Pois é para min unha honra participar do suplemento cultural Táboa Redonda, que editan El Progreso e Diario de Pontevedra todos os domingos. Cada quince días, publicarei nestes medios a miña columna SeiSentidos: unha achega sensorial á cultura á que lle engadimos un sentimento ou emoción.
O primeiro artigo de SeiSentidos chámase “Ir de compras” e esta é a súa presentación:
HOXE COMEZA estes SeiSentidos. Cinco minicrónicas sensoriais máis un sentimento para disfrutar da cultura ou de calquera dos seus sucedáneos, en estado puro ou corrupto. Aquí pegámoslle a todo, na crenza de que a cultura comeza e remata onde o fai o xogo da mariola: cun arbitrario trazo de xis sobre calquera punto dun duro pavimento.

Sé o primeiro en comentar