Foi para min un auténtico pracer participar no Lgx15, o conxunto de charlas organizado pola Cotenol (Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística) nos que a través de pequenas intervencións se busca compartir a experiencia persoal coa lingua galega.
Desta volta centreime nunha paradoxa: como a lingua galega preserva o coñecemento de xeracións de devanceiros e como todo iso conforma, de algún xeito, un poderoso sistema operativo, un incrible software co que poder xestionar o territorio de Galicia.

Comments are closed.