Pois xa temos novo calendario de presentacións de O anxo negro. Será un pracer percorrer un pouco o país para contar esta historia de historias que aínda está na memoria de moita xente, antes de que esa memoria se desfaga pola chuvia e polo tempo. Nas presentacións darei algunhas claves e contarei algunhas das historias que están por detrás das palabras do libro.
RIBEIRA:
O venres 17 de xuño ás 20.30 horas no Clube Náutico. Organiza a dinámica asociación cultural Barbantia.
LALÍN:
O mércores 29 de xuño, na Libraría Vagalume de Lalín, ás 20 horas.
A CORUÑA:
O xoves 30 de xuño, na Libraría Sisargas, ás 20 horas.

Be First to Comment