Eu tamén pequei o mesmo. Non me decatei de que o litoral é dominio de Costas e, polo tanto, do Estado.
Clarificar que eu non fun quen o fixen público. O responsable actual da investigación sobre os materiais foi quen publicou os datos nese libro ao que me referín no post. O que eu fixen é chamar a atención en Galicia sobre o asunto e dar a miña interpretación sobre a relevancia do lugar.
sí que é terrible…, unha única puntualización, ata onde eu sei, que non é moito, as casas de planta rectangular sí existían nos castros galegos e son tras o contacto cos romanos, non çe así?
O curioso do asunto é que so se opuxeron activamente a este proxecto os mariscadores, seguro que os antergos actuaron a traves deles para defender a historia.
buuuufffff!
Tamén, manda carallo, os habitantes dos castros de antes e aldeas sen forticar de hoxe que alí che hai, aturando os fumes e a contaminación da producción “industrial” dende hai 3000 anos.
Por non falar da ubicación do castro. A ver, ¿quen mandaba daquela?. Seguro que houbo cazo, como agora, ou escuros intereses políticos. Por non falar de recalificacións deses terreos para aproveitamento daqueles ferreiros (ou mellor chamalos ¿”bronceiros”?).
¡¡Que se investigue xa!!. E se depuren responsabilidades.
Seguro que dentro doutros 30 séculos van atopar documentación que incrimine a certos empresarios políticos actuais. Entón vailles caer o pelo :).
Tento responder a Carlos: as plantas das cabanas dos primeiros castros (digamos que da primeira metade do primeiro milenio a.n.e.) tenden máis ben ao polimorfismo. Non hai moitos castros desta época escavados, pero en Torroso, (Mos) hai plantas ben churris.
As cabanas rectangulares asócianse á presenza romana en tanto en canto se adaptan mellor ás cubertas con tella (que é romana, ou de inspiración romana), pero de aí a facer unha relación directa e exclusiva casa rectangular=presenza romana queda un camiño aínda.
O que tampouco sei é de qué época son esas cabanas (hai varios momentos de ocupación). Haberá que ler a memoria, cando saia.
As Autoridades Portuarias é un deses refuxios de natureza pública onde o poder privado campa ás súas anchas, acobillo de poderosos sen escrúpulos que sen excepción se venden ao mellor postor. Non sei cal é o papel dos técnicos, de todo haberá, pero cómpre cando menos deitar unha sombra de dúbida sobre o seu proceder. Ninguén está obrigado a ser mercenario.
E o problema é político. Porque os partidos políticos empregan esas plataformas de intereses para se lucraren e cobrar e pagar favores. Deles é a principal responsabilidade ante a cidadanía.
Só así se pode comprender xa non este atentado histórico senón a aberración técnica, política e económica que supón a construción do Porto Exterior da Coruña, nunca clamorosa competición contra o Porto Exterior de Ferrol, mellor situado, máis económico, máis rendíbel. A só 20 Km de distancia!
Pero aínda nego a maior. Unha dos maiores paradoxos cando non o maior cos que se pode atopar un/unha habitante desta terra é a privatización do litoral, e aínda por riba que haxa anacos da costa que os rexan entidades anacrónicas como as Autoridades Portuarias, e que no caso das zonas máis importantes do punto de vista demográfico e paisaxístico esas autoridades respondan a un poder político externo a Galiza.
A nosa terra é nosa e non de Fenosa (?). Pero o noso mar, a nosa costa, de quen é?
Eu tamén querería o PDF. Obrigado por tan necesario artigo.
a ver se es quen de enviarme o pdf lescamposines@gmail.com
Son dos que pensaba que o castro se estaba a conservar e excavar. Non podo crer que ninguén fixera nada pra evitar a desfeita. Como se pode permitir rematar cun castro? En que merda de sociedade vivimos que a hitoria, os nosos antergos, non valen nada?
Todo isto foi un erro. Os responsables serán sinalados e como todo ao fin faraxe a xustiza e poñerase a cada quen no seu sitio. Imos ter un deserto de formigón que non serve pra nada e preguntaremos porque non temos aos nosos antergos a súa memoria?
Lémbase do señor Lobo de Pulp Ficcion? Pois ese é o modelo de intervención que boa parte das nosas administracións lle atribúen ás excavacións arqueolóxicas: déixalo todo limpo, inmaculado, para poder seguir co negocio que os convoca.
Segundo me di un amigo normalmente ben informado, antes de inicarse as obras do porto exterior, terían gardado todo isto nunha nave da Autoridade Portuaria. Custame creelo, pero pode ser que respectaran un pouco do que alí atoparon.
Tamén prometeume enviarme esta noite unhas fotos das excavacións. Estaréi encantado de compartilas con todos vos, así como de publicalas no meu blog. Canto máis aireemos este tema, máis terán que pensarse as cousas os responsables de semellantes atrocidades arqueolóxicas, históricas e futuras.
Grazas por contarmos este triste asunto.
Aquí hay un artículo de La Opinión de A Coruña que informa sobre el desaparecido “Castro Cociñadoiro” confirmaría la idea de que la Autoridad Portuaria tendría guardado todo para su posterior exposición pública.
Bo traballo.
Sabíamos que todo o que se atopase nas futuras obras dos territorios do Concello da Coruña e bisbarra tiñan os dias contados. Para nós é unha verdadeira sorpresa.
Mais as preguntas sóannos de novo ante unhas premisas que xá calculábamos: porqué queren ocultar a nosa historia que dende o bronce (que xá neolítico) fixera evolucionar a sociedade no noroeste peninsular ate chegar á enorme e avanzada cultura das Trebas Galaicas?
Prégoche mandes o PDF. Moitas grazas e no nome no povo galego e da Liga Céltiga Galaica, moitas grazas por estar ahí.
Manolo Camba Gayoso
O meu pésame aos devanceiros :-(
Mirade Calaix. É outra actitude, outra forma de estar. 1756 memorias 1970-1991 e estan engadindo, pretenden chegar ás 3000 a finais de ano.
E mirade Coalición Proacesso e Acess Info. A ver si entre todos podemos empuxar o carro.
A lexislación en España non é mala de todo, o problema é que a pasan polo forro dos c… e iso non ten consecuencias. A lei de procedemento administrativo, básica en todo, é incumprida sistematicamente, e non pasa nada.
Fáltanos activismo, do real e non do de twitter.
Xotengo, como indico no post, algunhas estruturas do xacemento se gardaron para reconstruírse nun centro de interpretación da área.
Como digo, de todos os xeitos, o feito de ser debía ser preservado ou non é outro debate, se cadra máis técnico, e no que cadaquén terá a súa opinión e a decisión da destrución ou non debe ser calibrada.
O que eu critico é que a escavación foi levada en sumo silencio, e o pobo -ao que pertencen estes restos, que non eran catro furados de poste, senón un importante fito na prehistoria do país- non tivo acceso, en ningún momento ao que alí había. A decisión da destrución foi tomada en Madrid. A falta de mínimo respeto á comunidade local foi terrible.
Coincido con simplicissimus en que é necesaria outra actitude. O de agora é tremendo. Que envexa isto de Calaix!
Manuel : pídoche permiso para deixar un link desta páxina no meu perfil do facebook mais unha “recensión” que quero poñer e dí así:
Manuel Gago publica un post sobre a existencia e destrucción dun centro
metalúrxico do bronce final-Ferro I.
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/11/03/o-drama-historico-do-porto-exterior-da-coruna/
Unha laboura periodística asombrosa por parte do que me atrevo a chamarlle xa o sen ningunha dúbida meirande protector e divulgador do patrimonio galego que coñezo. Dende aquí a miña noraboa pola inxente laboura informativa e pola axuda prestada á concienciación polo noso patrimonio.
Persoalmente penso que o xacemento de Punta Langosteira ten unha importancia capital no esclarecemento das rutas atlánticas da Idade do Bronce, é máis, opino que é un eslabón perdido na cadea de datos coñecidos, velahí a miña argumentación:
– O porto de Bares foi excavado e estudado por Federico Maciñeira alá por principios do século XX e publicada unha recopilación da súa obra alá polos anos 50, saindo hai uns anos unha edición facsimil a cargo da fundación Ortegalia. (Bares, puerto hispánico de la primitiva navegación occidental)
Pois ben: nese libro xa aparece unha colección de evidencias que apuntan a que o espigón de Bares tivo que ver coas rutas atlánticas hacia as illas británicas, despois fala ben das cerámicas campaniformes idénticas alén e aquén da costa e tamén de achádegos púnicos atopados (o que indicaría a longuísima duración da súa actividade).
-Os estudos de Barry Cunliffe (Atlantic Sea-ways:Barry Cunliffe; Revista de Guimarães, Volume Especial, I, Guimarães, 1999, pp. 93-105)
http://www.csarmento.uminho.pt/docs/ndat/rg/RGVE1999_005.pdf
amosan perfectamente a entidade, importancia e volume do tráfico marítimo entre os fisterres atlánticos, perfectamente respaldada polos achádegos no sul das illas Británicas e no fisterre bretón, mais non nas costas cantábricas da península porque o que se atoparon aquí foi unha criminal desfeita do litoral. Eses estudos británicos compleméntanse cos achádegos de áncoras pola costa atlántica lusitana.
-Por estudos comparativos entre os achádegos dos distintos fisterres insulares e continentales chégase a que hai un voluminoso intercambio marítimo no bronce inicial, que disminúe drásticamente e volta a coller
forza no bronce final, posibelmente (na miña opinión) relacionado coa crise do Bronce mediterránea (época das epopeias narradas posteriormente por Homero) na cal a escaseza do estaño pode xogar un papel fundamental como motor impulsor dos povos mediterráneos, principalmente dos púnicos, a entrar nas rutas atlánticas a achegarse ás fontes de estaño para abastecer a escaseza ben de estaño, ben de propio bronce manufacturado.
Con todo isto quero dicir que xa era coñecido de fai moito tempo que a Coruña xogaba un papel esencial nas rutas atlánticas (ver mapas de Barry Cunnliffe) mais faltaba atopar o achádego dese grande nexo, materializado segundo a miña proposta, nun grande centro de transformación metalúrxica, que xa non teremos oportunidade de estudar debido ás mostras da estima que ten a administración ó noso povo e a nosa historia (e á historia de todo o atlántico e toda a Europa Occidental, dito sexa de paso).
Dicir tamén que esa parte da nosa historia é fundamental para esclarecer as candentes polémicas de hoxe en día sobre cuestións coma o celtismo en relación co atlántico, despois de detectarse evidencias lingüísticas denominadas “hispano-célticas” ou “celtoides” polos lingüistas, tanto nas inscripcións do denominado ámbito galaico-lusitano como nas sudlusitanas ou tartésicas (Untermmann) e que semellan estar claramente relacionadas cos intercambios marítimos prehistóricos e os vencellos coas illas Británicas e os fisterres continentais (Tese de Barry Cunliffe da lingua franca para os intercambios).
Finalmente dicir que me semella candidato a porto de abrigo para as rutas marítimas atlánticas o castro do porto de San Cibrao, tamén criminalmente
destruido sen escrúpulos para edificar enriba.
Por outro lado o feito de NON se teren atopado obxectos de orixe mediterránea no castro non me parece demostrativo de nada, máxime se se teñen atopado noutros sitios coma o Neixón ou Bares e máis se se atende á cronoloxía do xacemento. Únicamente nos deixa coa dúbida (sería demostrativo que SI se encontraran, pero que NON poderíase argumentar sinxelamente dicindo que igual os había e pasaron desapercibidos).
O que sí sería grato de saber son as análises metalográficas, que hoxe en día son capaces de detectar polos aleantes a orixe xeográfica dos metais ou a sua relación con outras pezas coñecidas e ben estudadas.
Un saúdo e espero non terme pasado moito pola extensión do comentario.
Manuel, perdón, interpretei mal o artigo. Eu si que penso que estas cousas deberían ser preservadas íntegramente, pero como ben dis, ese é outro debate.
Ainda así, pasareiche as fotos.
Saudos
agradecido Manuel, creo que a nosa primeira necesidade é loitar contra o fatalismo
non ten porque ser así, non hai unha soa razón (confesable) para que sexa así
polo tanto, se isto sucede, é que serve a intereses, a veces tan miseirentos como a preguiza, a veces tan inquedantes como o capital privado
todos fundamentan o seu poder sobre unha premisa sen a cal non poden existir: o segredo e as súas fillas bastardas a desinformación, a falsificación e a impunidade
o problema é que iso sucede diariamente en todos os ámbitos e ten consecuencias catastróficas na economía e no benestar social
apertas, polo demais, produce certa vertixe, fascinio, imaxinar o ir e vir, a extracción do mineral, o tránsito polos camiños, os lumes acesos nas noites sen luz de hai miles de anos, as palabras das falas perdidas, o misterio do metal fundido, obrigado…
Grazas, David.
Foz, moitas grazas polo teu comentario! Direiche que máis ben son o maior matao do patrimonio galego. A ver quen me mandaba a min meterme nestas.
Xotengo, publicar unhas fotos sobre o sitio arqueolóxico serán un tema interesantísimo. Grazas!
Creo que xa lle reenviei o artigo a todo o mundo que mo solicitou. Se me quedou alguén atrás, prego que mo indique e reenvíollo.
Xa veremos o que nos envían, xa veremos.
Mira, eu vin as primeiras fotos da escavación hai bastantes anos. Estabamos un grupo e lembro a cara que puxeron uns cantos dos que alí estabamos, abrindo moito os ollos. Sobre todo, ao ver as cabanas esas alongadas. Estará ben ter un xogo.
Só queda o consolo de pensar que sen este innecesario porto exterior, quizais nunca saberiamos nada deste castro. Incrible o escurantismo desta gran descuberta. Eu ate recordo ler nalgún xornal algo así como que aparecera un castro nas obras (mesmo con foto das excavacións) pero tratándoo dun achado sen moita importancia.
En fin, unha vez máis, parabéns por todo o que nos deixas ver a través deste blog.
Ben, eu podo falar totalmente con coñecemento de causa, fun unha desas “técnicas sen escrúpulos”… non quero anoxarme porque comentarios deste tipo está claro que son debidos ao descoñecemento dos procedementos en materia do desenrolo da actividade arqueolóxica e para o que contamos cos seguintes textos en Galicia:
– Lei 8/1995 de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
– Decreto 199/1997 de 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o territorio dependente directamente de Madrid, dado que estamos en zona de costa e non están transferidas as competencias á Xunta, rexe a seguinte:
– – Ley del Patrimonio Histórico Español, 13/1995 de 25 de xullo
Nesta última citada o art.22 di que di (traduzo): “ calquera obra ou remoción de terreo que se proxecte realizar nun sitio Histórico ou nunha Zona Arqueolóxica (declarados BIC -ollo-) deberá ser autorizada pola Administración competente (neste caso Belas Artes en Madrid) para a protección de ditos bens, que poderá antes de outorgar a autorización, ordenar a realización de prospeccións e no seu caso, escavacións arqueolóxicas, de acordo co disposto no Título V da presente Lei”…
Polo tanto, todo o equipo que levou a cabo a intervención arqueolóxica cumpría estritamente a Lei, Portos tamén, contábanse con todos os permisos en base a un proxecto arqueolóxico, e si, non teñades dúbida, calquera obra de “interese social” está por riba do interese da conservación do patrimonio, sexa arqueolóxico, etnográfico, natural, paisaxístico…ou mesmo iría máis aló o particular. Pero o que é máis sangrante o proceso dende que se anunciou o megaproxecto levou uns cantos anos, sabíase que había un castro porque previamente se prospectara, sabíase que ocupaba a península… e quen alzou a voz de aquela?
De feito esta parte das críticas é abraiante, porque tódolos días o noso Patrimonio Cultural/Natural claudica ante as infraestruturas que nos traen un “progreso” do que ao parecer tod@s somos cómplices! Así que calquera afirmación que se faga ao respecto contra calquera intervención paréceme de unha hipocresía manifesta, salvo claro, que sexan activos ante os ataques indiscriminados desta nosa sociedade… se queredes unha causa (entre milleiros) aquí tedes unha: a espada de Damocles que está pendente de caer sobre unha das nosas fragas máis senlleiras: as do Eume, e todo por terse localizado un mineral escasísimo… tamén ides arrincarvos os cabelos ou ides dar o voso incondicional apoio?
Ben, debo matizar que a intervención en campo durou bastante máis do que comentas, pois estivemos (parte do equipo) deica NOVEMBRO, polo tanto case foi un ano completo de traballo, un intenso traballo, eficiente, aínda que por nós está claro que quedariamos outros 3 ou 4 meses máis, pero ¿redundaría iso nunha labor mellor? Poida que si, nembargante, dada a certa heteroxeneidade de formación do equipo puidemos constatar precisamente elementos que hoxe en día nunha intervención de outro tipo poderían terse obviado, non por mala praxe desas outras, senón porque ao ser aberto en área había singularidades que salientaban no conxunto, o traballo metalúrxico que se describe no artigo é consecuencia directa deste traballo pormenorizado (aí tedes a foto dos “goteróns” que semellan grandes pero na realidade non o eran tanto… e vímolos!).
Como o serán outros elementos dos que dará boa conta a MEMORIA da intervención próxima a saír. Unha memoria que dada a cantidade de información precisou dun minucioso estudo, como se comprenderá cando estea ao alcance de tod@s, pero tamén vai ser un castro que vai dar a ocasión de realizar (seguramente) estudos relacionados, que no caso de non ter sido escavado nin tan sequera pensariamos.
Conservar: vale, oxalá, volvo dicir, numeroso Patrimonio está sucumbindo ante o imparable avance do NOSO PROGRESO. Oxalá o castro aínda estivera, eu ademais de formar parte do equipo técnico son “arteixá indíxena” xeracións e xeracións de antepasados meus habitaron aquí… moi comprometida co Patrimonio, ca conservación e divulgación, dóeme a falta de imaxinación das Administración para manter e desenrolar unhas actividades tanto económicas como culturais, estou segura que incluso sería unha boa fonte de emprego… pero temos case o que nos merecemos. No seu momento NINGUÉN se ergueu contra o PORTO salvo “4 iluminad@s” cóntome como unha delas, así o manifestei presentándome a unhas eleccións municipais, pero TODO Arteixo dixo case unanimamente “amén” VAI SER BO PARA ARTEIXO, a pesares de ter a poucas millas outro portento de porto…así que calquera crítica que fale da falta de ética da equipa debera coidarse, máis ben todo o contrario, fixemos o que había que facer: escavar con criterio, con profesionalidade.
Todo é mellorable, pero esta aseveración só é posible tras a experiencia, eu agora podo dicir aquilo de “hoxe teríao feito así…” isto chámase “experiencia”, sempre en todas e en cada unha das intervencións, se non se é un espírito compracente, hase dicir, manter un espírito construtivo é bo, agora denostar por denostar, non.
Non admito a crítica cara o director da escavación Juan Cano Pan, cando non se sabe por que presións debeu pasar, non a admito só porque incluso na propia facultade teña adversarios (creo que é a tónica xeral… así que se queredes investigade por aí a ver que cabeza é quen de aguantar sobre o seu corpo) paréceme trasnoitado, hipócrita, vano, inútil, sobre todo dunha falta de educación cara outras persoas que non acado comprender.
Por exemplo eu non estou de acordo con Rajoy, nembargante non vexo a necesidade de insultalo malia me pareza unha malísima elección como Presidente, ou que Zapatero teña ido en contra d@s traballadores… ou en contra da Cultura… (Lei Sinde) oféndenme moitas cousas neste mundo noso, falta dunha seguridade social universal, ataque contra os dereitos Humanos, as guerras, o “neoliberalismo” a globalización, o ataque á nosa lingua… pero ou comezamos a criticar con educación e boa dose de constructivismo ou a ver onde imos parar…
É criticable a actitude da Autoridade Portuaria, ca que nin comulgaba nin comulgo, pero a pesares de ter saído nos medios daquela información sobre os traballos arqueolóxicos, ninguén puxo unha “pica en Flandes”, os medios tampouco fixeron a súa labor… a sociedade non cumpriu…
Hoxe en día boa parte do territorio arteixá está sendo furado, violado (si), apareceu unha importante e interesante necrópole (tamén grazas -e por desgraza- ás obras do Porto) alguén di algo???? Non alí está a podrecer, unha impresionante necrópole, e que pedimos en Arteixo?? Que parte do 1% sexa empregado para… farolas, un local social en Suevos… e catro idioteces máis do estilo! NON ESTAMOS PREPARADOS nin a sociedade nin as administracións, @s profesionais vémonos atacados, Hai para tódolos gustos: tanto nos din que pasamos de todo, como mesmo que freamos obras e o progreso!!. Vivimos nunha sociedade esquizofrénica, ou polo menos bipolar que pasa dun estado a outro case sen mediar un momento de reflexión.
Magago quédome coa túa frase final: ¿Aprenderemos algo deste drama da nosa cultura?
Mónica Montero Borrazás,
arqueóloga e restauradora
Vogal na asociación Monte da Estrela
veciña do concello de Arteixo
Xa tardabas Artabris. E honesto e transparente o de poñeres o teu nome. Non como certas administracións. Falamos nos próximos días.
Os que sabemos das túas raigames arteixás queremos que nos expliques ata onde chegan. Porque eso de terdes antigas minas de estaño nas terras familiares éche un tanto sospeitoso :).
Na Galiza há arredor de 3000 castros (tenho lido cifras de 2000 a 5000) supostamente 1 x parroquia ou mais, sumandolhe o megalitismo, bronce e época medieval fai q resulte quase imposivel cavar sem atopar nada; na minha opiniom o porto exterior é algo bo para a comarca assim coma para toda a Galiza; o controlo dos portos debería estar em mãos da “Xunta” e debería ser prioridade reclamar o traspasso destas competencias.
Mais voltando o fio do post; quero sinalar como no caso das muralhas (de vai 300 anos nom quase 3000 coma o caso de punta langosteira) paralizarom-se as obras do aparcamento subterráneo, a pesar de que foram os cidadans os que votaram positivamente o seu derrube como símbolo da entrada da cidade na “ilustraçom”. Mentras tanto no castro de Elvinha as obras estám paralizadas e a entrada o mesmo fica imposibilitada por umha verja metálica (anterirmente nom se podia acceder pq estaba soterrado baixo 3 metros de silvas) q só é aberta num horario absurdo (é dizir em horas e dias na q a xente está trabalhando)estando a croa deturpada x umha “fermosa” torre eléctrica de alta tensión. AS AUTORIDADES IMPORTALHE UM CARALHO O ESTUDO DESTE PERÍODO; é mais coido q prefirem ocultalo.
Botondo umha rápida olhada o panorama dos castros nacionais vemos que:
-Sta Trega: umha citania enorme rachada x umha estrada de duplo sentido e coroada x torres telefónicas; os restos arqueológicos atópanse moi danhados e os muros em malas condições de conservaçom, está cheio de lixo.
-San Cibrao de Lás: Outra citánia emorme que debe ter excavado um 10% como moito da sua totalidade; está cheio de lixo.
-Sam milhão: enorme citania semiexcavada debaixo dos toxos e xestas…
-A Granha (Toques): umha toxeira a medio excavar.
-Fazouro: um barrio de 7 casinhas e um patio empedrado excavado… as lages andam “arrebolos” polo xacemento adiante.
-Castros de vilar e da Torre no Courel… som inaccesives e estám quase destruídos; nom te das conta de onde estám ate que apartas as xestas e ves o muro…
Estos som os que eu tenho visto, e assim estabam; tenho entendido que o de Baronha está cheo de merda LITERALMENTE.
Por outra banda vejamos as “reliquias” romanas:
-Muralha romana de Lugo e Torre de Hércules: Patrimonio da humanidade.
-Aquis Querquenis: conservado bem (ainda que se inunda durante o inverno) tem um centro de interpretaçom de grandes dimensiões…
-Ponte Bibei e Ponte do freixo: em perfecto estado de conservaçom.
-Banhos públicos, Lugo: Perfetos…
-“Vilae” romana de Río Caldo, Lobios: perfecto estado…
-Sta Eulalia de Bóbeda: mais do mesmo
É mais no castro de Santo Tomé em Ourense so se excavou na área romana; o asentamento castrejo está moi deteriorado; em Cambre, Crunha outro tanto… os banhos romanos formo trasladados quando se pretendia edificar sobre eles; isso sim medio castro (a uns 300m) foi arrasado por umha estrada sem saída e a escola; o que resta atópase debaixo dum eucaliptal e um campo de patacas…
E conheço mais cassos… o tratamento q se lhe dá a riqueza arqueolóxica indíxena é UM PUTO DESASTRE neste país; se a Galiza estivera em Irlanda (por ponher um exemplo de conservaçom e usso como atractivo), o estado se lhe fazía o cu “pesicola” mais aquí fica coma algo inservivel e a esquecer.
Que pena! Probablemente poderían coexistir perfectamente este polígono industrial de hai tres mil anos e mais, de se empeñaren, o duplicado porto exterior do Golfo Ártabro. Pero, así e todo, preocupáronse de que non fose así. Francamente, dá que pensar.
Acaso se trataba de ocultar que existía daquela, na noite dos tempos, ou se cadra antes, unha industria atlántica coetánea capaz de competir en capacidade produtiva coa da superdesenvolvida civilización mediterránea, en contra do que di o conto que nos venderon dende sempre? Non, non pode ser. Non pode ser que sexan tan retorcidos, non? Ou se cadra si?
En todo caso, o importante do tema, á parte da animalada e da aldraxe dos que tomaron a decisión de liquidar o castro (“un castriño menos, que máis te, non?”) sen dicir nin chío e ás agachadas, é que velaí temos unha proba máis da existencia, moito antes de Roma, dunha sociedade no noroeste peninsular quen de fabricar tecnoloxía punteira e de exportala a media Europa, a occidental e atlántica, onde seguramente aínda existan a día de hoxe obxectos “Made in Galicia” soterrados por todos os recunchos. Que non é pouco.
Por favor, Manolo, aínda estou a tempo de recibir o PDF?
Grazas por escribir e polo longo texto, Mónica, que achega novos elementos interesantes ao debate.
Coido que o que comentas non altera o sentido do post, senón que o complementa. Efectivamente, a reacción previa á escavación por parte das xentes de Arteixo ou da contorna da Coruña foi mínima. Pero volvemos a un vello debate. ¿E como agardariamos que tivera sido? Como ben sabes, neste blog non gostamos de dividir o mundo en bos e malos, en botarlle a culpa de todos os males á administración e crer no ‘bo indíxena’: a sociedade contemporánea é máis complexa.
Pero vimos de onde vimos. Cando eu estudei no instituto o meu profesor de Historia, o benquerido Paco Pedro, estremeño, mecanografara catro folios de Historia galega porque lle daba vergoña que nos manuais a Historia de Galicia case non existira. E iso tampouco foi hai tanto (como me engano). Na cultura popular deste país sabemos cal é a función do patrimonio en relación ás obras públicas. E por iso mesmo, é preocupante que non se tivera previsto explicarlle aos cidadáns a relevancia do achado cando se foi sabendo que aquelo pintaba raro. O traballo de concienciación do patrimonio pasa, como ben sabes, por explicar, por ver, por ensinar e por cooperar e colaborar: todo o mérito e agradecemento para os que andades metidos nesas tarefas. É un traballo lento, fatigoso pero, e isto é importante, creo que acaba conseguindo resultados positivos. E temos exemplos por todo o país. Pero insisto, o raro sería o contrario. Nos vindeiros días/semanas contarei a historia dunha comunidade rural que se comportou ao revés, defendendo o patrimonio, pero non polo interese na súa memoria, senón porque a canteira que querían construír “ían encher as fiestras de pó”.
¿Deberían terse preocupado os cidadáns de Arteixo pola destrución do castro? Por suposto. ¿Teríanse preocupado máis, ou moito máis, se se lles tivera explicado que é o que realmente se iba destruír cando se comezou a saber? Xógome algo a que si. E non hai máis que ver as reaccións a este post para decatarse diso. Porque o problema non sería só Arteixo; estou convencido que a cousa chegaría mesmo ata o Parlamento. Se a xente non sabe, non pode reaccionar. Teríame gustado saber como reaccionaría a cidadanía galega se a xente dispuxera desta información antes da destrución do castro. E creo, Mónica, que non nos ía defraudar.
Obviamente, iso sería un problema para o Porto Exterior da Coruña.
Por favor me podian indicar si es posible encontrar este documento en castellano o alguien lo podria traducir, muchas gracias
Eu pódovos contar moitas desfeitas no noso patrimonio histórico como aqueles petroglifos que desapareceron porque “era unha boa pedra e aproveitámola para facer o cimiterio novo” ou aquel castro arrasado para facer unha plantación de pinheiros en él. En fin, a conclusión a que tenho chegado hai tempo é que o noso patrimonio está abndoado á sorte da ignorancia e a midiocridade máis negra.
É unha magoa, é lamentable, e parece que polo de agora a cousa non ten arranxo… ¿o si? Quero copia do pdf, por favor.
Muchas gracias a todos y sobretodo a ti, Manuel, por la información que aquí ofrecéis. Es realmente interesante. Ahora queda reflexionar sobre todo lo que aquí se cuenta y actuar en consecuencia por el bien de nuestro pasado, presente y futuro. Un gran saludo desde la capital.
Por favor envíame el pdf, muchas gracias.
Si, Mónica… non o querías matar pero cando te escolleron para o pelotón de fusilamento… matáchelo. O teu discurso é fermoso pero fáltalle coherencia e fai auga por todas as fendas: “Lo maté porque era mío”. O castricidio do que estamos a falar fíxose polo legal, como as execucións nos USA e non por elo son xustificables. A Lei, por estar escrita, non implica verdade absoluta. A defensa do progreso moitas veces é un retroceso (un feismo ético da pior caste, unha rendición ó “total, morrer vai morrer…”. Non, Mónica, con todos os respectos, a túa actuación non ten xustificación posible. Nin, por suposto, a do teu xefe (curiosamente especializado en arrasar xacementos: Mourela, Mourela… o círculo enganoso!). Nin ise Estado Español ó que lle chepas parte da culpa (a culpa é nosa por aturalo 500 anos a nos colonizar en todos os sensos da verba). Non che discuto que o localismo ten parte da culpa de moito do que pasa nista minguante nación galega nosa. Pero, Mónica, o colaboracionismo co enimigo non ten xustificación posible agás esquizofrenia ou remorsos de mal cumpridor. Rematando, grazas por intervir (xesto que te honra) pero fixéchelo tarde e apelando ó “cumplía órdenes” tan característico dos que pensan co bandullo antes que co corazón e a mente. Con todo, que te sentiras aludida coas críticas amósate humana, e os humanos somos máis humanos cando recoñecemos os nosos erros. Coidado coas compañías e unha aperta sinceira dunha amiga.
Velaquí vai o meu cuarto intento de comentario. Xa queda pouco por dicir; fundamentalmente, que comparto a opinión de que mentres se siga a confundir progreso con grandes obras, pouco lugar vai ter a conservación do patrimonio, e do entorno en xeral, entre outros problemas derivados da xestión política baseada no forigón.
Amiga Mónica, moi interesante saber o seu punto de vista, xa que de todos vostede foi a única que estivo alí ou cando menos é a única que o di, con nome e apelidos, estea ou non deacordo eu queria saber o punto de vista de quen alí estivo e que foi o que aconteceu, gracias. Por outra banda non me parece de recibo hoxe en día o discurso victimista e un tanto reaccionario, pero se se quere moi en liña Tea Party, de 500 anos de colonialismo, colaboracionismo co inimigo, esquizofrenia, etc. asústanme eses argumentos, creo que non deberiamos facer caso, síntoo amigo Brañas, eu creo que así non vale.
[Carragem] “Alguêm/algo” virá que ponha umha pouca de ordem neste pais-colónia-manicómio ou já nunca teremos remedo?
Que deveriamos fazer os que temos conciência do que se está a passar?
E pergunto: nom foi possível artelhar algumha oposiçom popular e/ou legal contra esta desfeita por parte da gente que conheciam o caso?
Mais um castro que caiu. Mais um anaco da nossa História que desapareceu … e vam quantos?
Aqui nem se pode, nem se quer conhecer a História remota, nem tampouco a recente: desmemória, desmemória, desmemória nesta banda do rio Leteu ..
e o que nos predicam os fascistas-arribistas que nos governam e o povo ignorante que os vota.
Por vezes uns quantos desejaríamos que caisse uma bomba nuclear de vez e o enviasse tudo para o caralho, en vez de termos que padecer esta lenta agonia..
O importante é sacar á luz este tema, que se saiba o que alí había e que se tentou ocultar. Non veñen a conto as descalificacións a unha persoa que nos conta aquí, de primeira man, o que se fixo no castro. Agora o que toca é poñer en valor o que se descubriu grazas a esta absurda obra.
Seguramente en la península de A Coruña existiese un establecimiento metalúrgico similar, habrá que buscarlo. Puede ser el origen de Coruña como asentamiento urbano. Situaría Coruña como una de las ciudades más antiguas de Europa Occidental junto con Cádiz. Se subestima demasiado la presencia fenicia en Galicia, que debió ser muy importante. Quizás en el entorno de Corme, en Balares y Barizo encontremos un yacimiento similar vinculado con la metalurgia del Bronce. Cualquier saliente rocoso de la costa norte de A Coruña puede albergar un yacimiento de este tipo.
Mirando algúns xornais de hoxe , xa nos ímos dando de conta de onde están os verdadeiros xornalistas actuais , nos blogs .
Permitídeme que vos diga, así en xeral e sen sinalar a ninguén, que non deberíades misturar moito a política. Por exemplo, que haia dous, tres ou dez galegos que se sintan “colonizados”, non significa que a imensa maioría non nos sintamos galegos e españois con total naturalidade, e ben orgullosos de selo ademais.
Por outra banda, artabris de seguro que nos pode falar do número de castros que hai no concello de Arteixo, da súa potencial riqueza, castros que non están escavados Lamentablemente estamos en crise, e se nos de bonanza económica non se estudaron os xacementos, imaxino que agora non toca ¿Algunha solución? ¿As universidades ou o CSIC fai algo? ¿Non son tamén un pouco responsables da desfeita?
Giannini, sem ánimo de polemizar, umha cousa é como umha se sinta (subjectividade) e outra onde umha está situada (objetivamente). Eu me sinto colonizada e os factos, examinados com rigor científico parecem dar-me a razom (com todas as matizaçons que se queiram fazer ao término colonizaçom, colonizaçom interna, etc,etc). Com o de “espanhol” outro tanto. Muitas de nós temos sido no passado também “tam espanholas como galegas” ou mesmo “só espanholas”…e mira-nos agora como estamos…perdidinhas….
Também no passado a Terra era plana e queimavam ao Giordano Bruno and company. O das maiorias e minorias é um assunto perigoso. Que umha maioria queira matar Galiza nom significa que isso seja bom ou justo ou que convenha a essa mesma maioria mesmo de um ponto de vista económico.
Umha maioria votou a Hitler e isso para Alemanha (nom só para Alemanha) foi um fiasco. Hipotecou por 40 anos o liderazgo europeu desse pais que pronto voltarom consquistar.
Sem ánimo de polemizar, nom pelejemos nós. Entre as que estamos tristes por esta desfeita. Umha aperta.
Mimadriña! pasan unhas excavadoras por riba dun xacemento e tápano todo con uns camións de cascallo, cousa que tampouco e tan rara e xa chegamos a Hitler, pasando por Giordano Bruno; “cosas veredes…”
Esto promete Sr. Gago!
É vergoñento o que pasa en Galicia co patrimonio histórico ( de calquera época ); non hai nin a mais mínima planificación para a sua conservación ou mantemento ( así están xacementos, igrexas, etc… ) e todo se fai a impulsos e se algo estorba tírase e xa está.
Se noutras latitudes tiveran este riquísimo patrimonio darían cun canto nos dentes.
Por último agradecría que me enviase o PDF e aproveito para felicitalo polo seu blog e a sua grande laboura divulgadora levada a cabo nil.
Estou impactado. Lembro ter lido na prensa a existencia dun castro na zona das obras, pero nunca máis volvín saber nada dese achado nin moito menos da súa relevancia.
Agradeceríache moito que me mandases o pdf, Manuel, porque non vivo tan lonxe do lugar do crime e coñezo xente que seguramente ha estar moi interesada.
Ah, esquecíame de comentar que é a segunda vez na historia que as obras portuarias para fornecemento de petróleo á refinaría da Coruña son as causantes da destrución de patrimonio histórico. Aínda que a súa relevancia seguramente non sexa a mesma ca a do castro Cociñadoiro, non hai que perder de vista que nos anos 60 a construción do primeiro e actual porto petroleiro da Coruña, dentro da ría, supuxo a destrución do castelo de San Diego, que formaba parte do sistema defensivo da cidade, xunto cos castelos de Santo Antón e de Santa Cruz.
Xa é triste…
Estoy anonadada… no tengo palabras.
Isto é indignante. ¿Como pode ocorrer que destrúan un castro tan singular? Isto só pasa en Galicia.
¿Poderíasme mandar o famoso PDF co artigo a artu_89@yahoo.es?
Graciñas.
Qué curioso, construcciones alargadas, quizás naves industriales. Lo circular se relaciona siempre con lo doméstico mientras que lo alargado y longitudinal como las actuales naves industriales se relaciona con alguna actividad de tipo industrial, el pasillo es fundamental en cualquier organización del trabajo. La historia está condenada a repetirse. Ya existían naves industriales en el futuro puerto exterior de A Coruña.
Fijáos si los fenicios debieron campar a sus anchas por estos mares en épocas tempranas , que en el 600 a.C, Hannón fundó Ciudad del Cabo, en Sudáfrica.
Balares, efectivamente parece que existía unha especialización funcional desas edificacións, en función das diferentes fases de elaboración da metalurxia.
De todos os xeitos, como indico ao final do post, eu creo que a clave é evitar que estas historias volvan acontecer no futuro.
Creo que a Lei de Patrimonio de Galicia está caduca e debe ser reformada en moitos aspectos; un deles, para min moi determinante, é construír xuridicamente o libre acceso á información das escavacións arqueolóxicas para que isto non volva suceder, e tamén determinar as consecuencias que ten incumprir este norma de libre acceso. A nova Lei de Patrimonio debería comprometer á Administración e á disciplina arqueolóxica en Galicia cos cidadáns, e contribuír a que os cidadáns se sintan comprometidos co seu patrimonio.
A lección é que as medidas de control unicamente de despacho non sirven. Que legalmente se poden cometer serias agresións contra a nosa Historia e contra o noso patrimonio, porque hai moitos intereses, moito diñeiro detrás das grandes obras públicas (e das pequenas privadas). Que os cidadáns precisan ser tratados como cidadáns, non como un escenario mudo. E que cantos máis ollos poidamos supervisar sobre o noso patrimonio, máis desgrazas evitaremos.
Quen contamina, paga. Quen borra a nosa memoria, cobra… Falamos moito pero facemos pouco máis. Estamos vivos? Somos un pobo con pasado ou seguiremos a dicir que chove por nos cando nos mexan por riba? Por unha vez, por unha laica vez, quén/s se anima/n e lle pon/ñen o axóuxere ó gato (DENUNCIA asinada na Fiscalía do Patrimonio)??? É tan difícil ó trámite???
PD: E publicación (libro e on-line) da memoria de escavación XA! (autopsia dun castricídio).
Non dou creto o que lín hoxe aquí. Por favor, podes mandarme o pdf?
Gracias
“Anoder guan”, a próxima será na Atalaia de Cervo, resulta que temos alí polo que parece, unha sauna castrexa en perfecto estado, que conserva incluso a falsa bóveda, única en Galiza nese estado, que se sabe dela dende o setenta e pico, e que a vamos deixar desaparecer como fixeron co castro (a febre constructiva do “Mariña D´Or que Guay!!”) que está ó lado (igual estou falando de mais e xa hai prevista unha actuación). Deixo un enlace do youtube de Mariña Patrimonio ca denuncia:
http://www.youtube.com/watch?v=GlNKCyw-OTQ
Eu tamén quero o pdf Manolo (se chego a tempo!).
O do porto exterior, tendo o de Ferrol ó lado, outro localismo mais. A xustificación da refinería, habe-lo que dura cando se dean conta que o crecemento da Coruña de cara a Arteixo fará meter a bomba no medio das vivendas (que xa está, por certo), e que hai que trasladar a petroquímica de sitio, e logo, o porto exterior ¿tamén se trasladará?, ummm!!! creo que ese pesa de mais para levalo de sitio, bueno igual pedra a pedra (mais vale maña que forza).
Parecido o de ter tres miniaeroportos en Galicia, para cando o de Lugo e o de Ourense!
Por certo, xa subiron á páxina do Patrimonio Cultural Galego a memoria das actuacións arqueolóxicas do 2.008 (mais vale tarde…). Deixo eiquí o enlace para quen non saiba delas:
http://www.patrimonio.org/servizos/publicacions.php?id_lista=1&lg=gal
Hola Manuel. ¡Vaia treboada de respostas! A verdade é que eu tampouco sabía nada deste castricidio, aínda que recordo ter lido algo na prensa escrita. A túa denuncia acaba de traerme á memoria o noso Castro de Punta Ostreira, na nosa Pobra do Caramiñal. ¡Ata tiña un concheiro! Outra desfeita que aí quedou, impune -que eu saiba-. ¿En que quedou aquelo, sabes algo? Por certo, a min tamén poderías enviarme o PDF. Un saúdo, Gago.
Sem movilizaçom cívica na rua nom há nada que fazer. Denúncia nos tribunais mas também na rua. As leis som papel molhado em este tipo de causas justas. Os interesses dos poderosos prevalecem sempre sobre o ordenamento jurídico que ampara certos direitos em caso de conflito. Acredito no “estruturalismo dialéctico” como comprenssom da sociedade. Quem comprende a desfeita tem que percurar poder efeitivo. Senom estamos a lhe dar voltas a roda como parvos. Desde o Rexurdimento. Poder autôctone e auto-consciente. Auto-identificado.
Non me podo crer que o señor Bello Díéguez, do Museo Arqueolóxico da Coruña non soubera nada de que se estaba a excavar na Punta Langosteira,na porta da súa casa, e menos que non desconfiara dun asentamento de carácter “fenicio”. A ubicación do lugar e típica do urbanismo fenicio, e moi similar a la Campa Torres. En fin. Hai outros xacementos importantes en Galicia que permanecen en segredo. Con todos os meus respetos ós meus amigos coruñeses pero cheirame a típica mafia coruñesista á que nos teñen acostumados. Esto é unha tomadura de pelo. O secretismo acaba sempre en manipulación das masas. Libre acceso á información.
Este lamentable caso recórdame a outro post que Manolo publicou non hai moito: o dos restos do poboado atopado en Roxos, preto de Santiago, con motivo da construcción dunha urbanización, na que se levou a cabo unha excavación de urxencia. Hai pouco pasei por alí e xa se desfixera parte do excavado. A estas alturas xa nada debe quedar.
Que se atopou alí? Que resultados se obtiveron daquela excavación? Nalgún lugar están publicados os informes? Onde podemos acudir os que estamos interesados en informarnos sobre iso?
Sen entrar no debate de que debe primar -se o interese xeral (ou particular…) ou a conservación do patrimonio- que se faría eterno, concordo coa opinión de Manolo de facilitar o libre acceso a todos os datos obtidos das excavacións arqueolóxicas. Diría máis: o ideal sería a obriga de facer público de inmediato o descubrimento de calquera achádego arqueolóxico como o que nos ocupa. Cantas desfeitas deste tipo non se farían sen que ninguén se enterase? Actuar a touro pasado poderá servir para esixir responsabilidades, pero o mal queda feito. Ademais, creo recordar que en dereito administrativo a acción en materia de patrimonio histórico é pública, polo que calquera -sexa ou non interesado no asunto- pode denunciar e intervir en vía contencioso administrativa por feitos que atenten contra el, o cal non ten moito sentido se se oculta a información para o común dos mortais e non se pode atallar o problema a tempo.
Por curiosidade, estiven botando unha ollada no Google Earth á zona de Arteixo, e aquilo parece o paradigma da destrucción e da deshumanización da paisaxe en Galicia. Dende o aire semella un campo de batalla entre núcleos de poboación e fábricas, canteiras, portos exteriores, naves industriais, refinerías, estradas… Todo isto traería moitos cartos e emprego para a zona, pero hai outras cousas que non teñen precio…
Ata parece que o do castro é o menor dos problemas.
Daquela inda falaron algo, pero… ¿e estes días?
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/10/23/4186251.shtml
Para o intoxicador que anda a falar por aqui em que tudo o inventaram os fenícios: Cidade do Cabo, só?
Sim home, sim. E Pekin, Sidney e Ulan Bator, mesmo que digam que forom os chineses, os ingleses e os mongóis … EM VERDADE FOROM OS FENÍCIOS, HO!!!
Jhuas!
Félix, pois téñote que dicir que felizmente, a desfeita do castro de Punta Ostreira non ficou impune. Foi a primeira sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obriga ao propietario a “repoñer” o destruído. Ben, iso era un tanto surrealista, pero o espazo ficou inmobilizado e pagouse unha escavación que, para variar, continúa sen ser publicada.
E sería moi interesante que fora publicada, porque no castro de Punta Ostreira atopouse un acubillo con armas: falcatas, puñais, etc. Xa sabe, esta sociedade castrexa que non era guerreira e que vivía dentro de recintos amurallados por “cuestións simbólicas”.
Aquí conto ese achado:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/02/24/o-acubillo-dun-guerreiro-no-castro-de-punta-ostreira/
O director do Museo do Castelo de San Antón, o sr. José María Bello, falaba nunha entrevista no 2005 de que xa visitara o castro e falaba de informacións como as que lemos aqui. Semella que ese señor e outros non fixeron moito por divulgar o que daquela se descubriu.
“”¿Qué relación pudo haber tenido Elviña con los castros de punta Langosteira?
– En principio, ninguna. Por los datos que hay hasta ahora, el poblado de Langosteira es muy antiguo, y debió haber sido abandonado tres o cuatro siglos antes de la creación de Elviña, en el cambio de era. He visitado Langosteira, y allí están apareciendo estructuras impresionantes, que no responden a nada de lo conocido en urbanización castreña. “”
http://quotidianum.blogalia.com/historias/31357
Parece que xa se descubrira antes do 2005, cinco anos antes:
“A pesar de haber sido localizado y dibujado hace ya más de cinco años (…)” dicía La Voz no 2005.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/10/23/4186254.shtml
¿Quen o localizaría e debuxaría no 2000? ¿Por qué no 2000 non se foi mais aló?
Hoxe falaba cunha amiga e tras a conversa, penso que o mellor é tomar o asunto en positivo. Alomenos é o único castro do Concello de Arteixo excavado completamente, coa información que pode fornecer e o estímulo que pode supor para a realización de intervencións noutros xacementos próximos.
sí sí pero o señor Bello Diéguez era coñecedor da súa importancia e calou a boca. Non vaia ser que A coruña quedara sen porto exterior por culpa dunha “merda” de castro. Sinceramente chéirame a manipulación da información.
En la web del PUerto mencionan el trabajo realizado en el Castro Cociñadoiro y hay una mini-foto de la zona:
http://www.puertodelatlantico.com/proyecto_estado_obras.php?idtco=98&id=6&menu=4
Ola Manuel, como xa puideche observar chámome Xurxo Couto e estou interesado, MOI INTERESADO, en que se podes me pases ese estudo en PDF sobre “La Paleometalurgia del Poblado de Punta de Muros (Arteixo, A Coruña)” posto que pertenzo a unha asociación cultural de Arteixo chamada Monte da Estrela.
Coma ti, tamén pensamos ( a maioría de nós) que falta moita transparencia en como se fixeron estes traballos e sobre todo en que os resultados non se den a coñecer.
Tamén quero , para un futuro, non moi lonxano, poder contactar contigo para persoalmente tratar este tema.
Grazas, por todo. XURXO COUTO. ASOCIACIÓN cULTURAL MONTE DA ESTRELA.
Bueno Castro, home, lee ben o comentario de “balares y barizo”, que tampouco me semella “intoxicador”
As comunicacións atlánticas evidéncianse polo menos dende época megalítica e obviamente non son fenicias nesa época. As navegacións como tal temos un precioso petroglifo en Oia (Pontevedra)da Idade do Bronce (petroglifos de cérvidos) que deixo unha foto aquí:
http://farm1.static.flickr.com/114/305925936_cb16211965_o.jpg
e efectivamente a finais do bronce, (despois de milenios navegándose polo atlántico) empezan a aparecer os primeiros fenicios, arrastrados posibelmente pola cobiza do estaño. Documentouse a súa presencia no porto de Bares (Federico Maciñeira)e opino persoalmente que en parte deberon ter algo que ver coa incomunicación de principios da idade do ferro que leva á cultura material galega a evolucionar autónomamente da do sul das illas británicas ou do fisterre bretón, de forma que as cabanas de pallabarro e ramas trenzadas nas paredes, cubertas de arxila ou outras pastas, que antes eran comuns na fachada cantábrica, sul das illas británicas etc escomezanse a facer en Galiza de pedra (en Asturias e Cantabria seguirán sendo todavía de pallabarro unha boa tempada) e despois viñeron unhos sesudos historiadores e ó ver as casas de castros (arquitectura de cabanas na que cambiaron as paredes de pallabarro por pedra, sinxelamente, pero sen outras variacións na súa concepción)empezaron a dicir que se sería unha civilización castreja, única e exclusiva no mundo, etc etc, e que polo tanto non podía ter nada que ver co resto do atlántico etc etc (bueno, xa sabedes a historia).
En fin, que as similitudes das tipoloxías arqueolóxicas empezan a desaparecer cando empeza o monopolio púnico nas costas da península, probablemente por teren desprazado as navegacións autóctonas dalgunha maneira, espero que esto responda un pouco ó comentario de Castro antes de porse a facer xuizos de valor antes de tempo, que mais ou menos navegamos todos no mesmo barco :D
Estou totalmente de acordo con M. Gago en que a xente de Arteixo, sen estar informada do que se atopou non reaccionou como o faría de sabelo todo, polo tanto o segredismo foi un factor fundamental. O que pasa agora é que cambian os tempos, e as cousas que antes podían levarse en segredo hoxe circulan pola web coma a pólvora, e senón que cho diga o constructor que levantou un edificio no castro de San Cibrao: todo o que quixo facer en segredo foi publicado en diferentes webs e denunciado ata que lle fixeron parar a obra, Mariña Patrimonio e todolos seus colaboradores espallaron as noticias sobor das novas dese castro case en tempo real. Estanse acabando os tempos da lei do silencio e moitos individuos que se creían invulnerabeis empezan a dormir mal polas noites e a dar moitas voltas na cama.
En canto á participación de Mónica teño algunhas discrepancias co que di:
-Sen ánimo de poñerme a discutir sobre aspectos legais do tema, que iso corresponde a xuices e avogados mais non a tertulianos, o que si me sorprende é a facilidade coa que se fan desfeitas clamando que se fai en nome do progreso. A moitos constructores que desfixeron a meirande parte do litoral e incluso parques naturais e zonas protexidas se lles oe a mesma cantinela. Estamos nunhos tempos nos que a xente empeza a ser consciente de que O QUE ESTÁ ACABANDO CON TODO é esa forma tan peculiar de entender o progreso que contamina rías, mares, destrúe litorais, desaloxa poboacións enteiras e, en fin, se enriquece coas inversións exteriorizando os costes cada vez mais insoportables na sociedade e no estado.
A min algunhas cousas que se queren entender como progreso seméllame que se deberían entender como barbarie. Se se fixera unha cousa así nun centro metalúrxico homólogo que houbese nas costas do sur de irlanda estaría a noticia circulando pola prensa internacional, e o encabezado da noticia sería “BARBARIE”
http://sphotos.ak.fbcdn.net/hphotos-ak-snc4/hs1157.snc4/149913_147968051916331_100001094126093_275371_2705689_n.jpg
Imaxe do mapa de Barry Cunliffe amosando a Coruña como nexo de tódalas rutas de navegación atlánticas na idade do bronce
Olá,
Se me puderes enviar o .pdf agradeço: manuelronu@gmail.com
Obrigado,
Manuel,
a contestación do arqueólogo no lavoz de hoxe
«Por allí pasó todo el que quiso pasar y se le explicó lo que se realizaba»
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/11/06/0003_8831762.htm
esquenceume. Eu tamén che agradecería que me remitises o pdf.
Grazas
Carlos
NOn tiña nin idea…pareceme lamentable….que non se volva a repetir…. Qué podemos facer…??? Envíame o PDF, por favor… Gracias por todo…Apertas…..
Isto non poder quedar impune. Os ultraxadores viven, teñen nome e apelidos.
yo creo que el señor Castro está un poco esporeado, habitantes autóctonos viajarían por el Atlántico, pero los fenicios y los púnicos también lo hicieron. A ver si ahora el oceáno tenía dueños.
Respecto a si los fenicios fundaron Sidney, hombre yo no quiero pecar de atrevido y provocador, pero si te documentaras un poco descubrirías que la isla de Australia ya era conocida en la Antigüedad como la isla de Trapobana.
Los fenicios inventaron el alfabeto, con lo que puedes escribir en este blog, te parece poco. Y muchas cosas más. Deberías agradecerle muchas cosas a los fenicios.
Por absoluta casualidade, descubro que a escavación do castro Cociñadoiro xa estaba reflectida na literatura galega. Reproduzo e cito:
XURXO BORRAZÁS (2008): Costa Norte/ZFK. Editorial Galaxia (páxinas 336-337).
Antón, conmovido me deixas. E téñoche que dicir que lin isto hoxe nunha cea de amigos que coñecen ben a historia e todos quedáronse en silencio co parágrafo de Xurxo Borrazás.
É abraiante como todo isto nos chega tan adentro.
Acabo de quedar de piedra con esta noticia… No cabe lugar a tamaña ocultación de los hechos. La ciudadanía, la depositaria del Patrimonio y a instancias de la cual se legisla por la protección del Patrimonio, debe ser partícipe de estas actuaciones…
En fin, gracias por contarnos esta historia, y a ver si al menos pronto sabemos más detalles de los resultados de esta intervención…
Manuel,serías tan amable de enviarme unha copia da Pdf do texto?
Grazas de antemán e NORABOA por darlle un pouquiño máis de luz a feitos coma estes.
Que pena!! Desinformada, sin castro y sin informacion de que habia alli un grupo casas antikisimas y prehistoricas. mUy de acuerdo con lo del cambio de la Ley(si es que vale de algo…) pero si que se pueda difundir el texto proque si tenemos derecho a opinar y decidir…
una democracia mas real!!!
INDIGNADA