O petróglifo de Conxo como nunca o vistes

Quería facerte este agasallo de primeiros de ano.

Estou aprendendo moito sobre fotogrametría. Creo que vai abrir unha nova vía para poder virtualizar o patrimonio e difundilo. Así que aproveitando que teño esta auténtica marabilla de estación de arte rupestre preto da casa, fun e realicei este obxecto 3D que agora poderedes disfrutar. Non é a primeira vez que se virtualiza o petróglifo do Castriño de Conxo, e de feito é moi recomendable para facer prácticas, xa que ten un acceso doado. O que alterei foi lixeiramente a percepción para “desvelar” aquelo que é moi díficil de apreciar sobre a laxe. Esta é a marabilla da fotogrametría: desvelar o aparentemente oculto e darnos a oportunidade de contemplar os paneis dos petróglifos coa súa superficie, rugosidade, orientación…que os calcos en papel non poden ofrecernos. Ollo: a fotogrametría non substitúe exactamente ao calco en papel, porque hai detalles que non consegue representar, ou non o fai axeitadamente. Pero é outra ferramenta complementaria tanto para investigadores como divulgadores. Como veredes, no caso do petróglifo de Conxo a fotogrametría é especialmente valiosa para observar unha boa parte das representacións que están na zona alta da rocha, que poden pasar inadvertidas cando se visita presencialmente o conxunto.

Para os que non o coñezades, este petróglifo é unha das grandes xoias descoñecidas que temos na cidade. Pasaron gobernos municipais de todas as cores políticas, houbo plans de todo tipo…pero o petróglifo segue a ser un gran descoñecido, a pesar do innegable valor que ten e o que sorprende -cónstame- cando levas visitantes aí. Esta é unha das poucas representacións de panoplias guerreiras da Idade do Bronce que temos no país. Todas elas están bastante separadas entre si. Aquí vas ver puñais, alabardas, espadas, os famosos “escutiformes” ou “estandartes” que son todo un enigma porque non temos nada similar no rexistro arqueolóxico…

Creei no Sketchfab unha minivisita guiada de cinco puntos cos principais elementos do conxunto. Polo emprazamento desta laxe, no borde da croa dun castro, observando unha paisaxe e un camiño natural vindo da costa, e pola disposición dos elementos, se cadra foi un lugar especialmente importante para as elites guerreiras de hai miles de anos, durante a Idade do Bronce. Hoxe vas poder velas dun xeito moi próximo a como se visualizaban hai miles de anos. Disfrútao.

7 Comments

  1. Henrique
    2 / Xaneiro/ 2016

    O toucado das figuras humanas (com tiras de coiro ou penas verticais) lembra consideravelmente as representações dos “philistin” que chegaram a oriente no tempo das invasões dos povos do mar. !!!

  2. leire
    3 / Xaneiro/ 2016

    O seguinte paso: facerte cunha impresora 3D e elaborar un museo propio.

  3. 3 / Xaneiro/ 2016

    Moito habería que imprimir! ;-)

  4. 4 / Xaneiro/ 2016

    compara los escutiformes con los carros de gerra representados en las estelas extremeñas,son muy parecidos,cambia la forma de representar las ruedas.

  5. 4 / Xaneiro/ 2016

    Coñezo a teoría. A verdade é que esas formas son todo un misterio: xa ves que sempre as definín entre “aspas”, que é o mesmo que non saber exactamente que son. Eu aposto máis por escudos ou estandartes. Desde o meu ignorante punto de vista, non considero que sexan carros por un motivo bastante simple: se a representación é cenital, entón as rodas do carro están mal postas, e esa é a principal diferencia, e moi grande, cos motivos estremeños, onde as rodas si están en paralelo. Decatémonos ademáis de que este non é un detalle que poidamos salvar cun “é que a representación é moi tosca”. De feito, é unha representación desa “cousa” moi detallada para estar feita sobre granito. Sabían moi ben o que estaban representando, querían facelo de xeito fidedigno, e nesa intención non encaixan dúas rodas inclinadas a unha para a outra. No caso de que foran rodas, claro. Ao mellor é outro accesorio dun carro. En todo caso, é unha opinión.

  6. 13 / Xaneiro/ 2016

    ¡Moi interesante! Podo preguntar que software utilizas? Eu fai tempo fixera a reconstrucción 3D con fotogrametría da Pedra do Home que temos aquí en Portomouro. Fixérao dende unha páxina web, á que subías as fotos e facíache o proceso todo. Os resultados eran bastante bos, pero despóis esa páxina desapareceu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *