Teño que dicir, aínda que soe a algo incomprensible, que descoñecía totalmente a existencia da Pulpería Fuchela no Carballiño. Grazas a Xosé Ramón Pousa, disfrutei alí dunha excelente comida con amigos tras visitar a querida Lansbrica, e aínda recunquei de novo antes de escribir este post.

A Fuchela era unha pulpería tradicional do Carballiño construída modernamente a partir da memoria da Fuchela, unha coñecida pulpeira ambulante. Do vello estilo conserva a rapidez no servizo, os prezos populares, platos abundantes, a capacidade de recibir toneladas de clientes sen inmutarse e a regularidade na calidade das elaboracións e do produto. E dun restaurante novo ofrece unha excelente decoración que honra á Xeración Nós (si, como o conto, hai que velo para crelo), un local amplo e ben coidado, un servizo impecable no tratamento ao cliente e unha modesta pero acertada selección de viños. Isto sería o que Ferrán Adriá chama un ‘fast good’, un sitio estupendo para disfrutar de cociña confortable, tradicional galega, pero cunha boa decoración e sempre fiable.

Que se pode comer. Obviamente, polbo, que nós probamos á grella, a súa carne ao caldeiro e outros pratiños ben agradecidos, como estas excelentes fazulas ao viño tinto. Pero hai moito da carta por explorar. Moi recomendable se estás dando un paseo por esta zona do norte e noroeste de Ourense, O Ribeiro, Cea, etc.

Nós fomos há 4 meses, mas totalmente sem contar; vamos, um pouco ‘acidental’. Realmente íamos ir a outro sítio, uma churrascaria, mas como chegámos antes do previsto, quigemos fazer tempo passeando e terraceando. Fomos ali porque o local tinha boa pinta por fora (e bastante gente terraceando; algo teria).
Quando nos vinham com a tapa, começámos a ver sair para as mesas de fora rações de cefalópodo, e com boa pinta… Assim foi que sucumbimos ao tópico e acabámos comendo polvo no Carvalhinho!
https://instagram.com/p/8F3oMxzM6W/
A verdade é que o sitio está moi ben e ademáis, co moito que eu ando por esa zona, moitas veces comendo un pouco como cadra, é dos lugares que te sorprenden que non coñeceras antes.