O mel, ouro no Camiño: unha cata/charla na Horta do Obradoiro

Pois esta tarde exploraremos moitas dimensións do mel galego no restaurante Horta do Obradoiro. Nunha actividade promovida polo Consello Regulador Mel de Galicia, buscaremos a través de diferentes accións entrar no profundo sentido cultural que ten o mel na sociedade tradicional galega e no Camiño de Santiago, especialmente na Península Ibérica, ao longo da Historia. O evento, de acceso libre, celebrarase o xoves 18 de febreiro ás 19.30 h. no restaurante A Horta do Obradoiro, un dos proxectos gastronómicos máis interesantes dos últimos tempos en Compostela.

O evento terá tres partes: eu darei unha pequena charla sobre a dimensión cultural da mel ao longo da Historia galega e nas sociedades tradicionais do norte da Península, polas que pasa o Camiño, seguido dunha cata comentada do mel a cargo de Beatriz ríos, técnica do Consello Regulador. Por último, os chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela van a ofrecer unha degustación de catro pratos, como compoñendo un menú, a base de mel. Dous deles proceden da creatividade directa do restaurante e do seu oficio, e outros dous son tamén moi especiais: foron reconstruídos e adaptados ao gusto moderno a partir da investigación que fixemos en vellos receitarios do século XV e XVI, algún deles inédito. Despois de centos de anos, esas receitas volverán vivir de novo. Así que vai ser un serán único. Estades convidados!

4 Comments

  1. Fernando
    25 / Febreiro/ 2016

    A foto non è a mellor para falar dunha mel de calidade!!!

  2. 25 / Febreiro/ 2016

    Claro, porque a foto fala do Camiño de Santiago. (????)

  3. Fernando
    25 / Febreiro/ 2016

    Xa me din conta, pero hai tramos do camiño que ilustran mellor…

  4. 25 / Febreiro/ 2016

    Ah, e tamén peor. Que lle imos facer. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *