Os Pasos da Fraga: cando as ánimas cruzan o río


Fotos: Sole

Os Pasos da Fraga, en Ponte Caldelas, son un lugar marabilloso. Descubrímolo hai pouco, e quixemos ver este lugar no que o río Verdugo amaina, anchea como unha rapaza deitada ao vento do verán, e alí están os pasos da fraga, que atravesan dous ríos, para cruzar este mundo.

E, en cada unha das ribeiras do río, hai un antigo peto de ánimas, para pregar polas almiñas da parroquia. É ben interesante esta proximidade entre os petos de ánimas e os pasais. Non podo deixar de relacionalo coas vellas tradicións do paso do río como paso entre a vida e a morte, como un lugar que comunica non só os lugares dos vivos, senón o mundo dos vivos co mundo dos mortos. E, se hoxe en día, camiñar por este río é para nós coma o paraíso, ben sabemos como nas antigas tradicións de Caronte, a lagoa Estixia era un lugar terrible.

Eu tamén deixei un croio en homenaxe as almiñas que pasan polo río polas noites.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *