O exército de fume: presentación en Compostela o xoves 5 de xullo

Pois xa temos data para a presentación compostelana de O exército de fume. Toma nota:

Lugar: Librería Cronopios (aquí tes a localización)
Data: Xoves 5 de xullo de 2018
Hora: 20 horas

Falamos:
-Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da USC.
-Manuel Bragado (Xerais).
-Manuel Gago. Enredante en xeral.

Pero como ben sabedes, nós concibimos as presentacións de libros como un espazo para cruzar pensamentos, artes e culturas. Desta volta, queremos achegarnos á guerra civil e á resistencia posterior desde a tradición oral, desde as narrativas orais polas que circulou todo ese mundo de secretos, de infamias, aventuras e desgrazas. Así que contaremos con tres narradoras de excepción: María da Pondragha, Soledad Felloza e Celso Fernández Sanmartín. Será unha sesión forzosamente breve, pero se cadra sexa das primeiras veces que se prantexa unha sesión de narración oral monográfica sobre a guerra civil, a guerrilla e a resistencia. Eu mesmo teño moitísimas gañas de escoitala!

E aínda hai máis, señoras! Durante a presentación poderedes catar o viño Mara Moura, o viño do proxecto de recuperación do Muro da Cidade de Medeiros, en Monterrei, que realizamos coa adega Mara (Martín Códax). Se coñecedes o godello Mara, aquí ides ver unha elaboración moi especial, inspirada na lenda do Muro da Cidade. O que queremos é amosar como o noso inmenso patrimonio cultural e a nosa memoria poden encaixar no mundo actual, ao igual que o relato que contamos no Exército de Fume.

Estaría encantado de que nos acompañaras esta tarde do xoves 5 de xullo ás 20 horas. Xullo é un mes complicado para as presentacións de libros, así que te agradezo toda a axuda posible para a difusión! :-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *