Capítulo 0 Entradas

É difícil non ficar sobrecollido cando visitas o oppidum de San Cibrán de Las. Pero se es un apaixonado dos castros, tamén levas contigo boa estrañeza: a cidade de Lansbrica ten unha apariencia urbana que estraña aos que temos visitados moitos castros escavados polo país adiante. E non só son esas rúas rectas, senón o amplo espazo con plataforma que separa a muralla da croa dos barrios inferiores, ou a extraordinaria coherencia do sistema defensivo. Sempre me imaxinei, por exemplo, que a cidade fora medrando un pouco desde arriba ata abaixo, seguindo o esquema de moitos castros. O castro nacería na croa superior aló na Primeira Idade do Ferro (sobre o 600 a.C.) e iría estendéndose todo ao redor conforme avanzaba o tempo. A ausencia de casas no interior desa croa superior explicaríase porque nesa primeira fase de ocupación as casas eran de colmo e pallabarro. Posteriormente, como ten pasado noutros castros coma o de Chan de Brito, as áreas da Primeira Idade do Ferro fican abandonadas de habitacións, pero empregadas para outros usos, de almacenaxe, ou rituais. Iso é o que pensaba de San Cibrán de Lás.

Pero estaba trabucado.

Un traballo para Skoda de weareflink.