O xornalista Xurxo Salgado presentou hoxe Historiadegalicia.gal, un micromedio destinado ao tratamento da Historia, tanto desde o seu punto de vista de investigación como social ou patrimonial. Arrinca forte, cunha entrevista ao Conselleiro de Cultura e numerosos contidos ao redor da Historia. O novo medio promete converterse nun espazo de referencia para a difusión da Historia en todos os seus ámbitos, así que convén seguilo. Desde Capítulo Cero desexámoslle moita sorte!

Be First to Comment