Pois este xoves ás oito da tarde terei a honra de participar nos Encontros de xoves de Lúa Chea, organizados por Proxéctate en Galego e que se celebran na cafetería da Escola Politécnica superior de Lugo. Trátase dunha iniciativa moi interesante, na que arredor de petiscos e bebidas (estamos nun bar) se debate de maneira informal sobre un tema. Desta volta, falaremos sobre patrimonio cultural e situaremos o tema Antonio Rodríguez Colmenero, catedrático ad honorem da USC e un dos arqueólogos con máis solera do país e máis eu. Se andades por Lugo, é un excelente plan para este xoves. ;-)

Be First to Comment