Estes días celébrase en Santiago o Spin2016, un gran evento de emprendemento universitario. O venres ás 15 horas terei a honra de compartir un diálogo co músico Carlos Núñez, no que falaremos sobre a cultura celta como oportunidade de emprendimento no ámbito internacional. Basicamente, pola miña banda, será desenvolver a idea de aproveitar a identidade cultural como unha base para o desenvolvemento de todo tipo de ideas e aproveitar as conexións que a nosa identidade ten con outras para facilitar a expansión desas ideas (non só empresariais, movementos culturais, ideolóxicos, sociais) a partir doutros países que teñen conextos culturais similares. O que xa expusen, nese sentido, no meu capítulo do libro Historia das Historias de Galicia. Con Carlos Núñez comparto moitas ideas neste sentido e el é a demostración práctica e viva de que isto é posible e de que a identidade celta é un camiño magnífico para facer visible a Galicia no mundo. Será un serán moi especial, divertido e con algunha sorpresa.

Be First to Comment