Xa falta moi pouco para poder presentarche o proxecto que me tivo ensarillado durante moito tempo: a miña primeira novela. Chámase O Anxo Negro, edítaa Xerais e estará nas librarías a mediados de maio.
De que vai? Ai, amigo, esa é a clave!
Non desvelaremos a sinopse e as tramas do libro ata pouco antes da súa chegada ás librarías, pero iso non implica que non poidas comezar a participar da novela e da súa narrativa. Xa está dispoñible o web do libro e nel, polo momento, unha única opción. Un boletín de correo no que recibirás, en primicia, cada un dos novos avances de O Anxo Negro, que irán desvelando e abrindo posibilidades e tramas. Despois poderás facer con el o que queiras, por suposto. Un día despois de que te chegue a ti, os avances tamén se farán públicos na rede. Pero ti serás o primeiro ou primeira que os recibas. Ademáis, tamén recibirás máis material que só terá sentido cando accedas e leas á novela, que a complementará e a ampliará.
Podes estar tranquila/o, que non rebentarei a túa caixa de correo. Todo moi mesurado pero, sobre todo, moi divertido. Xa sabes, se te animas, dáte de alta no web. Só tes que deixar o teu correo e confirmar no teu buzón que está correcto. E, a partir de aí, agardar…

Be First to Comment