Latitud 40: froita fresca na estepa toledana

Moito disfrutei estes días do Latitud 40, un monovarietal de graciano que elabora na estepa toledana Carmen López. Realmente, unha das delicias da modernización dos viños en todo o Estado nos últimos anos é o “atrevemento” de apostar por variedades que ata agora eran consideradas -inxustamente- só con dignidade para complementar viños feitos maioritariamente con uvas máis nobles. Este viño contén toda a diferenciación que se pode observar nos viños biodinámicos, diferenciados do gusto máis comercial, e sen embargo, é o típico viño que triunfaría nunha mesa diversa.

Hai que deixalo abrirse, así que eu recomendaría un decantador e deixalo quince ou vinte minutos de repouso aberto antes de iniciar o seu servizo. A partir de aí, apreciaranse os seus matices máis frutais e unha moi agradable -e incrible, para o sitio no que se cultiva- acidez que facilita o seu consumo cun gran espectro de alimentos. Só hai tres mil botellas. A min chegoume a partir do excelente Club Vignerons de Bodeboca.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *