Vive un episodio da novela na primeira presentación de O Anxo Negro

Anota na túa axenda a primeira presentación de O Anxo Negro. Vai ser na Igrexa da Compañía (praza de Mazarelos, Santiago) o xoves 26 de maio ás 20 horas.

Imos facer unha presentación algo especial: imos recrear contigo un episodio concreto da novela, na que ti serás por uns minutos un dos protagonistas, vivindo un momento clave para a historia que se conta en O anxo negro: a de saber que non hai feitos illados no roubo da Santa Mariña de Cereiro.

Tentaremos que a presentación sexa unha festa da literatura: haberá teatro, audiovisual, literatura e, por suposto, viño ao final, desta volta xentileza de Viña Costeira (poderemos catar o seu novo tinto de Valdeorras), ademáis de petiscos elaborados pola sonada e centenaria Casa Gago. . A adega ademáis fará un sorteo ao redor da novela.

Será un auténtico pracer que te achegues a acompañarnos este serán. Verás que paga a pena. ;-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *