Guerras invisibles ao descuberto: entre a antiga conquista do noroeste e os conflitos actuais

Na última edición do TEDxGalicia tiven a oportunidade de presentar a José Manuel Costa, un dos grandes valores da arqueoloxía galega actual e un dos homes que máis coñece os pasos do exército romano na Península Ibérica. José Manuel Costa presentou de maneira vibrante os avances realizados polo grupo de investigadores e divulgadores que constituímos romanarmy.eu no coñecemento das accións bélicas e as incursións romanas que levaron ao dominio do noroeste peninsular. Pero Costa vai máis alá: conecta as guerras que hai dous mil anos sufriron os homes e mulleres deste recanto da Península Ibérica coas guerras que vivimos. Esa é a arqueoloxía na que creo/cremos: aquela que é quen de dialogar cos homes do pasado e os do presente, entendendo o pasado non como un obxecto de estudo metido nunha probeta senón un espazo que nos ten que dicir moito ao presente. Anímovos a dedicarlle vinte minutos a esta estupenda conferencia.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *