A situación do illote de Guidoiro Areoso a debate no CCG

Este venres pola tarde o Consello da Cultura Galega acolle unha xornada sobre o illote de Guidoiro Areoso que inclúe unha sesión de diagnóstico e información sobre a riqueza arqueolóxica do illote e as dinámicas erosivas mariñas que están propiciando a destrución do seu importantísimo fondo arqueolóxico, así como a visión local sobre o illote e a súa consideración como ben patrimonial. A xornada é aberta e gratuíta e podedes inscribirvos aquí.

Se non sabes de que vai a cousa, aquí podes ver o documental que fixen eu, a nivel persoal, do illote:

Copipego o programa da web do CCG:

Esta xornada abre unha actividade organizada pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, denominada Encontros monográficos co Patrimonio Cultural, coa que queremos poñer en marcha uns encontros abertos á cidadanía que poñan o foco tanto na caracterización de bens patrimoniais como na formulación de tipos de protección deses bens, entre outros aspectos, e que partan de procesos relacionados co Patrimonio Cultural que se estean desenvolvendo en Galicia e que poidan ser de interese xeral polo seu alcance, resultados, singularidade, repercusión pública ou entidade patrimonial dos elementos sobre os que se focalicen. O obxectivo é darlles difusión e xerar debate sobre eles, propiciando unha actividade participativa, de carácter mensual, que discorra en converxencia coas percepcións da propia cidadanía.

Os Encontros inícianse cun monográfico sobre Guidoiro Areoso no que recoller a propia vivencia da cidadanía, os resultados das intervencións patrimoniais e a experiencia dos xestores. Guidoiro é un illote situado na Ría de Arousa no que existen numerosas pegadas da ocupación humana durante a prehistoria recente. Neste lugar véñense desenvolvendo nos últimos anos unha serie de actividades transversais que implican a comunidade científica, as administracións públicas e as asociacións cidadás da zona, que levan anos traballando pola súa conservación. Aínda que foi obxecto dunha intervención arqueolóxica na década de 1980, recentemente o illote volveu chamar a atención destes axentes pola importante erosión litoral que vén sufrindo e que pon en perigo a conservación deste patrimonio cultural e natural.

PROGRAMA

16:15 horas
Presentación

16:30 horas
Sesión de relatorios
Guidoiro Areoso, un territorio prehistórico baixo a area
Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez, arqueólogo
Vulnerabilidade e erosión dos xacementos de Guidoiro Areoso: a achega dos novos
métodos de fotogrametría
Elías López-Romero, Honorary Fellow, Durham University (UK), e investigador asociado do Incipit, CSIC
Cambios xeomorfolóxicos, ambientais e ocupación humana no Holoceno Medio e Final na costa atlántica do NO da Península Ibérica
Ramón Blanco-Chao, Departamento de Xeografía, Universidade de Santiago de Compostela
Guidoiro Dixital: da recuperación de información á reconstrución 3D dunha paisaxe en evolución
Patricia Mañana-Borrazás, investigadora colaboradora do Incipit, CSIC

18:00 horas
Pausa

18:15 horas
Mesa redonda. Perspectivas sobre Guidoiro Areoso dende a Illa de Arousa
Rosa María Viana Rodríguez, concelleira de Turismo, Cultura e Deportes da Illa de Arousa
Pablo Iglesias, Asociación Pandulleiros. Grupo de Amigos da Historia da Arousa

19:00 horas
Mesa redonda. Guidoiro Areoso. A illa, proceso patrimonial activo. Protección e conservación
María del Carmen Martínez Ínsua, directora xeral de Patrimonio Cultural
Iago Seara, coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega
Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga e membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega

19:45 horas
Debate

4 Comments

  1. marcos
    24 / Novembro/ 2015

    Unha proposta interesante:

    Teño entendido que no guidoiro areoso atopáronse ósos de fauna doméstica. ¿É posible que existan ósos de bos taurus? ¿Nese caso pódense extraer mostras de ADN? ¿Pódese saber se pertencen a bos taurus euroasiático ou a bos taurus africano? ¿ Pódese establecer relacións xenéticas coa raza cachena? ¿Pódese saber a orixe xenética da raza cachena, se é bos taurus euroasiático ou bos taurus africano?

  2. 24 / Novembro/ 2015

    Pois non cho sei. Hai moi pouco publicado sobre iso. Pero creo que si había bois, aínda que non te podo concretar máis.

  3. pablo
    27 / Novembro/ 2015

    Me hubiera encantado ir, a ver si lo suben en vídeo en algún sitio.
    Aprovecho para darle las gracias a MAGAGO que gracias a ese documental nos descubrió o Areoso y nos fuimos a visitarlo remando desde A Illa en un bote hinchable de juguete.
    MAGAGO, sabes cual es el megalito más grande del Barbanza y está totalmente olvidado? no es ni Axeitos,ni Cova da Moura en Noia, ni Casota do Paramo, ni Arca do Barbanza… deberías verlo y escribir sobre el eso si hay que llevar fouciño

  4. pablo
    27 / Novembro/ 2015

    Marcos, Yo apostaría que los huesos no son del neolítico.Creo que no hay dataciones aun, pero aquí no se conservan huesos , solo en terrenos calcáreos. Que estén aparentemente en el paleosuelo no quiere decir que sean de la época. Cuando fuí al Areoso ví los huesos y estaban en un estado de conservación demasiado bueno.A lo mejor alguien que tenga mas datos puede comentar mas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *