A crise económica, despois da gran eclosión da cociña, está a facer reflexionar a moitos cociñeiros con respecto do seu territorio e como se comprometen con el. Máis alá das apostas dos principais foros internacionais, os cociñeiros galegos reivindican a estacionalidade do mar e o campo como o xeito de vincularse ao seu territorio e conter os excesos da globalización.
