Hai uns meses tiven o pracer de facer unha videoentrevista cos alumnos de galego do Instituto Cañada Blanch de Londres. Se unha das cousas que máis ilusión me fai é sempre falar con rapaces, se estes ademáis son galegos da diáspora que seguen querendo conectarse co noso país e a nosa cultura, aínda máis. Falamos de Vento e Chuvia, libro que eles estudaron a fondo para facer as súas preguntas, e obrigáronme a pensar. Grazas a eles e á súa superprofe, Begoña González, a quen aproveito para dicirlle que fai un traballo estupendo que sigo a fondo desde aquí.

Be First to Comment