Publiquei orixinalmente esta reportaxe en culturagalega.gal o 11 de novembro de 2015
Mercé a un protocolo entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, o primeiro dos organismos está a cometer un proxecto para crear recursos turístico-culturais a través de dezoito xacementos de época galaicorromana na provincia. O Trega, unha das principais atraccións turísticas de Galicia, levaba desde 1988 sen ser escavado. O barrio que a xente adoita visitar hoxendía é o coñecido como Barrio Calvo. Os arqueólogos orientáronse cara outra terraza próxima pero que dominaba estratexicamente o esteiro do Miño: o barrio Mergelina.
