O sábado, o día máis fermoso no que vai de ano, estiven experimentando cun drone tremendamente avanzado, o DJI Phantom 3 Professional. Un dos escenarios foi o Pico Sacro. É impresionante a potencia e a versatilidade destas máquinas e como nos aproximan a un futuro revolucionario. Fixádevos na incrible estabilidade e suavidade da imaxe.
O que vedes aquí é o resultado da miña configuración persoal de voo e da programación autónoma do drone, que cada vez é capaz de executar comportamentos e ordes máis complexas de maneira máis efectiva. O que ves é unha filmación en 4k, é dicir, moi superior ao FullHD normal. Acontece que o 4k, aínda que software como o Final Cut Pro pode traballar con el facilmente, está aínda moi por riba das pantallas e mesmo do hardware do 90% dos usuarios. Así que entre estes drones que xa son sofisticados robots aéreos que, conceptualmente, están moi por riba do que podemos asimilar. Non é difícil ver o futuro, en non menos de cinco anos. Aquí vai a miña predición:
Pequenos robots aéreos lixeiros e sólidos, con autonomías dunha hora ou dúas, que van cumprindo ordes que lles solicitas voando por riba de ti sen que ti practicamente te deas conta. Fotografías, vídeos, panorámicas, información metereolóxica local, xeneración automática de modelos 3D, medición da túa marcha, avance por diante de ti para anticipar obstáculos, localización de individuos ou seres a través de mapas térmicos ou mesmo documentar un accidente e procurar cobertura para transmitilo.
Disfruta do vídeo:

Be First to Comment